venres, 30 de maio de 2008

AIRE E PAPEL




NOVA NA PRENSA DE HOXE


Cando eramos nenos aproveitábamos o aire e o papel para facelos partícipes dos nosos xogos. Daquela aínda eramos os propios nenos ou nenas os que construíamos os nosos xoguetes e os xogos. Non había nas tendas e os comercios tanto onde escoller como agora, nen había cartos para mercar o que a un lle apetecía. Para mercar unha pelota de goma para xogar ao futbol, había que esperar a noite de reis, daquela convertíase nun regalo, ou ao cumpleanos. Tamén, algunha vez xuntabamos entre todos unhas pesetas e mercabamos un balón para xogar na rúa ou nun solar que estaba perto das nosas casas. Eran outros tempos.


O papel daquela non se reciclaba como agora botandoo ao lixo ou a un depósito especial. A reciclaxe era contínua e aproveitabase sempre que chegaba as nosas mans.


Un xeito de reciclar era facer papaventos. Cunhas canas e un cordel que, a mairía das veces, aproveitabamos dos canutos dos foguetes das festas, preparabamos o papaventos para facelo voar, e con el os soños dun fato de rapaces algareiros. A loita por subir máis, a pelexa por cortarlle o rabo no aire ao dos compañeiros - eran obras colectivas, de varios rapaces xuntos- ...


Outro xeito de aproveitar o papel e ligalo co aire era o de facer tarabelas e avions. As tarabelas pintabamolas de coores e cun pequeno pau de guía, corriamos con elas na man facendo coa boca os ruídos dos motores dun hipotético avión, que ía voando á par dos outros compañeiros polas rúas e carreiros dos noso lugares de residencia.


Agora os que xogan coa aire e o papel seica son "os nosos empresarios " e os políticos que defenden o nos benestar. Os soños son outros, e as carreiras tamén.


Onde ímos a chegar? Que ceos van acadar os papaventos do secúlo XXI?


Moito me temo que estas dúas historias teñen un final moi distinto.


Mentres, nós seguimos a lembrar con agarimo ese outro xeito de usar o vento e aproveitar o papel.


mércores, 28 de maio de 2008

ESTE DOMINGO CURRO EN TORROÑA





















































Este domingo temos o segundo curro do ano en Torroña. Agardamos que o tempo mellore (as previsións dan unha melloría a partires do sábado) e se poida celebrar un bonito e vistoso curro.
SOS a SERRA DA GROBA estará de novo aí, axudando e apoiando aos propietarios dos cabalos para que a xente se anime e, entre todos, poidamos manter viva esta tradición milenaria e recuperar os animais ceibos en número e en calidade. Apostamos, como xa temos dito en outras ocasións, por animais que vaian cara a pureza de sangue para conquerir manter a especie viva e predominante na Serra da Groba. Esto traerá consigo moitas avantaxes que non se poden desprezar. Xa sabemos que este é un camiño lento e a longo prazo, mais temos que ir dando os primeiros pasos xa, para non ter que andar máis adiante con presas. Polo de agora o máis preocupante e de máis urxencia e concienciar e convencer aos sufridos propietarios de que non vendan para o matadoiro os seus animais, e manter na serra un nivel de animais sustentabel e mellor coidado. Esto siñifica saneado e rexistrado. Temos que conquerir que todos os propietarios esten asociados para ser máis fortes e para colaborar ante os problemas ou dificultades que se poidan dar.
SOS Groba ten ideas e proxectos para o futuro. Pasado este verán, teremos un diagnóstico da verdadeira situación. Xa con todos os curros celebrados e máis ou menos censaodos os animais, será o tempo de sentarse a falar de proxectos e de solucions para os problemas que se poidan plantexar.
Tamén queremos ir avisando a tódolos que teñades interese no mundo do Cabalo Ceibe e na conservación da tradición dos curros que estamos argallando a creacción dunha especie de ONG para manter apadriñados e ceibos cabalos na Serra da Groba. Xa iremos explicando e dando máis datos.
Agardamosvos a todos o domingo en Torroña.

A PAISAXE E O SEU VALOR


































































Andan no parlamento a preparar unha lei sobre a paisaxe. ¡ Tarde piache! Como sempre, poderíamos dicir, nunca é tarde si a dita é boa. Mais, algo nos dí que tanta lei de pouco vai a servir se facemos o que decote vimos facendo, ignoralas e só mentalas cando xa non hai remedio. ¡Será por falla de leis sobre o territorio!






Tódolos conselleiros dende que existe a democracia, e todólos gobernos, tentaron cubrirse as costas con leis de protección e de ordeación do territorio. Nos últimos vinte anos, o noso país leva padecido unha das maiores desfeitas, precisamente, no territorio. O parlamento e a clase política, en xeral, ten pouco creto entre a cidadanía e, por desgraza, esa corrente de opinión non mingua se non que medra cada día máis. Polo tanto, non basta con facer propaganda nos medios sobre leis que se promulgan e se promoven. Non basta con encherse a boca con declaracións mentres a realidade segue a ser teimuda e nos amosa, día a día, que é outra moi distinta a predicada polos representantes que eliximos cada catro anos .





Moitos galegos atopámonos hoxe orfos, desvalidos, superados por unha realidade que non somos quen de cambiar só coas nosas forzas. A axuda de quen debería levar a bandeira, a clase política, é máis aparente que real e, por desgraza, os feitos estánnos a dar a razón.

Desexaríamos que, o que sobre o papel podería ser unha boa ferramenta, unha nova lei sobre a paisaxe, axudara a arranxar moitos dos problemas que hoxe temos no país e nomeadamente, na Serra da Groba. Mais, moito nos tememos que non veña a supór nada máis que papel para encher outro tomo máis nos andeis dos xurístas do noso país.





Para que ninguén nos critique e nos alcume como os do non, os incongruentes e demais adxectivos que se poidan imaxinar, ímos a lembrar que dende hai tempo somos nós, precisamente, os que estamos a dicir que a paisaxe é un valor que non é mensurable ni tasable. A Serra da Groba atesoura deste valor unha grande hucha sobordada por tódolas caras, norte, sur, leste e oeste. Só hai que abrilos ollos e deixarse asolagar por esa vaga que devala polo horizonte.












Para que conste, unhas olladas dende os nosos arquivos de fotos.











NOVA NO XORNAL GALICIA HOXE





http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=305604

martes, 27 de maio de 2008

BAIONA. TESTEMUÑAS FIXAS

Árbores que sofren rodeados de mil cousas alleas.


























Convidamos hoxe aos que nos visiten a que boten unha ollada por estas testemuñas fixas na Vila de Baiona. Cada unha delas suxírenos mil e unha historia. De seguro que calquera veciño ou visitante asiduo podería facer un relato interesante sobre esas pequenas cousas que están cargadas de histoira. A vida e o latexar dun pobo sempre é algo máis que esa historia que se conta nos libros ou da que falan os expertos historiadores. Os ollos cegos das cousas ven sempre. Os dos homes, só mentras teñen vida ou alguén que os lembre.
Memoria e olladas sinxelas poden ir xunguidas para facer as letras que han compor a historia grande, a que se escribe esquecendo a maior parte dos feitos salientando só o que interesa a quen a escribe. A nós, hoxe, interésanos que botedes unha ollada aos arredores e contedes a vosa historia. Si a queredes escribir, ben. Se non, contádella a quen teñades ao carón: convertiráse no eco que a leve... a calquera parte.






















¡Mans que te fixeron!
























Alianto. Quén te trouxo a este lugar?

























¡Que ben se facían as cousas!


























¡Quen te viú e quen te ve!




















Símboloxía con intención?



















E ti que miras?






















Sinxeleza iluminada.



















Detalle artístico.

luns, 26 de maio de 2008

VENTO EN POPA








Moitas novas temos deste domingo. Por unha banda as que aparecereon no xornal La Voz de Galicia sobre o negocio eólico. Unha moi boa explicación de como funciona un aeroxerador e os seus custos de montaxe e os beneficios que produce. Xa non somos nós sós os que falamos de que os pior parados seguen a ser os propietarios dos montes ou terreos nos que se instalan. Nun negocio tan lucrativo segue a ser perdedor o paisano, o pobo, a xente do común. Este non deixa de ser un grande negocio para empresas que tiran grandes beneficios e, por moita propaganda e veces que o diga o sr. Conselleiro de Industria, non é suficiente esa miseria que se paga aos propietarios da terra e case nada aos milleiros de galegos que perdemos a paisaxe, os ecosistemas e o dereito a ver monte onde sempre houbo monte. Todo o demáis son ganas de enlear e privilexios para os de sempre. A enerxía é necesaria, sí. O consumo cada vez é maior, sí. Mais, a solución non está en producir máis a calquera prezo, se non en optimizar e reducir consumos, en favorecer a xeración doméstica e as vivendas autosuficentes, pero de verdade e non só en publicidade de campañas que non levan a ningures.
Leede as novas da prensa e... vos mesmos.
Outra co vento coo protagonísta
ONTE MANIFESTACIÓN EN VIGO DA RÍA NON SE VENDE












SOS a Serra da Groba estivo onte na manifestación da Ría non se Vende en Vigo, apoiando aos compañeiros que estan a loitar por conservar e protexer a ría e os seus ecosistemas.


Nos xornais de hoxe podemos comprobar como a nova é tratada de moi distinto xeito. O xornal Faro de Vigo fai unha lectura vergoñenta do que sucedeu, mal informando e ignorando datos que calquera pode comprobar se ten o mínimo interese en coñecer. Fala de mil manifestantes. Cando a manifestación chegou a Praza da Industria, despois de percorrer toda a rúa de Torrecedeira, calquera que se atopara no lugar poido comprobar a grande cantidade de xente que seguía o grande paseo reivindicativo que supuxo a manifestación. xa sabemos de que pé coxea este xornal, e cada día entendemos mellor por que Vigo ten os males ou desgrazas que ten. Son os cidadáns de Vigo os que teñen que valorar que cidade e futuro queren, evidentemente, mais polo de agora, a mentira non pode ser nunca o chanzo primeiro para escomenzar a entrada nun futuro mellor.






A nosa valoración é a dun día fermoso e cunha grande participación, que aínda que podería ser maior, foi siñificativa e cualitativamente moi importante. Apoiamos integramente o manifesto que leeron os compañeiros/as e sumamos os nosos esforzos para acadar un Vigo e unha ría mellor. Que non esquezan os vigueses que a ría non é só Vigo, hai moito máis desta e da outra banda da ría, e un bo exemplo tivémolo onte.

Goberne quen goberne a ría non se vende.












domingo, 25 de maio de 2008

A RÍA NON SE VENDE





















Hoxe ás 12, dende a praza da Estrela en Vigo saírá a manifestación en defensa do litoral. Este venres aistimos a presentación dun video sobre a problematica da nosa ría e os ataque que está a sufrir e, se non se paran, seguirá sufrindo.
A sociedade civil ten que protestar e dununciar a falla de firmeza de tódalas autoridades implicadas que , dende hai anos, veñen deixando facer sen que se cumpran as leis e sen manter uns mínimos criterios de sustentabilidade.

Ás 12 na praza da Estrela. O tempo acompaña.

SAÚDE PARA O NOSO FOLCLORE





Un pracer. Un grande pracer e unha ledicia escoitar e ver a Xavier Blanco, o ghaiteiro de Moaña, na súa actuación no Auditorio de Baiona. Parabéns para Moncho e a Asociación A SENEIRA. Con xentes como eles o lume que alampea xamais o veremos morto.
PATRIMONIO DE BAIONA








Nun paseo demorado por Baiona, ficamónos nagúns detalles do seu patrimonio pequeno, agochado nos pequenos recunchos ou a carón de outro máis salientable.
Encetamos hoxe aquí unha pequena mostra.