sábado, 1 de marzo de 2008

¡O QUE NOS ESPERA! As eólicas multiplicanse.



Los mayores empresarios gallegos se miden con las eléctricas en la eólica
Tojeiro, Campo, Barreras, Gómez-Franqueira y Jove pujarán en el concurso público


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/mayores/empresarios/gallegos/miden/electricas/eolica/elpepuespgal/20080301elpgal_1/Tes


Grandes fortunas gallegas tratan de repartirse el nuevo plan eólico
Las firmas confían en que el BNG les favorezca frente a las eléctricas foráneas
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Grandes/fortunas/gallegas/tratan/repartirse/nuevo/plan/eolico/elpepuespgal/20080301elpgal_9/Tes


Extrañas alianzas para poder aportar 2.500 millones


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Extranas/alianzas/poder/aportar/2500/millones/elpepuespgal/20080301elpgal_7/Tes





Xa está aí, despois do día 9 de marzo, o Plano Eólico da Xunta vai florecer e, coa primavera, inzar de muíños de vento os cumes e serras que aínda non foron tocados por isa endiañada semente que, seica, din "os nosos políticos", hai que espallar pola terra para encher de boa colleita de euros aos terratenentes que máis teñen. Por que, ao pobo dises froitos , nen os refugallos. Só o traballo máis duro e lesivo e a perda do que non ten prezo e algúns lle queren pór custe o que custe.
Houbo un tempo en que os nosos máis sobranceiros próceres fiaron o futuro do noso país na prantación masiva dunha árbore que nos ía quitar a fame a tódolos galegos. A pesares dos moitos acertos e da súa indiscutible loita por o noso país e a súa identidade, trabucáronse e inzarón Galicia de eucaliptos. Mataron as terras fértiles, afogarón as vellas carballeiras e soutos, deixaron enxoitas moitas ladeiras e veigas que foron, pouco a pouco, mudando a súa fasquía e emprobecendose con unha especie dominante que só fixo empiorar as cousas. Foi un erro grave que imos ter que pagar perante varias xeracións. Agora, coa teima de espallar todólos nosos cumes, os lugares máis senlleiros e fermosos, as penichairas e outeiros que son por sí sós un monumento vivo, con fungos xigantes, asasinos da paisaxe, imos repetir o erro, mais sin capacidade de remisión. No século XXI os erros e agresións á terra non teñen volta atrás. Non se para o reloxo para facer un acto de reflexión e mudar de plans. O capital, o poder e o egoísmo persoal gañan sempre, e o pobo fica, outra volta, espido, ferido e famento. Triste figuras para expresar o desacougo e a realidade ante un feito que, quixera trabucarme, se repite.
Só queda loitar. Pór enriba da mesa unha baralla sen marcar para xogar unha partida na que tódos saían gañando, e non nos toque sempre aos mesmos pagar os cafés- ás veces copa e puro- dos tahures profesionais do capital.
Por iso é polo que, señor conselleiro, sellor deputado e demáis familia política, saímos a rúa e volveremos a saír para berrar mentres nos queden folgos que

¡GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!

X.M.

venres, 29 de febreiro de 2008

Trocaríala por un aeroxerador de 125 metros?


Nesta poza, no alto da Gabiñeira, Eurovento quere pór catro aeroxeradores de 125 metros cada un. Para facelo necesita construir unha grande pista para facer a obra e outra, para evacuar a enerxía producida, en cables soterrados. Alguén pode decir sen ruborizarse que isto non vai afectar aos nosos cabalos, que levan miles de anos abeberando na poza da foto?. Unha facada no lombo da Gabiñeira será a causante da ferida que desangará a nosa serra e lle producirá unha morte lenta e doorosa, coma a que os seres vivos que hoxe nos miran dende a foto, non merecen nin nos gostaría que tiveran.
Dende SOS a Serra da Groba queremos convidar a tódalas persoas con algo de sensibilidade para que visiten este lugar e se imaxinen o futuro con ises xigantes de 125 metros. 500 metros máis a esquerda de esta poza, no alto das abrutias, hai unha antena suxeita por cables que se mira dende a estrada, mesmo o chegar ao cume cando subimos dende Baiona. Achegadevos ata alí e botadelle unha ollada a paisaxe. Ao pé da antena, levade a vista a punta máis alta da mesma e imaxinadea 50 metros máis arriba. Isa sería a altura dos muíños de vento que alí queren pór. Isa door que teredes na caluga, espero vos baixe ao peito, aí a carón do fol da sangue que move aos seres que temos iso, corazón e sentimento, folgos para loitar por ista terra, pola vida, a cultura e a paisaxe. !Axudade¡ Acudir ao urro dos que non teñen voz para pedir socorro. Ninguén merece sofrir. Ninguén merece perder aquilo que a natureza tardou tanto en construir. Unha vez desfeito, xa non hai remedio. O progreso non o podemos medir en Kilowatios nen, por suposto, en euros.
¡ NON AO PARQUE EÓLICO!

A nosa bandeira


O proxecto do parque segundo imaxe publicada por Faro de Vigo


Resposta a Eurovento


No día de hoxe enviamos á prensa a contestación de SOS Groba a empresa Eurovento e á súa campaña de desinformación e contaminación que está a facer pagando xantares e visitas a parques eólicos.



"No mes de agosto de 2007, a sociedade civil do Val Miñor e Baixo Miño xuntouse para crear a asociación SOS A Serra da Groba como unha iniciativa para concienciar á cidadanía dos graves riscos que correría esta serra en caso de que se construíran os tres parques eólicos que EUROVENTO ten proxectados, ademais da subestación eléctrica e a liña de alta tensión para evacuar a corrente eléctrica producida, que atravesaría a Groba polo leste.
Desde a nosa constitución levamos a cabo unha labor de difusión e concienciación da enorme riqueza que encerra a Serra da Groba a través da realización de visitas guiadas diurnas e nocturnas, charlas nas aldeas afectadas, reunións cos distintos gobernos municipais, autoridades da Xunta de Galicia e xuntas directivas de montes.
O descoido de anteriores gobernos municipais e do país esqueceu reclamar a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000 polas súas características naturais e o seu ecosistema senlleiro. As autoridades e tamén a sociedade civil e os propietarios do monte esqueceron valorizar o riquísimo patrimonio cultural tanto material coma inmaterial. Perante este panorama de abandono, as multinacionais repartíronse Galicia en polígonos de instalación de parques eólicos, verdadeiros polígonos industriais, a prezo de saldo pero cun alto custo natural e patrimonial.
A través dos medios de comunicación escritos e audiovisuais e das devanditas charlas e visitas realizadas, a sociedade do Val Miñor e do Baixo Miño, e a sociedade galega en xeral, puido coñecer a grande riqueza da Serra da Groba:
- A maior trampa para lobos de Galicia (máis de 1200 metros de paredes)
- O máis importante labirinto gravado de Europa na laxe cruzada
- Varios cemiterios neolíticos de hai 5000 anos
- A maior reserva de cabalos salvaxes de raza galega que crean os milenarios curros da Valga, Torroña, Mougás e San Cibrán
- Unha intensa explotación mineira tanto de ouro como de wolfram
- Vestixios dunha intensa ocupación no período paleolítico (varias ducias de miles de anos)
- Un castelo medieval esbarrullado
- Numerosas cortes e aldeas medievais soterradas
- Hábitat de especies protexidas polas distintas directivas europeas.
- Existencia de numerosas turbeiras das que a Unión Europea esixe a conservación
E agora que temos as serras do país masacradas por uns 3000 aeroxeradores, aínda vén Eurovento (50 % capital xaponés) e mediante un informe de impacto ambiental que falsea completamente a realidade tenta instalar estas enormes estruturas de 125 metros de altura nos lugares máis elevados da Serra da Groba (O Custado, A Chan da lebre, A Gabiñeira).E falsea a realidade enganando os comuneiros e as autoridades non citando no seu informe ningunha das características antes citadas.
Para defender hai que coñecer e desde SOS A Serra da Groba alertamos do enorme estrago medioambiental e cultural que causaría a instalación destes enormes aeroxeradores na nosa serra.
Por iso SOS Groba estará presente na festa da Arribada pedindo sinaturas en contra do parque eólico Albariño I."

Novo blog de SOS Groba

Por problemas técnicos coa anterior páxina, a partires de agora este blog será o punto de encontro e medio de comunicación entre os que queremos a Groba como patrimonio natural e cultural