sábado, 28 de xuño de 2008

UNHA VEZ MÁIS: GRAZAS, MESTRE

















Non ímos engadir máis. Só reiterar as grazas ao admirado mestre Xosé Luís Méndez Ferrín polo seu artigo de hoxe no suplemento El sábado no xornal Faro de Vigo. No seu espazo No fondo dos espellos titula O curro das mortes




Non se pode explicar mellor.













MAÑÁN É O CURRO DE MORGADÁNS




Mañán vai a celebrarse o Curro de Morgadáns, adiado por mor da chuvia do pasado día 15.




Parece que o tempo vai acompañar.




Sorte e que sega a tradición.

venres, 27 de xuño de 2008

E PARA CANDO A SERRA DA GROBA?








































http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008062700_5_237590__Opinion-Parque-Natural





Aledase Ferrín no seu artigo de hoxe da inclusión dos montes do Galiñeiro dentro do Parque Natural Aloia-Galiñeiro. Nós tamén. Agora, e para cando a inclusión da Serra da Groba nun parque natural e cultural que a protexa e potencie todo eso que Ferrín gaba no seu artigo ? A Serra da Groba ten unha grande potencialidade e está a padecer un grave risco de perder moitos dos seus valores fundamentais. A industrialización, coa implantación do parque eólico, suporía unha grande fenda no corpo dunha paraxe que merece máis respecto e maís protección. A suma da Serra da Groba ao parque Aloia-Galiñeiro podería ser unha boa mediciña e un bo reconstituínte para o noso patrimonio natural e cultural.





Parabéns para o Galiñeiro, e os nosos desexos de que a consellería non pare aí e escoite o SOS que lle mandamos dende a Groba.

NOVA NO PAÍS DE HOXE
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/lobos/depredan/manadas/potros/Lugo/elpepuespgal/20080627elpgal_8/Tes

xoves, 26 de xuño de 2008

É O CABALO CEIBE?
















NOVAS NO XORNAL EL PAÍS


No xornal El País de hoxe vemos dúas novas que teñen que ver coa nosa problematica.
Na primeira aparece unha nova que fai referencia a protección do lobo como Patrimonio Galego. Os que nos seguides xa coñecedes a nosa opinión sobre a protección do ecosistema, animais, prantas e patrimonio inmaterial e arqueolóxico.
O Cabalo Ceibe Galego, os cabalos galicianos, os Garranos, as burras do monte xa mencionadas polos cronistas romanos cando chegaron ás nosas terras, están hoxe en perigo de extinción, e son un patrimonio natural e cultural cunha raza nosa, o cabalo de pura raza galega.
Nunha proposta que temos para a Serra da Groba está a da protección do Cabalo Ceibe. A creación dunha figura de protección que axude a que non desapareza dos nosos montes.
Hoxe vemos como, cun animal como é o lobo, se crea esa figura e se pretende a súa protección integral, axudando en todos os ámbetos nos que sexa necesario.
Alédanos ese interese pola defensa do noso patrimonio natural e cultural. Agora tócanos a nós mover ficha e propor que se faga o mesmo co noso Cabalo Ceibe da Groba. Os nosos cabalos non van ser menos que o lobo.





mércores, 25 de xuño de 2008

martes, 24 de xuño de 2008

A RESPOSTA ESTÁ NO VENTO











NOVAS NA PRENSA HOXE

















Temos na prensa de hoxe máis novas ao respecto do concurso eólico.

Para 2300 MW que se reparten , hai máis de 20.000 solicitados. Parece que hai moito interese, pois polo que se ve, o negocio é redondo e os beneficios grandes.

Alguén se parou a pensar o que vai a significar na paisaxe do noso país a instalación de todos eses novos parques?

Onde e como se van a instalar?
Polo que imos sabendo, cada día van aparecendo novas relacionadas co tema, que nos dín que non hai un concello nen un monte sin ser susceptible de ser tocado pola vara máxica da instalación dun parque eólico.
A consellería de Medio Ambente está a facer propaganda da nova lei da paisaxe. Segundo o noso conselleiro, a paisaxe galega vai a estar asegurada e protexida. Como dín os vellos "que deus nos colla confesados". Cando se lexisla tanto e non se fai cumprir o grande paquete de leis que xa existen, que nos espera?.
Será por leis. Dende que existe a democracia, a partires do ano 1977, promulgáronse milleiros de leis que non conseguiron que estes últimos anos fosen os máis destructivos da historia do nos país en tempos de paz.
Máis leis non é-por desgraza- sinónimo de máis protección.

Na Serra da Groba estamos a ver como a lei está feita a medida para permitir a destrucción silandeira - pero destrucción- do noso máis grande patrimonio: unha serra limpa de industria, coidada e protexida de verdade. A tan desexada Rede Natura só vai a protexer a cara oeste da serra, a que da ao mar, a que se ve dende a estrada que vai de Baiona á Garda. Os cumes, as penichairas, os humedais, as regueiras nas que hai máis variedade de especies animais e vexetais vivas, esa queda exenta de protección. A Chan do Cereixo, As Chans de Torroña, As Chans da Calzada e da fonte Salgueiro, A Valga... esas non van a ser protexidas pola rede natura.
A que xoga o señor conselleiro coas manifestacións que está a dar na prensa? A quen quere enganar?
A resposta ven no vento. Cando chegue ata nós, igual
nos barre a todos coma un furacan enxendrado na mesa dalgún despacho.

luns, 23 de xuño de 2008

O CURRO DE SAN CIBRÁN














































Enlace coa reportaxe do curro no programa España directo.

Onte estivemos no curro de San Cibrán. Moi poucos cabalos ceibes. Por mor da brétema que subiú do mar nalgúns intres da mañán, e polos problemas que vimos apuntando nos nosos comentarios, os cabalos van a menos na nosa serra.
Moita xente e un grande ambente de festa. Moito cabaleiro e monturas de todo tipo a pasear polas chans da Portavedra e da Chan do Cereixo. A afición polo cabalo vai a máis e as burras do monte a menos. Todos os que queremos aos cabalos debemos xuntar esforzos para que a milenaria tradición non se perda e, por moitos anos, poidamos seguir vendo estes animais ceibos pola nosa serra.
A RTVE estivo alí para dar en directo unha pequena reportaxe de dous minutos. Os gandeiros tiveron a xentileza de agardar uns minutos e modificar o ritmo tradiconal do curro para que poidese saír a imaxe da nosa festa. Mágoa de que non estivesen en Mougás ou Torroña, onde o número de animais e maior.
De tódolos xeitos, noraboa ao goberno do concello de Gondomar que tenta axudar e colabouro na difusión e publicidade dos curros cun magnifico cartaz e un tríptico explicativo. As axudas todas son poucas, e boa falla fan.


















































domingo, 22 de xuño de 2008

HOXE CURRO EN SAN CIBRÁN



















































NOVAS NA PRENSA

FARO DE VIGO
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008062200_4_236066__GALICIA-demanda-para-instalar-energia-solar-Galicia-triplica-prevista-2012


EL PAÍS

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/hay/gigantes/molinos/elpepuespgal/20080622elpgal_10/Tes


LA VOZ DE GALICIA

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/06/22/0003_6927247.htm


http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/06/22/0003_6927248.htm


http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/06/22/0003_6927249.htm

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/06/22/0003_6926075.htm


Na prensa de hoxe hai moitas novas relacionadas coa enerxía, e un artigo interesante de Suso de Toro sobre algúns detalles dos que temos falado abondo neste blog.

Lembrar que hoxe, se a brétema o permite, celebrase o Curro de San Cibrán. Alí estaremos . Para os que queirades achegarvos, nós saímos dende a Ramallosa, fronte ao cine, ás 11 h. Para subir podedes ir por Sabarís e ao chegar a Ferretería da Cruz Roja, coller a esquerda a estrada que sube e seguir sempre de fronte ata chegar a San Cibrán. Alí hai que seguir subindo pola estrada que vai a Pinzás e ao pasar o cruce da Portavedra xa vedes o curro e a morea de xente que, dende o venres, está acampada por alí. Outro sitio para subir é por Donas, pasar a igrexa e subir a costa do Chosco ata chegar a San Cibrán e o logo o mesmo que dicíamos antes.

Este curro de San Cibrán, ou tamén chamado de Pinzás e da Portavedra, é dos que entran menos cabalos, arredor duns 150, 175. Pola contra, está moi cerca e ben comunicado e nunha paraxe fermosisíma como é toda a Chan do Cereixo. O bonito é a entrada dos cabalos no curro. Dende a Alpuxarra, alo no fondo da chan do Cereixo, fáise unha parada e cercanse os cabalos co cordón de xente e cabalistas. Xuntando varas que se van collendo entre os asistentes, pechase o cordón e vaise xotando paseniño a grea ata chegar ao curro. Ten o seu aquel todo o proceso, e o percorrido polas chans enchoupadas e cheas de rans é un espectaculo. As burras do Cereixo, dín que son moi bravas e tentan fuxir sempre, polo cal hai que andar moi atentos para xuntalas e conseguir que cheguen ao curro.

Agardamos que a brétema levante e teñamos un bo día.