venres, 4 de xullo de 2008

O FUTURO ENERXÉTICO

NOVAS NA PRENSA HOXE
EL PAIS
Parece que o precio do petroleo e os problemas da produción de enerxía favorecen a aparición de novas, que se está preparando hai tempo, e que é agora cando atopan o terreo extercado para sementar na opinión pública a idea de que a salvación e solución a todos os nosos males está na enerxía atómica.
No mundo da economía non hai casualidades. Os grandes capitais que moven os fíos, preparan con tempo e teimosía as súas estratexias. O problema enerxético, sendo real, está creado e favorecido para controlar as economías e autonomías dos gobernos. Para facer menos autónomos e independentes aos países, para manipular e controlar a economía e, en definitiva, o poder.
Técnicamente hai solucións para fornecer de enerxía a todo o mundo, para dar de comer a todos e que ninguén, en sexa cal sexa o seu lugar de residencia, pase fame. Mais, polo que vemos tódolos días, a realidade non é así. Os medios de comunicación e a manipulación discreta e constante crean a sensación de que temos un problema grave que pasa por as solucións que les propoñen, e non outras que existen e que serían máis favorables para todos. E cando dicímos todos, estamos a referir ao mundo enteiro, non só ao máis favorecido e desenrolado.
Na prensa de hoxe, nos enlaces que anotamos, dous exemplos dos intereses do capital e ata onde chegan ou están dispostos a chegar.

xoves, 3 de xullo de 2008

DOUS NOVOS INTEGRANTES DE SOS GROBA

Hoxe vai de felicitacións, que tamén é importante. Os nosos compañeiros na loita en SOS Groba, Sole e Roberto, despois dun periodo dificil e complicado, chegaron a meta que pretendían. Por fín son felices papás de dous xemelgos, neno e nena. Unha parelliña para empezar non está mal. Dende a nosa páxina hoxe queremos mandarlles as nosas felicitacións e moita forza para que os crien fortes e sans, nun país máis noso, ecolóxico e natural, onde se poda respirar e gozar da natureza que herdamos dos nos devanceiros, e pola que hoxe loitamos todos para que eles, que hoxe ven a luz, a gozen moitos anos tal como se merecen. Xa queda pouco para que nas abas da nosa serra sexan recibidos pola nai natureza e teñan o seu ritual de iniciación á vida, á terra e o país que os acolle. Aí estaremos para axudalos a ser libres e velos crecer nunha terra máis xusta e solidaria. Parabéns.

mércores, 2 de xullo de 2008

A TALLADA DAS CC.MM.VV.M.C.

NOVAS NA PRENSA DE HOXE http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/07/02/0003_6952364.htm http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Contratos/basura/duenos/solares/eolicos/elpepuespgal/20080702elpgal_12/Tes Son os propietarios dos montes os que menos sacan dos beneficios que producen os parques eólicos. É certo e sabido. Que tería que ser ao revés, tamén. Mais, aínda quedan moitos pequenos detalles que o Plan Eólico non contempla e que son sustanciais, dende o noso punto de vista. A categorización como de Utilidade Pública dos parques, os danos á paisaxe e a influencia sobre o medio ambente; o transporte da enerxía producida, a influencia sobre a microfauna, a perturbación dos sinais de identidade dos pobos e lugares de asentamento, etc. Non todo son beneficios, por moito que se gabe o proxecto e as súas repercusións sobre a economía do noso país. Por eso, e por moito máis, nós seguimos dicíndo NON AO PARQUE EÓLICO NA SERRA DA GROBA. Tódolos días a prensa do país e a estatal apoia con novas como as de onte e esta de hoxe os nosos argumentos.

martes, 1 de xullo de 2008

NON ESTAMOS SÓS

Como podedes ler nesta noticia do xornal El País, en todas partes cocen fabas. Non estamos sós. Os proxectos industriais de xeración de enerxía, cada vez atopan máis contestación pola desfeita ecolóxica que supoñen e a destrucción da paisaxe.
En Conil seica están fartos tamén.

luns, 30 de xuño de 2008

VERÁN DECISIVO






























































Comeza este luns a tempada de verán. Moitos son os que teñen xa as vacacións de verán ás portas. SOS a Serra da Groba ten por diante un verán decisivo. Neste tempo, mentres o señor conselleiro de Industria e o seu equipo analizan as peticións para o reparto das eólicas, os integrantes de SOS a Serra da Groba temos traballo. Moito traballo.

Por unha banda, imos a seguir coas nosas misión pedagóxicas, informando e amosando os valores da Serra da Groba. Para elo estamos a realizar un documental que recolla o noso patrimonio e a problematica ante a implantación do parque eólico Albariño I que nos queren pór.

Por outra, haberá excursións guiadas con explicacións e visitas aos lugares da nosa serra que están en perigo.
Temos pendente unha entrevista co Director Xeral de Medio Ambente para falar da Rede Natura e dos valores ambientais e naturais que nos consideramos se deben protexer. O temas dos cabalos Ceibes e o perigo de extinción que ronda sobre eles.
En definitiva, moito traballo e un verán decisivo.
Un detalle: na Delegación de Industria de Pontevedra non saben/non contestan sobre o paradeiro das resolucións das alegacións presentadas ao proxecto de implantación do Parque Eólico Albariño I. Quen ten que contestar e cando? Xogamos a favor da cidadanía ou andamos ao despiste?.

NOVA NO PAÍS DE HOXE

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Fundacion/German/Estevez/pide/limites/eolicas/elpepuespgal/20080630elpgal_13/Tes

ONTE, CURRO EN MORGADÁNS
Espectacular curro en Morgadáns. Non moitos animais no monte. É difícil acurrar aos animais, e son moitos os que escapan. A paisaxe espectacular e o terreo abrupto axudan a que os animais zafen por entre o mato, os penedos e as corgas.
Dificil tarea para unha xente que loita por manter viva unha tradición que se perde sen a axuda de ninguén. Perdón. Quixen dicír, de case ninguén. Por suposto, nós estivemos e estaremos sempre aí, coa nosa xente e coa defensa do noso patrimonio.