sábado, 7 de xuño de 2008

ESTE DOMINGO CURRO EN MOUGÁS







































Seguindo co noso periplo polos curros da Serra da Groba, tócanos mañán estar no curro de Mougás.
Esperamos que entren moitos cabalos e que o día sexa bo para todos.
Para os que queirades achegarvos e non coñozades o camiño é moi doado:
Hai que achegarse ata Baiona. Na entrada da vila, xusto ao pasar a gasolineira, colledes a rúa que sobe a esquerda e seguides sempre para arriba, en dirección A Groba. Ao pasar a zona recreativa de Chan da Lagoa ( uns 3 Km), seguides para arriba e un Km máis ou menos, xa vedes un cruce a esquerda con un pequeno cartel que indica a dirección Curro de Mougás. Xa por esa pista de terra hai que andar 1 Km +_ e, sempre baixando, chegaredes ao curro. Si ides en cohe, recomendámosvos, que baixedes ata o ultimo cruce, aparquedes por alí, e que baixedes un 300 m. a pé.


Vémonos no curro.

venres, 6 de xuño de 2008

O REVOLTALLO DO NEGOCIO DAS ENERXÍAS

















Estes días son moitas as noticias relacionadas coa enerxía e os problemas que está a causar, por en riba e por abaixo. Por enriba, cos movementos de capitais e loitas por situarse para acadar bos postos de saída nos novos repartos.



Por abaixo, a supresión da tarifa nocturna e a suba do precio xeneralizado de ata un 6 por cento no recibo da luz.



A xente do común, os simples mortais que pagamos impostos e somos sufridores das políticas da macroeconomía, e das subas dos combustibles manexadas especulativamente por empresas e gobernos, sen importarlles moito a fame e a pobreza de milleiros de persoas, seguimos a ficar pampos e cabreados. Todos os axentes que moven os fíos do negocio enerxético, están a falar de repartir millóns e millóns de euros en beneficios e en fusións para ganar máis, mentres media humanidade morre de fame e pasa calamidades.



As consecuencias, como sempre, pagarémolas todos, os de abaixo.



¡Cando chegará o día de berrar todos a unha, basta xa!



É polo que nós dícimos, alto e claro:



!BASTA XA¡

NOVAS RELACIONADAS NO XORNAL EL PAÍS DE HOXE


http://www.elpais.com/articulo/economia/Red/Electrica/invertira/4000/millones/garantizar/suministro/elpepueco/20080606elpepueco_6/Tes



http://www.elpais.com/articulo/Galicia/grupo/energetico/liderado/Jove/rompe/elpepuespgal/20080606elpgal_1/Tes

xoves, 5 de xuño de 2008

DO 18 DE XULLO AO 18 DE XUÑO












Hai un cantos anos de diferenza entre as datas. Falamos do 18 de xullo do 36 e do 18 de xuño do 2008. Non se poden comparar, efectivamente, mais si nos da pé a nós para facer este xogo no encabezamento e para que fique gravada nas nosas memorias a nova data como a do comezo dun novo tempo no xeito de facer política no noso país.



Dun primeiro e esperanzador intre - un consello da xunta de esquerdas con un PSOE e un BNG con ganas de marcar distancias con respecto aos anteriores gobernos do PP) co paso dos días, meses ... xa a esperanza se vai perdendo. Non son as palabras nin a propaganda a que convencen. Son os feitos e o que sempre se chamou como as formas. Estamos dubidando xa tanto dunhas como de outras, e non precisamente por que teñamos cambiado de ideoloxía, xeito de pensar ou como ás veces ocorre, ganas de amolar ao que está no poder.



Feitos. Eso é o que queremos. Racionalidade, e non discrecioanalidade e mentiras.



Polo que se leva visto, non empezou ben todo este tema do Plan Eólico e as concesións pendentes como é o caso do Alvariño I. No mes de agosto do 2007 a exposición pública? Parece como se foran os mesmos lobos con distintos pelexos.



Xa temos ás portas outro mes de agosto, e moito nos tememos que vai a haber sorpresas. Polo de pronto a data do 18 de xuño vai ficar gravada nas nosas memorias como histórica. Agora ben, depende do señor conselleiro de Industria e do seu equipo que sexa verdadeiramente histórica - en positivo- ou da negra historia dun país farto xa de tanto asoballamento e manipulación.



Que a sorte nos acompañe a todos, e que por unha vez, podamos a bendecir o día que chegaron "os nosos" ao poder e non ter que repetir o chascarrillo que anda na voz das xentes polas rúas, " escapa que veñen os nosos".



A VOZ DE GALICIA SEGUE CO SEU INTERESE SOBRE O TEMA









domingo, 1 de xuño de 2008

MANIFESTACIÓN EN CONTRA DO PARQUE EÓLICO































Este domingo houbo na Serra da Groba unha manifestación contra do Parque Éolico que se quere instalar nos cumes. A primeira hora da mañan foronse xuntando os participantes chegados de moitos lugares. Dende A Cruz da Calzada, Fonte Salgueiro, O Campuchán, O Foxo Pedriño, O Corno Ladredo, o Curuto do Corvo, Os Altos do Castelo, foronse achegando pasando pola Meniña das Chans e o Padornelo para enfiar cara as Chans de Torroña. Do Costado e o Alto da Lebre e A Gabiñeira foron baixando para a Serriña e a Cruz de Pao. Polo sur, dende os cumes do Carrubelo e a Portela dirixíronse tamén ata o Curro de Torroña onde unha gran cantidade de xente agardaba o paso da manifestación, que fixo unha parada para xuntárense todos antes de facer a entrada no recinto entre os berros e apupos de algúns que non entendían ben tamaña manifestación.








Os manifestantes ían en grande grupos, acompañados de crianzas que tamén quixeron acompañar aos seus maiores na manifestación en defensa dun Espazo Natural e Cultural, que veñen gozando dende vello e que agora está en perigo.








Chegados en tumultuosa grea, fixeron unha entrada impoñente para admiración dos presentes que no poideron conter os urros de admiración e sorpresa.








Xa no recinto decidiron facer un descanso ata despois da hora do xantar en que retomaron os movementos reivindicativos entrando todos a unha no curro. As crianzas foron apartadas para unha gardería feita para acoller aos máis pequenos e librálos de posibles accidentes.








Houbo un tempo de debate e loita con humans, pechados todos no recinto do curro, ata que pouco a pouco se foi chegando a un acordo. Os humans fixeronlle un servizo de perruquería, co corte das crinas e un tratamento para a pel, os insectos e outros parasitos. En troques, as bestas foron saíndo de unha en unha, ás veces manifestando a disconformidade polo trato recibido, outras algo nervosas polo balbordo e os malos modos dalgúns.








De calquera xeito, todo foi saíndo segundo o previsto, e as bestas acordaron seguir facendo o seu traballo nos montes da serra, limpando e desbrozando o mato, coa condición de que os humans coiden a natureza e non lle industrialicen a serra. Tamén acordaron xuntárense outra vez para o mes de agosto. No trato acordouse que no verán hai que repetir o tratamento para os insectos e respectar o pactado perante todo o ano. Outro punto que se acordou foi o de pórlle unha tatuaxe a cada besta na súa anca ( unhas na dereita e outras na esquerda, vai en gustos) e nada de pircins nas orellas nin en calquera outra parte do corpo. Díxose que hai tradicións que pesan máis que calquera lei nova, e que o dereito consetuodinario galego fíxose seguindo o que é costume e ben se acorda entre as partes.








Os manifestantes dispersáronse en pequenos grupos, e os espectadores ficaron contentos e felices polos acordos acadados, prometendo cumprir o pactado e repetir no mes de agosto.








Que así sexa.








Ante o visto hoxe, non hai moito máis que comentar. Só reiterar que apoiamos a manifestación e a reivindicación de deixar a SERRA DA GROBA LIBRE e sen aparellos que perturben o seu desenrolo natural e tradicional: Por un espazo natural e cultural NON AO PARQUE EÓLICO na Serra da Groba.

HOXE CURRO EN TORROÑA


Ímos para Torroña. O curro de Torroña é un dos que máis cabalos mete e no que se poden ver imaxes moi fermosas cos cabalos xuntandose nas chans, baixando dende o Padornelo.

O tempo parece que vai a aguantar e axudará.


NOVAS NA PRENSA HOXE





Non falla. Xa o temos dito hai tempo e reiteramolo agora: La Voz de Galicia está a facer unha campaña de información moi concreta sobre o tema das Eólicas. O domingo pasado informaba en catro páxinas de como funciona o negocio e como é un aeroxerador por dentro, así como do sistema para implantalos no país. Hoxe continúa coa súa información e arrrimando a brasa para onde lle convén. Que informen, para eso están os medios. Mais ! ollo o piollo¡ aquí ninguén é neutral, que quede claro. Os intereses son moitos e cada vez vaise vendo mellor o posicionamento de cada quen.

A nosa posiición xa a sabedes. Si ao negocio eólico pero non como nolo queren pór en todo o país. O negocio para o pobo e a preservación por riba da especulación.

Todo o demais... fume e foghetes.

RÚA XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ






















Dende este venres Nigrán ten unha rúa adicada a Xosé María Álvarez Blázquez. O acto programado nun principio para o día 15 de maio, adiouse por un problema de saúde do seu fillo Pepe que non podía estar presente.






Este venres con todos os seus fillos presentes, por fin celebrouse o acto promovido pola Concellalía de Cultura do concello de Nigrán.






Parabéns a todos e, sobor de todo, a familia. Don Xosé María estaría ledo por ter perto de onde pasou bos e malos momentos, na telleira que rexentou, unha rúa co seu nome co que o pobo de Nigrán lle rende este homenaxe.
No acto que seguiú a inaguaración Alfonso e Celso falaron do seu pai e dalgúns intres da súa vida. O salón cheo de público rendeu a homenaxe popular que Álvarez Bláquez merece nes te seu ano e tódolos demias que veñan despois.