sábado, 17 de maio de 2008

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ









Hoxe é o seu día. Neste día das letras galegas lembrar o nome e a persoa de D. Xosé María Álvarez Blázquez é para nós un orgullo é un deber. O seu labor a prol do noso país, a língua e a cultura, fan que nos sintamos en débeda e nos empurre a tentar imitalo e pór, de nosa parte, toda a nosa forza e coñecemento para levar a bo termo as tarefas que, homes como él, encetaron e convertiron en guieiro para toda unha vida. Grazas, don Xosé María, pola entrega, a humildade e o sacrifizo. Tocoulle vivir en tempos moi difíciles e pasar por circunstancias persoais que levou con moita enteireza. Puxo nas nosas mans o coñecemento, as ideas, a cultura... e só se preocupou por que chegara as mans de todos dun xeito facíl e digno. Só se pode agradecer co recoñecemento que, agardamos, todo o pobo galego, lle recoñeza neste ano e en todos os vindeiros. O seu legado está aí, e a súa familia, os seus amigos e tódolos que nos sumamos a eles, traballaremos para espallalo como a vostede lle gustaría. Grazas pola súa vida e os seu a mor por Galiza.

HOXE NO VALMIÑOR

Ás 19 horas comeza en Baiona un maratón de lectura de textos en Galego. A Asociación Cultural O XIMBALEU convida a tódolos que queiran participar nun maratón de lectura de textos en galego para honrar o Día das Letras Galegas e homenaxear a Xosé María Álvarez Blázquez.
Dende as 19 horas, en Gondomar, lectura de textos e concerto da Banda de Música de vincios. Ás 20 h. inaguración da escultura A Galiña azul, lembranza do pobo de Gondomar para Carlos Casares.
Ás 22 h no auditorio Lois Tobio de GONDOMAR, actuación do grupo Treixadura.

NOVAS NA PRENSA

http://www.elpais.com/articulo/economia/EDP/Renovables/va/estar/grandes/Bolsa/Lisboa/elpepueco/20080517elpepieco_8/Tes

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/05/17/0003_6824743.htm?idioma=galego
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/05/17/0003_6824745.htm?idioma=galego
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/05/17/0003_6825137.htm?idioma=galego

venres, 16 de maio de 2008

LÍNGUA PROLETARIA DO MEU POBO...

Xosé María Álvarez Blazquez








Mañán é o día das letras galegas. Estamos de festa en todo o país, e como tal non deberíamos esquecer o motivo e a orixe da festividade. Aínda que os tempos mudaron bastante dende o primeiro día das letras, agora máis que nunca é cando temos que lembrar que si non pomos empeño en valorar as nosas letras e a nosa língua, corremos o risco de perdela. Hoxe publícase máis que nunca, e podemos presumir de ter mois bos escritores que son traducidos a outras línguas e valorados fóra do país. Hai medios e unha industria arredor do libro que funciona. O futuro podería parecer seguro e vizoso. Mais, algo non cadra. Cada día son menos os falantes, segundo as estatísticas, e hai unha xeración que está a piques de desaparecer e que foi a que mantivo acesa a chama da língua nos peores tempos, superando dificultades e riscos por conservar a maior e mellor seña de identidade do noso pobo.


Mañán non é un día calquera. Temos arremuíñando no ar unha vaga dun mal vento que algúns estan aproveitando para encher os panos das súas naos e navegar en augas revoltas co vento de cara. Hai que quere facer dunha pingueira un trebón e aproveitar para pescar un peixe que ven evelenado. Toca erguela voz e dicír ben alto aqueles versos de Celso Emilio ... eu falo por que si, por que me gusta, e quero e dame a gaña...


e na praza pública, na rúa, guindar ao ar versos e palabras escritas por centos de homes e mulleres, ao longo dos séculos, para que non ficasen esquecidas impresas nun vello papel amarelado e comido pola couza.


Faremos de amplificador humán e, coas arelas dos máis novos e os folgos dos máis vellos, reivindicaremos o natural dereito e deber de falar a fala nai.


Vémonos en Baiona o sábado a partires das 19 horas.



DEITADO FRENTE Ó MAR...



Lingua proletaria do meu pobo


eu faloa porque si, porque me gusta


porque me peta e quero e dame a gana


porque me sae de dentro, alá do fondo


dunha tristura aceda que me abrangue


ó ver tantos patufos desleigados,


pequenos mequetrefes sen raíces


que ó pór a garabata xa non saben


afirmarse no amor dos devanceiros,


fala-la fala nai,a fala dos abós que temos mortos,


e ser, co rostro erguido,mariñeiros, labregos da linguaxe,


remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta


e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo


unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,


non falo prós ruíns e poderosos,


non falo prós finchados,


non falo prós estupidos,


non falo prós valeiros,


que falo prós que aguantan rexamente


mentiras e inxusticias de cotío;


prós que súan e choran


un pranto cotián de volvoretas,


de lume e vento sobre os ollos núos.


Eu non podo arredar as miñas verbas


de tódolos que sufren neste mundo.


E ti vives no mundo, terra miña


,berce da miña estirpe,


Galicia, doce mágoa das Españas,


deitada rente ó mar, ise camiño...




CELSO EMILIO FERREIRO




mércores, 14 de maio de 2008

¡BENVIDAS/OS!




Hoxe levámonos unha grande sorpresa. Atopamos un feixe de visitas no noso blog e alguns comentarios dun grupo de rapazas e rapaces de 1º C do IES Auga da Laxe, que andaban a preparar un traballo.


Ana, Elena, Araceli, Paula, Aldara, Sión, Inés... graciñas pola vosa visita e agardamos que poiderades atopar información axeitada para o voso traballo.


SOS GROBA é un grupo de xente que está a defender esa fermosa terra que temos diante dos ollos tódolos que vivímos no Val Miñor, e todo o que nela hai, que é moito e variado. Defendemos vivir nunha relación máis armónica co noso medio, protexer e coidar o noso patrimonio natural e cultural e preparar a nosa terra para que as xeracións futuras poidan sentirse orgullosos dela, como nos sentimos nós. Estamos convencidos de que con xente coma vós ímolo a conquerir. Grao a grao, area a area, ímos a facer o noso traballo para poder pasar o inverno e non facer como a cigarra, que deixou pasar o bo tempo estando sempre de esmorga, esquecendo que despois dos días azuis veñen os grises e fríos.


A nosa terra é envexada polos que veñen de fóra a visitarnos. Gustan dos mil tonos de verde dos nosos campos, dos azuis dos mares e os ríos, dos hourizontes sempre diferentes e cheos de sorpresas a cada paso que se anda. Mais, aínda que todo está aí, non sempre foi igual nin o vai a ser no futuro. Temos na sabiduría das nosas persoas maiores, o exemplo e o aviso. Todo muda, nada permanece igual. Hai que coidar o que temos si queremos mantelo para poder gozalo moitos anos. O pai Miño, as serras e os mil ríos que baixan delas percurando un mar que os chama ao lonxe, como un imán, teñen sufrido nos últimos cincuenta anos moitos ataques e desfeitas. Temos perdido unha grande variedade ecolóxica. As herbas e prantas, os peixes, os reptís, anfibios, insectos, os paxaros, os pequenos mamíferos... foron desaparecendo das súas ribeiras e das fragas. Non hai moitos anos, os sapoconchos, as anguías, os xílgaros, os bufos, as doniñas ... podíanse ver a cotío pechando os seus ciclos vitais con cada estación do ano. Eran compañeiros de viaxe nos nosos campos e medían o grao de pureza das augas, a falla de contaminación dos lameiros e o ar que respiraban as nosas xentes. Hoxe, podes pasar por quilómetros e quilómetros de campos e serras e non ver una bolboreta, ou só ver un ou dous exemplares. Aqueles ceos cheos de anduriñas a xogar co ar, guindando chíos ou en ringleira, á espreita, nun tendal ou nos cables do tendido eléctrico. Os asubíos dos gaios cereixeiros cando, aló polo mes de maio, comezaban a pintar as cereixas; as terras a barbeito cheas de cardos e os xílgaros a debullar as súas sementes, as tartarugas co seu pescozo alongado tomando o sol nas pedras na beira dos regatos, e os milleiros de ras a cantar, día e noite, mentras o lagarteiro pairaba no ceo.


Moitas destas imaxes resultannos hoxe moi difícil de ver. E, o que é pior, non para aí a desfeita.

SEICA VEÑEN MAL DADAS. AS ELÉCTRICAS QUEREN MÁIS.




Nos xornais destes días fálase moito da enerxía e so seu precio. De que se vai subir un 22% ou un 11%. Nenguén dubida xa de que vai a subir. Xustifícase a suba na perda de beneficios das empresas e de que, segundo contan, hai que pagar o verdadeiro prezo dos custos de produción. Coma sempre, somos os usuarios os que pagamos. Dende hai tempo temos no recibo unha porcentaxe para pagar a maiores as perdas sufridas no pasado. Agora seica temos que seguir pagando as que se dan pola subida dos combustibles e os gastos de produción. Mais, e cando ganaron moito, repartirón con alguén os beneficios? Cómo medraron e fixeron investimentos multimillonarios en OPAS e extensión das súas redes noutros países? Quén pagou todo eso?


Si as perdas fosen tantas non poderían facer os investimentos que fan en operacións especulativas, deixando a un lado os investimentos en reformar as lineas e mellorar os servizos que dan aos consumidores.


Que melloren os servizos que prestan. Que se deixen de estafar aos usuarios e que permitan, dunha vez, que verdadeiramente haxa competencia para poder escoller o mellor suministrador e non ter que aturar a súa ditadura.


Esto no é coma a fé e a relixión, que nos dí que hai que creer sin ver. No século XXI, os tempos dos parvos xa é hora de que rematen. E, o goberno que mire ben o que fai e con quen xoga. Non nos poden pedir, agora que se inflaron a ganar cartos nos ciclos alzistas, que paguemos nós as perdas cando veñen mal dadas.


martes, 13 de maio de 2008

MÁIS FOTOS DO CURRO DA VALGA





































O PRIMEIRO CURRO DO ANO

(Pódese premer co rato enriba das fotos para velas mellor)





Pola mañán, as bestas van chegando ao curro








Aló polas 5 da tarde, hai que xotar os animais para o curro pequeno e separar as crías.









Os que mandan, xuntanse para falar como se ha facer o traballo. A veteranía e a xuventude conxugan as súas experiencias para que todo saia ben.










SOS GROBA estivo todo o día presente, dentro e fora do curro.































Este domingo celebrouse o primeiro curro de este ano. Comeza a tempada co curro da Valga. SOS Groba estivo alí compartindo cos propietarios dos cabalos as súas inquedanzas e os temores. Os tempos veñen mal para o cabalo do monte, e parece que ninguén se da por enterado do verdadeiro problema. Nós consideramos que a cousa é ben sinxela, só fai falla un pouco de analise e coñecemento. Ímos por partes.
Problemas:
Disminución do número de propietarios de Cabalos Ceibes da Groba/Valga. Cada día son menos os, imos a chamarlle, arriscados que ousan poseer Cabalos Ceibes. O por que é que ser propietario dun cabalo que nace e se cría ceibo no monte supón uns gastos anuais moi superiores aos posibles beneficios - se os houbera-. Consecuentemente, a xente que tradicionalmente mantivo no monte cabalos, desfaise deles vendendoos, cando atopa quen llos merque, ou suministrando carne para os matadoiros de bestas.
Disminución do número de animais. Unha cousa leva a outra, evidente. Tamén hai que salientar que se pretende burocratizar unha tradición milenaria, convertendoa nun feito mercantil produtivo que non é tal. Esto é o que aínda as nosas autoridades non entenderon e que, polo que se ve, imos ter que explicarlles unha vez máis.
Onde radica a falla de entendemento? Parece ser que as normativas europeas cada vez son máis esixentes cando do que se trata e do manexo de animais, venda , cría e transformación en produtos cárnicos. Parecenos ben. Agora si, os nosos cabalos non son animais domésticos nin son animais criados para sacar rendementos económicos ( aínda que poda haber algún tipo de comercio moi básico e e non especialmente lucrativo). Pretender darlle o mesmo tratamento a un cabalo ceibe do monte como se lle da a unha vaca ou unha ovella, non é correcto.
Implantación de micro chip e anel identificativo. Parece unha mala broma se non fora verdade. Como se lle vai pór a un animal salvaxe un micro chip e unha anel. Para qué? . Segundo a administracción, para o seu control e rexistro. Os cabalos ceibes da Groba teñen todos a súa marca na anca dereita ( dende o primeiro curro do ano, os animais que naceron e van a seguir pastando na Groba son marcados polos seus propietarios, e esa marca non se borra con nada) e estan rexistrados no libro da asociación de propietarios. En cada curro controlase cada animal e sanease. A administración podería axudar nesta labor e , dadas as circunstancias e a historia, axudar a que non se perda a tradición e colaborar cos propietarios, agora que aínda estamos a tempo.
Por que os priopietarios son reacios a identificar os animais dun xeito distinto ao tradicional. Son varios os motivos: primeiro, por que todo ese novo proceso non o ven necesario. Segundo, por que sería costoso, e vendría a supor un gasto engadido máis a sumar a un labor xa de por si que non reporta beneficio económico. Terceiro, implicaría ter que adicarlle máis horas aos animais, horas que fora dos curros ordinarios e a vixiancia tradicional, que se fai en días de festa ou domingos - a xente non vive de esta labor como queda explicado- suporía perder horas de traballo ou non se poderían levar a cabo por imposibilidade material.
Non se pode ver esta tradición como un labor gandeiro ao uso. Os curros son manexo de animais salvaxes, que viven ceibos, e que hai que loitar para que así siga sendo. Hai que crear unha figura nova na lei, que protexa este costume, uso ou tradición. Que regule a raza e pureza de sangue ( é un tema a tratar de vagar), o saneamento e o comercio con animais procedentes do monte. Hai que protexer o Cabalo Ceibe da Groba, e axudar aos propietarios para que manteñan viva a tradición e a un animal que, como outros, están regulados e son protexidos. (touros de lidia, oso pardo, pita do monte, lobo, lontra, etc). Cada cousa no seu sitio e con un riguroso analise da situación actual e perspectivas para o futuro.
Polo de agora para nós é vital, e aí estaremos, defender ao Cabalo Ceibe da Groba, e aos arriscados que os manteñen.
Parabéns aos amigos do cabalo e, a todos, o noso alento e as nosas mans para levar adiante esa tarefa.

domingo, 11 de maio de 2008

CURRO DE A VALGA, 11 DE MAIO
















Hoxe non estamos para escribir. Hai curro na Valga, o primeiro do ano. Aló estaremos coa xente que loita por levar adiante unha tradición que se está a perder e que nós non queremos que se perda.


Aínda que parece que o tempo non axuda moito - agardamos que non chova aínda que poda caír algunha pingueira lene- ímos axudar a xotar os cabalos para o curro e colaborar no que sexa preciso. Tamén participaremos na festa que hai e convidamos dende aquí a todos/as a que nos acompañedes. Aproveitaremos para informar a xente dos problemas que ten a Groba e as nosas posicións para atallalos.


Vémonos na Valga.