sábado, 8 de marzo de 2008

¡NUNCA MÁIS!


Ante a barbarie terrorista só nos queda desexar que ista non condicione a ninguén, e que os demócratas non nos deixemos vencer nin pola paixón nin polo odio. Dende SOS Groba o noso sentido pésame para a familia da víctima e para todos os que desexamos vivir en paz. Ninguén nos vai roubar o dereito a opinar, discrepar, e convivir libremente, sexa cal sexa a nosa opinión ou a de calquera que respecta as regras básicas da democracia. Por iso dende SOS Groba erguémola bandeira, que tan triste lembranzas ten para nós e o noso páis, que supuxo un refacho de esperanza:

!NUNCA MÁIS¡

venres, 7 de marzo de 2008

ALTERNATIVAS NON AGRESIVAS










Algunhas solucións non moi agresivas pasan pola producción de enerxía moi próxima ao lugar onde se consume. Os edificios e casas poderán contar no futuro con aeroxeradores e placas coas que producirá e almacenará enerxía, en moitos casos, nas mesmas proporcións que a consumida, co que se farán autosuficientes enerxeticamente. Isto é posible técnicamente. O que sucede e que con iste sistema o negocio desaparece e, polo tanto, non interesa moito espallalo.Aí é onde a sociedade ten que ser esixente e pedir investimentos e programas de fomento. Mais, que sexan de verdade e non de artificio. Alguén sabe por onde andan aquiles proxectos para facer os fogares productores de enerxía con placas?. Cal é a realidade a día de hoxe








EXEMPLO








Rascacielos con aerogeneradores

El rascacielos Bahrain World Trade Center es un bonito edificio de 50 plantas y 240 metros de altura con una interesante particularidad: dispone de tres aerogeneradores de 29 metros de diámetro cada uno, que son capaces de generar entre el 10 y el 15% de las energía eléctrica requerida por el edificio. En total producen entre 1.100 y 1.300 MWh al año, suficiente para abastecer 300 hogares en el mismo período de tiempo ahorrándole a la atmósfera 55 toneladas de CO2.












NOVAS NA PRENSA DE HOXE
















xoves, 6 de marzo de 2008

O PLAN EÓLICO NA PRENSA


Estanse producíndo moitas novas en relación a o Plan Eólico da Xunta. Cando parecía que non ía haber contestación tralo acordo da asociación de productores, Endesa recurre .

O conselleiro dí que non vai a producirse nengunha negociación coas empresas e que só se terá en conta o que dí a lei. Estaremos atentos a como se desenrola o proceso. Consideramos que é moi importante para o noso páis e o futuro de grandes áreas que se veran afectadas. Repetimos que SOS Groba está a favor da enerxía eólica e dun bon desenvolvemento do Plan da Xunta. Sabemos que os intereses das empresas van por outro lado e que han facer todo o que poidan para lograr as súas pretensión. Tamén queremos deixar claro que a nosa postura en contra do parque da Groba ten argumentos de sobra para defender a enerxía eólica pero non a súa implantación en calquera lugar, como é o noso caso. Quen ten o poder é quen decide. Nós só podemos argumentar e dar a nosa opinión, que polo que se ve, non todos entenden. Esforzarémonos por ser máis claros, si cabe, e máis didácticos, pero non máis sinceiros, pois a sinceiridade non ten matices, ou é ou non é. Nós coidamos que sí o somos e tentaremos con máis esforzo divulgala.


ALGUNHAS NOVAS DA PRENSA



mércores, 5 de marzo de 2008

PORQUÉ?


PORQUÉ

Seica non está claro porqué algúns nos opomos a construccion dun parque eólico que condicionaría directamente 200.000 metros cadrados da serra da Groba. Tampouco está clara a nosa, en teoría contradictoria postura, pois , sendo ecoloxistas e defensores do patrimonio e a natureza, a producción eólica e a que máis e mellor fai sustentabel as dúas cousas.
Seica somos uns poucos os que estamos no debate e que a xente non lle importaría que se construise o parque eólico, pois podería mellorar as condicións do noso patrimonio e da natureza que a Groba atesoura. Máis investimentos e coidados – xa non ardería o monte, produciría rendas anuais aos comuneiros e faríanse vías novas, e ben coidadas, de comunicación na serra.
Non vou a seguir enumerando os teóricos manás que van chover do ceo na Groba e nas contas dos propietarios do monte. Xa a empresa EUROVENTO se encarga diso. Si me interesa facer algunha reflexión e puntualización.
1. A serra da Groba é un espazo natural e xeografico con unhas condicións especiais que, nos ultimos anos ten sufrido uns cambios moi importantes. Pola súa situación xeografica, a súa altitude e a proximidade ao mar e a zonas costeiras que están a sufrir grandes presións demográficas e de evolución urbanística, industrial e turística, o seu ruralismo e “isolamento”, pérdese en favor dunha maior movilidade social e presión externa cíclica. Isto mesmo leva ímplicito unha visión dos seus habitantes e usuarios principais distinta que, con razón, queren vivir mellor e igual que os que viven na beira do mar ou na cidade. O cambio nos usos de vida leva a perda de tradicións e usos do territorio: a gandeiría, a agricultura de subsistencia, o coidado do monte, a explotación do mato, madeira, pedra, caza, usos e costumes no consumo da auga, etc. Posto todo así, deseguido sen máis, parece un descurso repetitivo e pasado xa de moda. Todo o mundo da por coñecido isto. Os detractores dirán que é lóxico que a xente mude ás súas costumes e queiran vivir mellor. Lóxico e de acordo. Pero temos que ir máis aló e analizar o proceso demoradamente e polo miúdo. A experiencia e a análise de outros territorios dínos que o que vai a sudecer, e xa sucedeu, seguendo as mesmas pautas de evolución: perda de valor do territorio, cambios de uso, abandono de costumes milenarias e despoboamento, por unha banda. Por outra, utilización dos paraxes naturais como almacens de lixos e escombros, urbanización da natureza, presión sobre a fauna e a flora – acaban desaparecendo moitas especies e introdúcense outras alleas- desertización por hiperexplotación de recursos hidricos, contaminación ambiental e visual, estragos no patrimonio arqueolóxico e etnográfico, vandalismo, etc.
2. A serra da Groba ten un grande valor patrimonial coñecido e sen coñecer. A densidade de puntos arqueolóxicos e lugares de interese patrimonial son o suficientemente abundantes e importantes para supor por iles sós, un dos motivos principais para a súa protección integral, no seu conxunto, ata a Valga, e pechando un área que comprendería os concellos de Baiona, Oia, O Rosal, Tomiño e Gondomar. A enumeración de iste patrimonio irémola facendo pública dende SOS Groba, unha vez máis e por partes, nas próximas datas. A nosa proposta, creemos que respectuosa con todos e todas as entidades e propietarios, é de posta en valor e de xeración de recursos para os propietarios do monte, os seus usuarios e os posibles visitantes e habitantes futuros. Xeración de recursos cunha posta en valor do que xa está aí, e que pode dar postos de traballo e ingresos equilibrando a conservación patrimonial e natural coa vida e explotación de recursos aínda non ben ponderados. Dende SOS Groba apostamos por plans de desenvolvemento relacionados coa natureza, o turismo cultural e natural, a hostelería, a gandeiría, a producción ecolóxica e o mantemento e recuperación de espazos en perigo pola influencia do lume e a sobreexplotación vexetal con eucalipto,e mala xestón ambiental. A posta en valor dos espazos etnográficos case únicos en Europa dos Curros dos cabalos, o cabalo ceibe da Groba, recuperación dos foxos do lobo, muíños, presas, tomadas cauces e regatos. Musealización aberta de petróglifos con guías didácticas e centros de interpretación, roteiros guíados, roteiros de sendeirismo e de natureza. Aulas de interpretación da serra, investimentos en repoboación con especies axeitadas ao terreo, explotacións comunitarias de gandeiría autóctona con canles de comercialización e empresas da zona para explotación dos recursos: denominación de orixe carne da Groba, potro da Groba, cordeiro da Groba, etc. Procurar o valor engadido de productos con xeitos máis organizados de explotación dos recursos e que teñen grandes axudas por parte das autoridades comunitarias, e expecialmente para zonas rurais de rexións coma a nosa e o norte de Portugal. Crear empreas públicas e/ou privadas de posta en valor, asesoramento e divulgación das axudas para crear novas accións empresariais, contando coas comunidades de montes e os novos retos que van ten que afrontar coa nova lei do monte de Galicia. En definitiva, dar alternativas e formación aos veciños e interesados en que a Groba sexa un lugar para admirar, vivir e traballar nel, sen que nengunha das tarefas se interpoña a outra.

Por outra banda, como afecta a construcción do parque eólico a todo o antedito?. Dende SOS Groba pensamos que acabaría coa maior parte das posibles iniciativas plantexadas e faría enviable a convivencia dunha serra industrializada coas nosas propostas. Asemade, o impacto visual e a raxadura de grandes áreas dos cumes con pistas para a construcción e o acceso aos aeroxeradores, eliminaría e afectaría tanto aos animais salvaxes como ao patrimonio, provocando perdas irraparables. Hoxe en día son xa moitos os problemas que supón o tránsito de vehículos pola serra. Os cabalos salvaxes para conservar isa cualidade, necesitan como calquera outro animal, unhas condicións no seu habitat que dificilmente son compatibles ca urbanización do monte. Isas fotos de animais que se ven en outros parques eólicos, efectivamente son animais, pero non salvaxes nin coas características dos da serra da Groba. Sería longo de explicar, mais se se construe o parque eólico, os cabalos desaparecerán nun periodo moi curto de tempo, e con iles a tradición centenaria dos curros e isa característica especial que teñen os da nosa serra. Sen desmerecer nin comparar, outros curros e animais do noso país, teñen condicionantes que os fan distintos. A realidade é que só a posta en valor do conxunto da Groba pode salvar aos cabalos e aos curros. A industria eólica pode pór cartos e lavar a súa imaxe con accións as que non lle vou a discutir o seu valor, pero non van a ser quen de recuperar a serra como si o faría unha aposta forte das administracións e a cidadanía por un plano de desenrolo integral para facer da Groba un espazo de interese natural e cultural. Nise plano a industria eólica non ten cabida.

SOS Groba chega alí a onde pode e non sempre a onde quere. Os medios e recursos son limitados. O interese por facer o que as administracións non fixeron é grande, e o feito real é que si SOS Groba non nacera no mes de agosto do 2007, nin os concelleiros dos tres concellos do Val Miñor e os de Oia e Tomiño, nin a sociedade civil e os medios de comunicación estarían falando do parque eólico. Na primeiras intervencións de SOS Groba constatamos a falla de información en primeiro lugar das autoridades locais e, en segundo, dos partidos políticos –todos, moitos aínda non saben ben hoxe de que vai o tema-. As comunidades de montes suponse que son algo máis que unha xunta directiva ou un presidente. SOS Groba constata diariamente que os veciños non saben o que lles ven enriba e está planificado, aínda que as súas comunidades, nalguns casos, votaron a favor do parque. Un tema de tanta trascendencia para o futuro do monte e todo o que o rodea, non se pode tratar como si fora algo menor. Respectando a súa autonomía e dereitos, creemos que na maioría dos casos nos se estan a respectar as regras da democracia ou polo menos, non se fai con as garantías que calquera de nós desexamos para un tema particualr que nos atañe.
SOS Groba está traballando cos medios que ten por facer un labor de información, estudo e divulgación dos valores máis descoñecidos da serra. Está a falar coas autoridades que teñen algo que ver co tema e movendo a todos aqueles que teñen interese. Loxicamente, non temos nin os medios humanos nin materiais que pode ter unha grande empresa que move centos de millons de euros e que, de gañar a definitiva adxudicación, amortizará o seu investimento en menos de cinco anos.
Dicir que a sociedade civil non iría a unha manifestación en contra do parque eólico porque pode estar a favor, e o mesmo que dicir que os que non van a votar o día 9 de marzo están todos en contra do goberno. Sabemos como funciona a nosa sociedade e o nivel de información xeral. Iso non xustifica a súa presencia nin, por suposto, a súa ausencia. Temos moito camiño que percorrer para acadar os niveis de outros paises máis implicados cos temas ambientais. Só temos que botar unha ollada as nosa praias, montes e rúas, aos nosos pobos e os seus arredores. Todos procuramos ter a casa limpa, mais o que pase maís aló da nosa porta sempre é culpa do veciño.
1500 aeroxeradores máis no próximo ano. Está ben si supón pechar as centrais térmicas e facer chegar a suficiente potencia a tódolos recunchos do noso país. Está ben si os beneficios quedan no país e as empresas,sexan de onde sexan, tributan os seus impostos alí en donde producen os seus beneficios. Está ben si se respectan os lugares singulares e se repercute parte do aproveitamento industrial aos propietarios reais das terras, e cando dicímos parte estamos a falar de unha porcentaxe significativa e non dunha esmola mal pagada. Están ben si non se colocan en todo o país, sen deixar zonas, ímos a chamarlle virxe ou limpas, pois consideramos que nengún país do mundo vendería por diñeiro o seu máis grande valor e sinal de identidade como país.: a súa natureza e a súa paisaxe, modelada en milleiros de anos. Estaría ben se os galegos fosemos capaces de ser máis respectuosos con nos mesmos e deixaramos de esperar que outros decidan por nós.
SOS Groba vai a loitar para que a Serra da Groba sexa un patrimonio natural e cultural para todos, e non perda o que non ten prezo e que non volvería, de perdelo, a recuperar nunca.
Moitos ou poucos, da igual. Con xustiza e con traballo, con esforzo e información , imos ganar ista batalla e

¡GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE¡

X.M.

ALGO SE ESTA A MOVER

No blog de baiobaconsciente estase a producir un debate relacionado con SOS Groba. Xa estamos a preparar a nosa postura e algunhas aclaracións. Polo de agora, si queredes podedes ir comentando eiqui ou no outro foro as vosas opinións. http://baionaconsciente.blogaliza.org/2008/03/04/europa-un-novo-soplo-de-esperanza/#comments

ALGO SE ESTA A MOVER

http://baionaconsciente.blogaliza.org/2008/03/04/europa-un-novo-soplo-de-esperanza/#comments

martes, 4 de marzo de 2008

luns, 3 de marzo de 2008

MENTRES NOS QUEDE ESPERANZA


Remata hoxe o prazo para presentar alegacións ao Plan Eólico da Xunta. Segundo informacións da prensa, a patronal decidiú non alegar como colectivo, si o poden facer empresas a título individual, e prefiren porse a traballar arreo para presentar as propostas para conseguir algunha das concesións previstas a partires do próximo domingo, día nove de marzo. É moito o que está en xogo e ninguén se quere arriscar a quedar fóra do reparto.
Alomenos 1500 muíños de vento ou aeroxeradores, de máis potencia e maior altura. Iste domingo no telexornal do medio día puñan o exemplo - a propaganda non cesa- dun parque eólico entre Guitiriz e Vilalba, que tiña xa en funcionamento aeroxeradoresw de 85 metros de altura con aspas de 45. Sumando veñen sendo uns 120 metros de altura. De seguro que os paxaros non van a pousar niles aínda que esten parados, nin as lagartixas se atreveran a tomar o sol pegadas a ise tubo xigantesco. Si así fora, unha lagartixa de Guitiriz podería ollar ao lonxe a unha prima das Pontes ou Mondoñedo dende tan magna atalaia.

Mil cincocentos muíños de vento máis espallados por todo o país. Pregunto, ficará algún recanto da antiga e vella Galiza verde sen os xigantestos fungos?. Onde se van a colocar?. Hai paises que tamén teñen problemas coa enerxía e apostan polas mal chamadas renovables, ero,non a costa de destrurir a paisaxe e a natureza que, por suposto ten para iles un valor maior que o que poida supor a producción duns milleiros de Kilovatios. Ser os primeiros en producción eólica a costa de destruir as terras altas, as serras e os montes mellor conservados do país, non creo vaia a ser a solución aos problemas que temos, nin o principio da concienciación de que hai que aforrar máis e gastar menos. A industria nunca pensou no país nin nas súas xentes. A industria busca balances positivos e crecementos contables ao fin do ano. O que teñan que facer para logralo sempre se basa na mesma fórmula.: non importa o investimento se o beneficio compensa . A min dame igual que sexa unha empresa, dúas ou tres as que se xunten para conseguir arrincar beneficio do que é de todos. As migallas que deixan polo camiño non van pagar os estragos e os impactos que lle fan a nosa terra. Cando non quede xa nin un só recanto do país dende o que se poda botar unha ollada ao lonxe sen ver unha industria nos cumes dos montes, ise día enterrarei a esperanza, que é o pouco que aínda nos queda a algúns que amamos a nosa terra. Mentres, seguiremos a loitar para que ise día non chegue nunca.

X.M.

domingo, 2 de marzo de 2008

"MISIÓNS PEDAGOXICAS"



Onte sábado estivemos en Baiona, na festa da Arribada, recollendo sinaturas e informando a xente sobre o parque eólico. O descoñecemento e a ignorancia son grandes. Moitas persoas nin están enteradas de que se vai a pór un parque eólico na Groba, e por suposto, descoñecen os detalles concretos.

É por iso polo que consideramos moi importante explicar a realidade e informar a xente. O que cada quen decida forma parte xa da súa liberdade e o seu criterio, mais baseado en dados reais e analise dos pros e contras. Con enganos e falsas construccións de paraísos verdes e ecolóxicos, as eólicas van tecendo a súa arañeira. Con excursións pagadas, con xantar incluído e agasallos, non se refutan argumentos, compranse vontades.

O debate, a información e a ilustración, o analise crítico... non son só verbas para pór nun papel ou dicir. A democracia é o dereito a opinar e decidir libremente, o respecto ao contrario e as decisións da maioría. A pesares de que así é sobre o papel, estamos a ver que uns poucos deciden por outros, unhas veces ocultando información e, outras, manipulando. Dende SOS a Serra da Groba gustaríanos ver unha democracia participativa en tódolos entes e asociacións implicados, nos propietarios e usuarios das terras, nos concellos. A xente quere saber e que non a manipulen. Por desgraza, estamos a constatar tódolos días que non é así, e a ignorancia e a manipulación están abollando nestas augas avoltas nas que se moven moitos e diversos intereses.

Seguiremos a traballar para que cada veciño do Valmiñor esté informado e decida o que quere para a súa terra, e aposte por un futuro sostible e ecolóxico, respectuoso co medio e o patrimonio - tan descoñecido e ignorado- e que sexa e siga sendo un sinal de identidade para as xeracións futuras, que polo que se ve e se dí, non vai a ser xa tan verde como a lembran os nosos avós.