
sábado, 26 de abril de 2008
1º SERÁN NA BEIRA DO MAR

domingo, 20 de abril de 2008
NA PRENSA DE HOXE
PRADOLONGO

Hoxe toca unha de cine.
Recomendo esta película do director Ignacio Vilar. Unha película galega con actores e argumento galegos. Hai varias coincidencias argumentais co que sería o noso movemento en defensa da Serra da Groba e, o que consideramos máis importante, as relación duns rapaces que se van facendo adultos e, sen querelo, teñen que entrar nas liortas e lerias dos maiores, que capan as máis naturais e belas sensacións e emocións que un ten cando aínda non chegou a o estado de adulto.
Moita paisaxe fermosa nunhas terras que viven - coma hoxe as nosas da Serra da Groba- entre un xeito tradicional e máis apegado a terra e a natureza, e o poder económico das grandes louseiras que só ven euros debaixo da codia da terra, neste caso materializados no "ouro neghro" da lousa. Kilowatios ou lousas, tanto ten cando o resultado é o mesmo. A fermosa paisaxe e natureza estragada e a vontade circia, nun primeiro intre, amolada co lixeiro peso dun papel cheo de ceros en forma de cheque.
Pradolongo ten beleza, ten rebeldía, reivindicación do propio, do noso, ten denuncia e ten orgullo. Lembrades o anuncio publicitario dunha cadea de supermercados que dí que vívamos como galegos?. Pradolongo amósanos un recuncho da nosa terra onde se vive en galego, coas contradicións e problemas que poden ter hoxe en día calquera das persoas que viven nun pobo, nun mundo globalizado que só mira para a economía sen decatarse de que hai algo máis importante que o diñeiro. Utilizando a amizade dunha rapaza e dóus rapaces, que se fan adultos e que teñen tres fogares con situacións persoais diferentes, Ignacio Vilar revindica o orgullo de sentirse natural dun pobo sen renunciar a nada, pese a forza e presión que pode exercer o devalar do mundo no que vivímos.
Non perdades a oportunidade de sentir e vivír algo que igual xa tíñades esquecido. De facer renacer a esperanza na xuventude, e de reivindicar a resistencia. Resistencia que tamén dende SOS Groba, e como en Pradolongo, ímos manter ata o final. Pese a quen pese, e pase o que pase.
Enlace coa páxina da película.
Non a perdades e, por suposto, na versión orixinal en galego do oriente ourensán.