sábado, 19 de abril de 2008

FAI TRAMPAS TRAMPÓN...











Nova na prensa de hoxe:






Xa o diciamos onte: ¡Non son de fiar!. Na nova que sae no xornal "El País" confirmanse algúns dos datos que SOS Groba ben aportando nas súas "presentacións pedagóxicas" polos lugares aos que é convidada para falar.



Son moitos os millóns de euros que están en xogo, e mentres non se demostre o contrario, o capital xoga sempre con tódalas bazas, abeirando a legalidade e mesmo ignorandoa, utilizando a presión mediatica, o discurso dos investimentos e criación de postos de traballo, etc..



Tamén comprobamos con esta resolución como as autoridades e institucións son "cómplices" por omisión ou por ser máis tolerantes cos grandes poderes ecónomicos, non sendo igual con outras empresas máis pequenas ou particulares aos que se lles esixe cumplir a lei estrictamente. Como no apuntamento de onte, que sería deses pobos e serras afectados si non se recurrise por particulares e grupos ecoloxístas as autorizacións?. Estamos fartos de ver como as interpretacións xurídicas levan permitindo grandes desfeitas no noso entorno máis próximo e, despois, pasado o tempo, os laios dos afectados que nun primeiro intre non foron quen de verlle as orellas ao lobo.



De tal xeito, seguindo cos nosos titulamentos ou entradas con ditos populares, hoxe dicimos " Fai trampas trampón que para ti che son". Alomenos eso é o que desexamos nós.

venres, 18 de abril de 2008

¡FIATE E NON CORRAS!






Artigo en La Voz de galicia de hoxe sobre a enerxía nuclear
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/04/18/0003_6743729.htm
Vímolo dicindo en outros apuntamentos do blog: ¡ Non son xente de fiar!. Non é que sexamos desconfiados demais, que non . É a realidade a que quita ou da razóns, e polo que se está a ver nos últimos 60 anos, non son de fiar. Estamos, claro, falando dos empresarios do negocio enerxético, deses que teñen moito interese en "solucionarnos" os problemas que temos co consumo da enerxía e do benestar das familias. Son moitos os casos e, tamén, moitos os anos que levamos vendo como unha e outra vez repitese a historia. Priman os intereses das empresas, os intereses económicos, sobor dos sociais , incluso, os de supervivenvia dos empregados e os veciños ou pobos - niste caso ata se permitirón o "atrevemento" de seguir coas visitas didácticas á central de escolares -. Onde está a humanidade? A onde ímos con xente así? Temos que fiarnos do que nos dín? Quén controla a estes personaxes tan poderosos que poden ata cos gobernos que tentan opoñerselle ?
¡Fíate e non corras!, díciannos de nenos para que aprendéramos a desconfiar e observar ben as cousas e a pensar o que facíamos. Dalgún xeito, estaban a dicirnos que tiñamos que ser críticos, observadores e non dar creto a primeira impresión ou a faciana máis amable das cousas. Non todo é o que parece.
Antes ou despois, todo se sabe. O malo é que as veces xa non hai remedio e cando queremos acordar, xa é demasiado tarde.
Temos na historia recente de Europa, e do mundo en xeral, múltiples exemplos de grandes mentiras disfrazadas de verdade que fixerón moito mal a humanidade e... a historia repítese.
O home seica é o animal que tropeza dúas e máis veces na mesma pedra. ¡Cantos tropezos levamos e non aprendemos!
Agora si, queren arranxar o problema mandando para a casa ao director da central nuclear de Ascó, e eiqui non pasou nada. E, mentres , nenos de seis colexios e entre 700 e 800 persoas están a realizar probas radiolóxicas para ver se están contaminadas.
¡Fíate e non corras! Nós, evidentemente, non nos fiamos. Temos probas máis que suficientes para dubidar . Estamonos a referir, claro, aos plans que teñen os empresarios e algúns políticos para a nosa Serra da Groba. Non é o mesmo, mais cada día parecese máis. A Rede Natura que se marca por certos espazos e non por outros e non se dan explicacións, a falla de catalogación de espazos e bens dompatrimonio,etc.
E si non fora por Greenpeace, chegaríamos a saber algo do que pasou en realidade? E si non fora por SOS a Serra da Groba, alguén decataríase de que hai dosu foxos de lobo e maís de cen puntos de interese arqueolóxico sen catalogar ?
Entendedes agora o encabezamento de este apuntamento?

xoves, 17 de abril de 2008

NÉBOAS E FUME



Tripulantes do Xurelo hai 25 aos na Foxa Atlántica










Nos xornais de hoxe e de onte, aparecen varias novas referidas ao mercado enerxético e os movementos que se están a preparar a nivel estatal . A respecto do que nos atinxe a nós, poderíamos valorar positivamente unha pretendida mellora para os cidadáns nas condicións que se lle van a pór as eléctricas para desenrolar os seus proxectos. Mais, non vos fagades ilusións, ao remate se o analizades polo miúdo, só se agochan vagas de fume para aparentar o que non é. Non imos a facer agora unha analise pormenorizada do tema, pero si dicir que, si pagando algo máis as eléctricas van a poder construir alí onde antes se lles dixo que non - os Canóns do Sil- pouco ou nada avanzamos. Só imos a conquerir que, efectivamente, os concellos teñan algo máis de diñeiro, pero tódolos galegos teremos, menos natureza e máis terra asolagada. Que, por outra banda, xa está ben. ¡ Xa abonda! . Non si?




Descarga de bidóns con residuos radioactivos.




O outro debate ben pola vía do futuro da enerxía nuclear e o posicionamento do noso país ao respecto.
Moito se está a falar do tema, sobor de todo cando Francia e o Reino Unido andan apostando forte por ela.

O que eu me pregunto é: Os residuos que estes produzan van a quedar nos propios países? ou, pola contra, van a ser enviados a segundos e terceiros que maís necesitados de recursos e diñeiro, van a vender ou comprar - segundo se mire- inseguridade futura e risco por posicións e troco de outra materias ou tecnoloxías necesarias para o seu desenrolo?. Este é sempre o tintimán da cuestión. Uns producen e beneficianse das enerxías máis perigosas, e mandan o perigo - residuos- para paises emerxentes, afastados ou necesitados, os que non lles queda outro remedio que "tragar" o que os ricos lles botan.






Ponte do Xurelo






Por outra banda, Iberdrola, ACS ... andan a trocar cromos e xogar a ver quen pode máis. O medio ambiente, ante as grandes operacións corporativas, só é un número nos orzamentos das empresas: o da publicidade. Vendese fume e prodúcense néboas artificiais para que non vexamos o que se agocha por detrás.

Para ver e analizar:
















Unha anécdota, pero migalla a migalla faise unha bola:












mércores, 16 de abril de 2008

PETICIÓN DA REDE NATURA PARA A GROBA











Estes días andamos a facer xestións para que a serra da groba teña varias figuras de protección para preservar os seus valores máis senlleiros.


No xornal dixital Vieiros podese ve esta nova




Nuns días esperamos ter máis novas sobre este e outros temas.


Non podemos parar e non paramos. Outra cousa é o que cheguemos a conquerir. Iremos informando dalgunhas accións que estamos a preparar.

FEIRA DE ABRIL EN BAIONA



































Cancións mariñeiras de Fuxan os ventos

http://es.youtube.com/watch?v=pYOMi-2zLk8

Mariñeiros á ventura,
dunha noite atreboada
que cecais non te retorno
a ningunha madrugada.
Mariñeiros que navegan
percurando a pesca incerta
o armador en terra firme,
dorme namentras espera
A muller do mariñeiro
agarda mentras, desperta
ó carón dun lar sin lume;
zoa o vento sobre as tellas.
O mariñeiro pelexa
no medio e medio do mare,
co vento que peta firme,
e fai o barco abalare.
No medio e emdio da noite
o armador dorme agardando,
agarda-esperta a muller,
e o mariñeiro loitando
E choran sete mulleres
no medio e medio do día,
na noite do mar revolto
sete homes se perdían.
O armador xura de rabia,
no medio e medio do día,
Na tempestade da noite
un barco a pique se iba.
Pola mañán desgonzados,
sete corpos sobre a praia,
sete mariñeiros mortos,
bébedos de auga salgada.
Na tarde tocan campás
o repinicar da morte,
mentras tanto sae o mar
outro barco con sete homes




Este é o mes no que na comunidade de Andalucía comezan as feiras. Ven primeiro a de Sevilla coa súa feira de abril cheo de corido e ledicia nas xentes que saen a rúa a divertirse e facer gala das súas tradicións. Milleiros de sevillanos e visitantes participan da grande festa da primavera con unha grande mostra de costumes nas que os sevillanos sacan a rúa esa chispa especial que lles ven de antigo e os fai particualrmente únicos, como dí a canción. Logo virá o Rocío en Huelva, e despois, xa en maio, a feira de Córdoba coa festa das Cruces. Outravolta nas rúas cordobesas balbordo e trafego de xentes con traxes típicos e moita música e baile. Un pobo que celebra ás súas tradicións e festexa con ledicia na rúa o seu sentimento e sinais de identidade. Como ten que ser e, como por outra parte, se fai en todo o mundo.



Baiona, abril 2008. Programase a 1º Feira de abril . Nada que obxectar. Ou... si. Ímos ver polo miúdo.

Hai en Baiona unha grande colonia de andaluces? Son moitos os emigrantes andaluces en Baiona e pedíronlle ao concello que gaste uns euros en axudarlles a celebrar unha festa moi importante para eles?. Se así é, nada que obxectar. Os galegos sabemos o que é estar lonxe da terra e sentir a morriña no peito. Agora ben, cando escoitamos e lemos o orzamento que o concello de Baiona adica a cultura en todo o ano entranos unha dúbida: vaise a potenciar e facer que as costumes tradicionais do noso pobo se celebren e non se perdan, como fan os andaluces coas súas? Vai chegar ese diñeiro para axudar a tódalas asociacións que fan e promoven actos culturais en Baiona?. Dícimos a todas, non só as que son amigas ou fan exclusivamente o que lle gosta ao equipo de goberno. Dúbido moito visto o que estamos a ver no funcionamento do concello , mais gostaríame que así fose e todo o mundo tivese a súa axuda e colaboración, xa que o concello, polo que estamos a notar, só valora e potencia festas que teñen que ver con outros pobos e países.

Calquera que chegue a Baiona de visita pode ver moitas referencias ao descobremento de America, mais moi poucas referidas a súa historia e importancia, que a tivo, ao longo dos séculos.
Que poida ver como un pobo mariñeiro sobreviviú e foi quen de andar ao mar por tódolos oceanos do mundo - é aínda andan moitos dos seus fillos, excelentes patróns e navegantes-, pola ría e a costa atlántica . Calquera pobo mariñeiro hoxe en día está a recuperar as súas vellas embarcacións, os seus costumes, os oficios, a língua e nomes do mar... a súa historia que se perde na memoria dos vellos que están, por desgraza, desaparacendo sen que ninguén lles preste a atención que merecen e recolla as súas testemuñas vitais. Se repasamos a nosa costa de norte a sur, todos os pobos están a gardar a súa memoria, xa sexa coa axuda de asociacións privadas, xa coa de institucións e concellos.


Qué pasa en Baiona? Qué ten que pasar para que desperten do seu sono os veciños de Baiona? Con tódolos respectos para eses homes e mulleres, que os hai, que se sinten moi orgullosos de ter nacido mariñeiros e ven como se perde o seu. É lei de vida, mudan os tempos, estamos de acordo neso, pero tamén pasa o mesmo noutros lugares e respectase máis as tradicións populares e o amor polo mar, amigo e enimigo, fonte do sustento e de desgrazas. Polo que nos define como pobo, a nosa fala, os nosos costumes e tradicións máis antigos, non só os dos últimos cincoenta anos que nos foron impostos por un goberno golpista e ilegal que nos oprimiú e nos privou do dereito a ser nós mesmos.


Aí ven o maio de flores cuberto.... dicía o poeta.

Aí ven o día das letras galegas, a festa e celebración do mes das nosas letras e de reivindicación da nosa língua. ¡Pobo de Baiona, aí ven o maio. !


Polo de agora estamos en abri,l e si por min fora convertiría este mes no do refrán modificado: EN ABRIL, GAITERIOS MIL.
E, por suposto, moitas felicidades e parabéns para os amigos sevillanos que son quén de sentir o orgullo do seu pobo e o manifestan públicamente sempre e en todo lugar. Case igual que os galegos. Ou non?

martes, 15 de abril de 2008

AS COUSAS DE COMER E AS ENERXÍAS





















Están pondo de moda o xogar coas cousas de comer. Estes xogos consisten en almacenar produtos de primeira necesidade, como os cereais, para producir combustibles.



De neno sempre escoiter dicir aos meus pais e avós que coas cousas de comer non se xoga. As consecuencias xa se están deixando ver, coma sempre, entre as clases máis desfavorecidas. Para que, os que non teñen fame e posuen cartos que lles sobran, poidan ir en grandes coches, todoterreos e outros aparellos a motor, milleiros de nenos e maiores pasan fame a cotío, sofren calamidades e viven na máis absoluta miseria.



Aínda algúns diran que todo o mundo ten derito a facer co seu diñeiro o que queira, que hai dereitos que non se poden tocar. Eu preguntaría si eses dereitos poden pasar por riba do dereito que teñen a vivir os que cada día lles custa máis a supervivencia.



Na prensa podemos ollar novas ao respecto e, nalgún caso, ata contradictorias.



Aí quedan algúns exemplos.



Este primeiro referido ao problema de darlle saída a enerxía que se vai a producir no noso país , e as posibles afectacións que veñen.







http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008041500_4_216349__Galicia-Electrica-ultima-gran-autopista-energetica-Galicia-Portugal





http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/04/15/0003_6734282.htm?idioma=galego





http://www.elpais.com/articulo/economia/CE/mantiene/apuesta/biocarburantes/elpepueco/20080415elpepieco_9/Tes






http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/04/14/00031208173764405647163.htm?idioma=galego





http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/04/12/0003_6726416.htm?idioma=galego

domingo, 13 de abril de 2008

PATRIMONIO VIVO























Cedro maxestoso. Árbore no pazo a carón da ponte "romana".



Temos no Val Miñor un patrimonio vivo en perigo que temos que coidar e, por que non, catalogar. Son especies vexetais e árbores que están a sofrir nalgúns casos, moitos ataques, tamén hai que decilo, coidados con esmero noutros. Hai un fato de árbores que poderíamos dicir senlleiras, que deberían ser mimadas e catalogadas para que non sexan vítimas da serra ou do inconsciente de turno, e verse convertidas en leña ou toradas para facer táboas.


A propiedade nalgúns casos é pública e noutros privada, sendo estas as que teñen máis perigo de desaparecer. Nós só queremos ensinarvos algúns exemplares para que cada quen valore e aprecie segundo a súa sensibilidade.


















Abeleiras, nun regato perto de Aburlido en Gondomar.















Acivros, na Fraga de Oliveira



























Sobreiras ou corticeiras,
a primeira en Oliveira e a segunda en Aburlido.




Estas só son un pequeno exemplo dos moitos tesouros que temos nos arredores das nosas casas, non moi lonxe, en pequenos paraisos agochados á carón dos ríos e regatos e nas fragas que aínda quedan no Val miñor.