sábado, 14 de xuño de 2008
1º VALEDOR DOS CURROS
Onte en Couso fíxose entrega do primeiro pergameo de honra como Valedor dos Curros, a Xosé Luís Méndez Ferrín. O concello de Gondomar, decidido a botar unha man para que a milenaria tradición dos curros de cabalos non desaparezan, ven de promover unha iniciativa para axudar as asociacións de propietarios de cabalos do monte e organizadores dos curros do seu concello, para colaborar na organización e a difusión dos mesmos. A primeira das iniciativas consiste en editar uns carteis anunciando os curros que se celebran no concello e as datas. Morgadáns o 3º domingo de xuño (mañán), San Cibrán 4º domingo de xuño, e O Galiñeiro 2º domingo de xullo. Tamén editaron uns folletos cun texto de Anxo Angueira e fotografías de Tokio (Alfredo López) nos que se fala dos cabalos e dos curros e algunhas curiosidades relacionadas. A terceira das iniciativas foi a de nomear Valedor dos Curros a Ferrín. Nunha cea na que estaban presentes os representantes dos curros de Gondomar e da Serra da Groba, así como amigos e amantes dos cabalos, fíxose a entrega do pergameo que acredita o nomeamento. Ferrín agradeu a honra que lle fai o concello de Gondomar e contounos a súa relación e posición co mundo do cabalo, que ven de vello e que ten amosado tanto na súa obra poética como na xornalística.
Anxo Angueira recitou do poemario Estirpe un poema alusivo e Antón, o concelleiro de medio ambente fíxolle a entrega do pergameo, ante a presenza dos amigos e o alcalde Antonio Arauxo e outros membros do equipo de goberno do concello.
Nós, SOS a Serra da Groba, estivemos presentes e tamén agasallamos a Ferrín coa nosa camiseta e a nosa chapa, así como con un detalle que tíñamos pendente con él, e que agradeceu publicamente.
Queremos salientar o compromiso de Ferrín coa defensa do cabalo do monte e a colaboración que sempre prestou a SOS Groba e que, onte unha vez máis, manifestou con palabras de alento e apoio para a causa que defendemos: a posta en valor da Serra da Groba e a defensa do seu patrimonio natural e cultural.
Parabén para o concello e todos os que colaboraron nesta iniciativa, e o noso apoio persoal e colectivo.
venres, 13 de xuño de 2008
DEPENDE DELES

DEPENDE DELES


ONTE
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Gobierno/garantiza/conexion/red/futuros/parques/eolicos/elpepiautgal/20080612elpgal_10/Tes
HOXE
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/asegura/Gobierno/conectara/red/nuevas/eolicas/elpepuespgal/20080613elpgal_5/Tes
MAÑÁN
O goberno recapacita e decide conservar os espacios naturais afectados pola instalación dos novos parque eólicos.
Estaría ben que así fose e primase o sentido común e non só o económico, que digan o que digan, é o que manda. Xa parece aburrida, por repetida, a cantinela de que non se pode deixar nas mans do capital e da necesidade de producción de enerxía, a expansión dos parques eólicos. Mais, hai que seguir repetindoo unha e outra vez, ata que todos, absolutamente todos, teñamos claro o que queremos e a costa de que. As vellas experiencias sufridas por este noso país, abondan para sospeitar. Tamén os dúbidosos e pouco claros procedementos seguidos, nos que aínda son as empresas as que mandan, aínda que o señor conselleiro pareza que se pon firme e tente amosar o contrario. Ao remate serán os feitos os que quitarán ou darán razóns.
Polo de agora, todo segue a ser dubidoso e o que é pior ao noso entender, perigoso.
mércores, 11 de xuño de 2008
OS CURROS DE GONDOMAR E FERRÍN

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008061100_3_232878__Comarcas-falta-aloitadores-pone-riesgo-continuidad-curros-Gondomar
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008061100_3_232879__Nombran-Mendez-Ferrin-valedor-festejos
Nas novas da prensa hoxe sobre os curros de Gondomar e os perigos que, como aos demais de todo o val Miñor, ameazan a súa celebración.
Dende aquí, queremos sumarnos a iniciativa do Concello de Gondomar de prestar axuda para que esta tradición milenaria non esmoreza. Dar os nosos parabéns e felicitacións a Xosé Luís Méndez Ferrín por a mención como valedor dos curros, que tan merecida é. Somos testemuñas do seu interese por axudar e colaborar, xa con escritos na prensa, xa en manifestacións públicas.
Este domingo estaremos en Morgadáns apoiando aos amantes do Cabalo Ceibe Galego, e botando unha man no curro.
Reiteramos os nosos parabén para o concello de Gondomar e para Antón ,Arauxo e os presidentes dos curros. Todos xuntos podemos darlle aire e moita vida a nosa tradicional festa dos curros.
ENQUISA SOBRE OS CABALOS CEIBES NOS CAMPOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Seguindo co fío de onte, recuperamos esta enquisa feita pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo encol dos accidentes que se producen nas súas instalacións cos cabalos como involuntarios protagonístas.
Interesantes reflexións e resultados.
http://webs.uvigo.es/oma/cabalos.htm
martes, 10 de xuño de 2008
ACCIDENTES
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/06/10/0003_6892941.htm
Os accidentes están sendo, cada día que pasa, máis comúns e supoñen un perigo e un dos problemas cos que se teñen que enfrentar os propietarios dos cabalos ceibos.
As pistas, as estradas e o maior número de vehículos transitando perto ou por os lugares onde pastan e viven os nosos cabalos ceibos, son algunhas das causas de que nas estatísticas anuais aparezan máis accidentes cos cabalos como protagonístas involuntarios.
Como temos dito en outros apuntamentos, os lumes do veran do 2006 que deixaron sen pasto aos animais, tamén influe moito en que as mandas se veñan a lugares máis próximos as casas e as estradas.
A urbanización do monte, a instalación e creación de novas infraestruturas en lugares onde, hoxe case inaccesibles para os vehículos, nunca houbo atrancos para que os cabalos pastasen ceibos, supón unha grande pexa para que as mandas ceibes fagan o que fixeron sempre, percorrer os cumes e as penichairas nos seus cíclicos paseos de pacer, que poderíamos dicír.
Son os débiles os que necesitan protección. Neste caso non é o automóbil o que necesita a nosa axuda e protección. Aínda que o protagonísta da nova que recollemos do xornal La Voz de Galicia, se atopara nun lugar algo afastado da nosa Serra da Groba, servenos para facer a reflexión sobre un dos perigos e problemas cos que se atopan , máis frecuentemente do que fora desexable, os nosos propietarios de cabalos ceibos.
Para rematar, só lembrar que a instalación do parque eólico na Serra da Groba, vai a supor algo moi pareccido o que supuxo a construcción das instalacións da Universidade de Vigo nos campos da Lagoa. O monte é monte e non podemos nin debemos botar del aos seus lexítimos habitantes. Todo o que pase despois, e consecuencia dos erros que se cometen en nome do progreso. No século pasado tivemos moitos exemplos que agora, xa no século XXI ímos ir pagando pouco a pouco, mal que nos pese.
Os accidentes están sendo, cada día que pasa, máis comúns e supoñen un perigo e un dos problemas cos que se teñen que enfrentar os propietarios dos cabalos ceibos.
As pistas, as estradas e o maior número de vehículos transitando perto ou por os lugares onde pastan e viven os nosos cabalos ceibos, son algunhas das causas de que nas estatísticas anuais aparezan máis accidentes cos cabalos como protagonístas involuntarios.
Como temos dito en outros apuntamentos, os lumes do veran do 2006 que deixaron sen pasto aos animais, tamén influe moito en que as mandas se veñan a lugares máis próximos as casas e as estradas.
A urbanización do monte, a instalación e creación de novas infraestruturas en lugares onde, hoxe case inaccesibles para os vehículos, nunca houbo atrancos para que os cabalos pastasen ceibos, supón unha grande pexa para que as mandas ceibes fagan o que fixeron sempre, percorrer os cumes e as penichairas nos seus cíclicos paseos de pacer, que poderíamos dicír.
Son os débiles os que necesitan protección. Neste caso non é o automóbil o que necesita a nosa axuda e protección. Aínda que o protagonísta da nova que recollemos do xornal La Voz de Galicia, se atopara nun lugar algo afastado da nosa Serra da Groba, servenos para facer a reflexión sobre un dos perigos e problemas cos que se atopan , máis frecuentemente do que fora desexable, os nosos propietarios de cabalos ceibos.
Para rematar, só lembrar que a instalación do parque eólico na Serra da Groba, vai a supor algo moi pareccido o que supuxo a construcción das instalacións da Universidade de Vigo nos campos da Lagoa. O monte é monte e non podemos nin debemos botar del aos seus lexítimos habitantes. Todo o que pase despois, e consecuencia dos erros que se cometen en nome do progreso. No século pasado tivemos moitos exemplos que agora, xa no século XXI ímos ir pagando pouco a pouco, mal que nos pese.
luns, 9 de xuño de 2008
DE ONTE E HOXE
O MUNDO DO NEGOCIO EÓLICO MÓVESE
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008060900_10_232458__Economia-adquiere-operador-energia-eolica-Urvasco-Energia
NOVAS NA PENEIRA
http://www.apeneira.com/seccion/defioafondo/defioafondo_trece.php
O CURRO DE MOUGÁS
http://mas.farodevigo.es/galeria/
Onte estivemos no curro de Mougás. Moita xente e moitos cabalos entraron no curro. Habería uns 600 animais que deixaron moitas estampas de fermoso feitío. Cada día certíficase máis a nosa idea de que esta tradición ancestral pode ser unha boa fonte de iniciativas para pór en valor a serra. Unha vez máis poidemos comprobar como os propietarios dos cabalos se esforzan por que esta tradición non morra e, con moito traballo e sacrificio, loitan por manter os animais no monte. Poidemos tamén escoitar as queixas e os temores. Achegámonos aos máis vellos -neles está a sabiduría e a caixa que garda a verdadeira tradición, o tesouro do noso patrimonio senlleiro- para falar con eles e inquerir sobre como ven a situación. Reconfórtanos, e dános pulos e folgos para seguir e coller a testemuña, o falar con homes como Cosme de Belesar, 84 anos, que paseando entre a grea vai asexando por riba das cabezas das "burras", buscando nos cuartos traseiros os marcos, ollando os poldros e relembrando o pasado. Él seguirá mentres o corpo aguante e a súa economía llo permita, aínda que e consciente dos perigos que se veñen enriba. Palabras súas: "non se pode pechar todo o monte e deixar aos animais que estaban aí antes que nós, sen pasto, sen lugares para manterse. Estamos de acordo en que hai que repoboar o monte, plantar, pero non todo xunto e fechar quilometros de monte sen deixar case nada para os animais. Habería que fechar cada ano unha parte do monte, para ir abrindo e fechando segundo fosen crecendo as árbores. Habería monte para todos e non teríamos o perigo de que algún cabreado ou inconsciente lle plante lume outra vez". Estas e outras moitas, foron palabras sabias de vello, que nos compartímos .
Escoitar aos nosos maiores que saben. Eles, os que saben, tamén escoitan e deixan falar. Diálogo, analise, diagnose e conclusións. Todo eso é o que nos espera e o que nós propómos. Polo de agora: grazas aos homes como Cosme que sen pedir nada co seu exemplo nos dan moito.
domingo, 8 de xuño de 2008
"LISTOS E AGUDOS"



Hai familias que teñen moita sorte, e tamén hai familias que traballan arreo para trunfar e dá
s que, os que as envexan, dicen "que sorte teñen".
Outras non teñen nin unha cousa nen outra, mais son atrevidos e entrarían nas categorías dos listos por unha banda, e dos agudos pola outra. Dentro de cada unha de estas categorías habería unha chea de subdivisións que o pobo califica e nomea, ás veces con moito enxenio, e que incluso chegan a dar nome a toda a familia cun alcume que se pasa de pais a fillos. Todos, se pensamos nos nosos coñecidos ou no noso pobo, coñecemos algún caso.
Ven esta introducción hoxe a conta dunha nova que lin no xornal El País e que , ao remate, relaciona o tema enerxético e especulativo co trafego de influencias e poder.
Segundo temos comprobado, as mil veces publicitadas axudas para a instalación de paneis solares, foron un de tantos blufs do antigo goberno Fraga que só concedeu axudas a grandes empresarios e amigos para facer proxectos industriais especulativos, e que non chegou a nengún particular. A nova lei de instalación de paneis solais obrigatorios nas novas vivendas, tamén moi publicitada, ficou xa no esquecemento e dela non se volveu a saber nada.
O homiño pequeno de Ourense, ese "pequeno gran home", controlador hexemónico do poder na provincia , parece que quere asegurar a súa retirada e completar a falla de ingresos futuros, con unha axuda ou bolsa de ingresos provintes de o negocio enerxético. As leiras que ninguén roza, sacha ou labora convertímolas en parques solares.
Está claro que uns son máis "listos" ou "agudos" que outros, de aí o aumento do seu patrimonio e as rendas que teñen dispersas por bancos, caixas e chiringuitos de inversión.
O caso é que, dentro das outras categorías ou subdivisións que califican a eses grupos de familias, acaenlle un feixe de alcumes e calificativos que non ímos repetir aquí, mais que andan nas bocas das xentes pola rúa. Esa parte deixámola hoxe para todos os que nos leen.
Ímos cara o curro de Mougás. O tempo acompaña e o día pode ser fermoso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)