venres, 11 de xullo de 2008

HAI SOLUCIÓNS

O chamado problema enerxético, ten solución.
Sabemos que a enexía e a base do desenrolo dun país. A producción enerxética é a base do motor da economía. Moitos paises desenrolados non acadan maiores cotas de benestar por mor de non posuir autosuficiencia enerxética e depender de outros paises que xogan e explotan as súas materias primas .
O control do petroleo e das canles de xeración enerxética, sexa cal sexa esta, fan a uns moi poderosos e a outros moi pobres, a pesares de posuir nos seus territorios materias primas moi valiosas.
O que está a suceder con Africa e tamén con America Latina, por pór só uns exemplos, é sangrante. A chamada crise do petroleo e a especulación manifesta coa suba dos prezos dos cereais, é un invento do capital para oprimir e dominar, para matar de fame e someter aos seus caprichos aos paises que explotan e esquilman - tan necesarios para que o primeiro mundo viva na chamada sociedade do benestar- Uns morren de fame para que outros podan estrear os I.phone de ultimisima xeración.
Namentras seguen a chegar pateras e a morrer seres humáns diante dos nosos ollos igual que si foran ovellas acuguladas nun camión ás portas do matadoiro.
Uns cantos mandatarios reunense e dín que ata o 2050 non hai presa para porlle solución ao problema do cambio climático, pois así lles convén aos seus intereses, en contra da opinión maioritaria dos científicos e os penitentes cidadáns que o estamos xa a padecer.
A nova que pómos hoxe por baixo de iste apuntamento, ven a confirmar o que xa temos dito noutra ocasións: hai solucións.
O que pasa e que o monopolio non se pode perder. Por iso non se extenden as novas alternativas ao petroleo, os motores de hidróxeno, a enerxía solar e a combinación de tódas xuntas na construcción de novos edificios máis sustentabeis.
Si as tellas do meu tellado son sustituídas por outras de novo deseño, que cumpran o principio que se explica no artigo do que falamos, igual non teño que aguantar máis a Unión-Penosa, Endesas, Gas Natural etc.
Se o tellado do meu coche ou o seu motor foran outros, igual non tiña que deixar parte moi importante do meu salario na gasolineira.
Hai solucións. Temos que reivindicalas e negarnos a aceptar o que nos queren impor.
Aínda que só sexa por decencia e humanidade.
Non podemos ficar calados ante o rumbo que está a coller o noso mundo.

xoves, 10 de xullo de 2008

HAI QUE FACERLLE OUTRA LETRA AO HIMNO

Eduardo Pondal
NA PRENSA HOXE
MUDANZAS OBRIGADAS
O negocio enerxetico produce moitos beneficios. As rendas producidas compensan os investimentos. Está garantido o beneficio. Xógase con avantaxe.
Esta pequenas frases tan evidentes e sabidas, non deixan de ser motivo de preocupación e analise para nós, os que estamos sendo criticados por opornos a construcción dun parque eólico na Serra da Groba e, tamén, co futuro do plano eólico da Xunta de Galiza.
O tintimán do caso está nas operacións que xera todo o proceso e as consecuencias para o común da xente. Para o pobo.
Polo que se escoita e lee tódolos días, podemos concluir nidiamente que non temos que estar agradecidos a ninguén, nin sentir que o noso país vai a ser máis autosuficiente enerxeticamente e, consecuentemente, beneficiarse directamente do proceso causa efecto da xeración enerxética.
Vemos que non estamos preparados para distribuir esa posible maré de enerxía que nos vai a saír a todos polas orellas e os ollos, nin para repartir os excedentes en xeración de emprego no propio lugar onde se xera .
Pola contra, cada día está máis claro que, ao igual que no pasado co señor conde de Fenosa, imos ter que preparar máis títulos nobiliarios para repartir, pois a lista de candidatos é ampla e os meritos - segundo se verá cando se desenrole o decreto eólico- van a ser múltiple e variados.
Dende aquí, propómos que algúen preparado e afeito a escrita por encargo, vaia preparando unha modificación do noso himno para contestar a pregunta centenaria do primeiro verso," Que dín os rumorosos," e o título de Queixumes dos pinos , por algo así como Zoar dos aeroxeradores e... Imaxinade vos mesmos o que ven despois, cunha Galiza inzada de torres xigantes zoando en tódolos nosos cumes.
¡ Hai que facerlle outra letra ao himno!
Non nos queda outra.

mércores, 9 de xullo de 2008

O FORO GALEGO DO LOBO

RECORTE DE PRENSA
Recentemente creouse o Foro Galego do Lobo co obxectivo de conservar a especie que está en perigo de extinción, e mellorar as axudas aos afectados polos danos que pode causar.
Dende SOS a Serra da Groba estamos a traballar para que se cree unha figura especial de protección para o Cabalo Ceibe Galego, xa que este tamén está en perigo de extinción e, o noso cabalo do monte, é un animal que vive ceibe no monte coma calquera outro animal salvaxe e posue, ao igual que o lobo, unha grande tradición e peso na cultura do noso país. Ao redor do noso Cabalo Ceibe hai moitas historias e particularidades que o fan merecente dun trato especial que non se lle está dando. Non só as festas dos curros ou as rapas, se non o grande labor ecolóxico que representa a súa presenza nos montes. Os nosos cabalos manteñen o mato nunhas condicións axeitadas para que o ciclo vital do monte se anove cada ano, para que moitas especies case invisibles para os ollos inexpertos se manteñan e produzan o miragre da excelsa beleza das nosa montañas. Ise, o lobo, é un parente que necesita da presenza dos nosos cabalos nos cumes e nas penichairas, compartindo territorio e tradición.
Nas milenarias pedras da Serra da Groba están marcadas as pegadas dos doús animais, coma testemuñas dun valor capital para os homes que os marcaron aí. A simbiose home/ besta vense dando dende os primeiros tempos , cando o home colonizou o territorio para humanizalo. Deixou pegada delo nun labor inxente manifesto no traballo de modelar a natureza e a paisaxe, xa con mámoas, petroglifos, foxos, cercados e tomadas, carreiros, minas e covas.
Hoxe, dende aqui, postos os ollos na Serra verde que aínda non amarelea pola calor serodia, xa non ollamolo lobo nin o ouvimos oulear. Mais, as greas estan xuntas, os machos andan a cubrir ás femias, as éguas que non empreñan co vento, e o deus Eolo, que lle alandea as crinas cando outean o hourizonte por riba dos penedos de A Gabiñeira, O Campuchan ou O Corrubelo, está a pedir mil anos máis de vida para o Cabalo Ceibe da Groba.
Pedimos ás autoridades sensibilidade, e a mesma atención para o noso Cabalo Ceibe Galego que para o mítico lobo.
Nesa loita estamos e non ímos parar ata conseguilo.

martes, 8 de xullo de 2008

CPRG

No DOG do venres 4 de xullo de 2008 sae publicada a Orde do 27 de xuño de 2008 de axudas para o fomento e mellora do Cabalo de Pura Raza Galega. http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/e6973315e9f833c9c125717600543020/266f41fba0e303efc125747b0057b685/$FILE/12900D008P064.PDF Lendo os primeiros parágrafos, concordamos cos principios que enumera: "O cabalo de pura raza galega segue a ter un destacado papel no sector gandeiro galego, tanto polo censo desta cabana, como por ser esta capaz de aproveitar directamente recursos naturais fóra do alcance doutras producións gandeiras. Precisamente esta capacidade levou á xeneralización en Galicia dun sistema de crianza peculiar consistente na explotación en extensivo e completa liberdade. Este sistema de cría desenvólvese maioritariamente sobre a base territorial dos montes, que representan practicamente un terzo da superficie forestal galega." Continúa: "O fomento deste tipo de produción gandeira é estratéxica para o medio rural galego tanto pola xeración de riqueza que representa o aproveitamento in situ de recursos naturais polas greas, como pola súa incidencia no control da acumulación de biomasa piroxénica nos montes e, polo tanto, contribución á diminución da probabilidade e gravidade dos incendios forestais." Agora ben, a Consellería está falseando a realidade ou descoñecendoa. Sendo certo o que dí, se lemos toda a orde chegamos a conclusión que as greas de cabalos que andan polos nosos montes poucos ou case nengún dos propietarios poden acollerse as axudas. Tamén comprobamos que , efectivamente, hai que potenciar a cría de cabalos de Pura Raza Galega, pero no monte, ceibes, e non na súa maioría como ocorre agora, en cautividade ou amansados, formando parte de ligas e concursos que, sen desmerecer e sen quitarlles o seu valor, non son os que máis perigo corren ou máis problemas teñen. Que se entenda. Si a potenciación do CPRG, xa sexa en criadeiros xa ceibe. Mais, que toxo comen e que función contra incendios fan os cabalos de corte, amansados e criados en picadeiros? E, pola contra, que axudas temos para os propietarios que fan os curros e manteñen os Cabalos Ceibes Galegos nos nosos montes, comendo o toxo, estercando os montes e abrindo carrreiros entre o mato? Ulas as axudas? Quen lles está botando unha man aos románticos e valentes mantedores dos Cabalos ceibes Galegos?. Moita propaganda nos medios de comunicación, e moita festa de interese turístico, mais cada día, se non lle botamos unha man de verdade, serán menos os Cabalos de Pura Raza Galega nos nosos montes e máis os que vexamos mansiños nos concursos e ligas. Defendemos e apoiamos aos criadores de cabalos, sexa en cautividade ou ceibos. Parecenos ben as ligas e concursos. Pero, ante todo DEFENDAMOS O CABALO CEIBE. Ise é o noso, o de todos, o de sempre. ¡E que ben campa pacendo ceibo no monte.

luns, 7 de xullo de 2008

A RAPA DE SABUCEDO

Este pasado domingo foi a Rapa das Bestas de Sabucedo, no concello da Estrada. Declarada de interese turístico acolle a milleiros de persoas que se achegan para ver o espectáculo da loita dos homes cos cabalos. En Sabucedo prima o espectáculo e o curro foi evoluindo cara unha festa feita para ser vista por as persoas de fóra que veñen atraídas pola sona espallada polos medios de comunicación. As diferenzas cos nosos curros son moitas, aínda que no fondo o cabalo sexa o protagonísta. O interese dos propietarios das bestas e o mesmo: manter viva unha tradición de séculos e que perduren os animais ceibos no monte, xa sexan dos do santo ou os particulares. En Sabucedo aproveitan para recadar diñeiro para facer as festas, e cobran entrada para ver aos aloitadores tentando dominar ás bestas. No Val Miñor e en Oia esa loita está, poderíamos dicír, máis depurada e está prohibido sacar ás burras a man. É coa vara de encabestrar e coa corda coa que hai que dominara ás bestas e ila sacando do curro para rapalas e sanealas. Todo isto non quita que ás veces haxa que sacar a man a algún animal e, ao igual que os aloitadores de Sabucedo, manter un enfrontamento corpo a corpo cos animais bravos. É pois, a habilidade e destreza unha condición dos nosos curros que queremos salientar e, asemade, o convite a tódos, sen limitacións de entradas e peaxes. Só o respecto para os animais e para as xentes que perante todo o ano traballan para manter viva a tradición, pagando moi caro do sei propio peto os custos cada vez maiores de seguir fieis á herdanza dos nosos vellos e antepasados. Haberá que xuntar a tódolos valentes perpetuadores da tradición para pór en común o que nos une, e buscar solucións conxuntas para os problemas que ameazan este rito tan noso e, polo que se ve, tan seguido ano a ano por milleiros de persoas de tódalas partes. Longa vida ao Cabalo Ceibe Galego e a quen del se preocupa. NOVAS NA PRENSA SOBRE O TEMA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008070700_8_240060__SOCIEDAD-Y-CULTURA-Sabucedo-tradicion-continua http://mas.farodevigo.es/galeria/galeria.php?galeria=216&orden=0 http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/07/07/0003_6966790.htm http://www.elpais.com/articulo/Galicia/RAPA/BRAVA/SABUCEDO/elpepuespgal/20080707elpgal_1/Tes