martes, 15 de xullo de 2008

O QUE NOS ESPERA ATA MARZO

NOVAS NA PRENSA DE HOXE http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008071500_4_242273__Galicia-Blanco-replica-Medio-Ambiente-sitio-para-nuevos-parques-eolicos http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/07/15/0003_6985775.htm Xa o viñamos apuntando. Palabras, moitas palabras. Isto é o que nos espera ata marzo, mes no que presumiblemente serán as próximas eleccións galegas. As consellerías de distinta cor política van a tentar vender o seu producto como o mellor, contrapondo ao do compañeiro de Consello da outra formación. Mentres, os cidadans estamos aespera de que verdadeiramente nos ofrezan proxectos e obras feitas. Solucións para os problemas do país, e verdadeira imaxinación e valentía para afrontar os retos do futuro. O fume, os macroproxectos en cifras no papel, sen orzamento e a longo prazo, non valen. Iso xa é conto vello, xeitos de traballar os que non teñen nada que ofrecer ou queren engaiolar a posibles votantes despistados. No caso das consellerías de Industria e Medio Ambiente, temos que ser o máis obxectivos posibles e analizar o traballo ben feito, o que queda e marca tendencia para arranxar os problemas do país, o que soluciona prblemas e non os adía. Tentaremos facelo así vencellandoo a nosa situación e problematica no Val Miñor, máis sen esquecer o global do país.

luns, 14 de xullo de 2008

O NOSO FUTURO

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/07/14/0003_6983661.htm Como podemos comprobar pola noticia que saíu estes días na prensa, podense facer moitas cousas co monte, ademais das que se levan facendo de sempre. Tamén se pode mellorar e perfeccionar o traballo e conquerir que sexa rendible ser propietario de cabalos ceibes. Se todos poñemos algo da nosa parte, tanto as CMVMC como o pobo en xeral, podemos ver un futuro mellor para o monte. Sen quitarlle nada a ninguén, sumando e non restando, protexendo e valorizando o monte, todos podemos saír ganando. Os primeiros os comuneiros e, o que é máis importante, todo o país.

SENTIDO COMÚN

NOVAS NA PRENSA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008071400_4_241981__GALICIA-Medio-Ambiente-aboga-parques-potentes-crear-nuevos Aledanos moito ver na prensa de hoxe unha nova que, de ser certa e levarse a cabo, ben a darlle algo de sentido común ao futuro desenrolo do decreto eólico. Hai tempo que dixemos que había solucións menos traumaticas para o país e o seu territorio a respecto da implantación da nova potencia en enerxía eólica. O sentido común dicíanos que cambiando os aeroxeradores vellos polos novos de última xeración, permitiría aumentar a producción sen ter que masacrar máis paisaxe, máis territorio e, tamén resolvería parte do problema do que aínda non se dí nada, que é o da evacuación e transporte dende o lugar de xeración ata as liñas existentes. Dende a Consellería de Medio Ambiente, por unha vez, escoitamos algo que nos parece moi sensato e razonable. Agora ben. Esperemos que non só sexan palabras. O que realmente necesitamos son feitos. Xa estamos afeitos a ver e oir moi boas palabras e logo ficar todo en iso, só boas palabras. Polo de agora temos que felicitar a consellería e agardar a que realmente defenda o medio ambiente que nos queda, xa que o outro medio xa ala vai estragado. Entre todos, a ver si chegamos a coñecer unha consellería do ambiente, así, só. Ambiente, enteiro, e deixamos o do "medio" nun mal soño que nos xogou a historia.

domingo, 13 de xullo de 2008

O CURRO DO GALIÑEIRO

Hoxe domingo ímos ao Curro do Galiñeiro.
Nunha das paraxes máis espectaculares do Val Miñor, entre os lindes dos concellos de Vigo e Gondomar, perto do cume do Galiñeiro, hoxe celébrase o curro que leva o nome do monte onde pastan ceibos os cabalos.
Iste curro é dos máis pequenos que se celebran no Val Miñor e Oia. Non ten siquera un recinto de vello en pedra. O curro é de madeira, como antigamente poideran ser. Os cabalos que viven ceibos por estas terras son xotados ata o curro por unhas ladeiras encostadas, dende as que as vistas sobre a ría de Vigo e o Val Miñor son espectaculares.
O tempo acompaña e paga a pena achegarse ata o Galiñeiro.
Para os que non coñezan o terreo, unhas indicacións para chegar.
Si se ven por a autoestrada do Val Miñor, hai que saír na saída de Vincios. Pasada a gasolineira baixando para Vincios, hai unha ponte que pasa por riba da autoestrada e nesa mesmam curva, unha pista que sobe a esquerda. Hai que subir por aí para, a uns 200 m. seguir subindo a esquerda e non deixar a estrada ata chegar a zona de lecer da comunidade de montes de Vincios. Aí, uns metros máis arriba hai unha pista a esquerda que nos leva ao curro.
Non ten perda. Os que veñan dende Gondomar, igual. Coller a estrada que leva a Vincios e, pasado o pobo, ao chegar a ponte que pasa por riba da autoestrada, seguir o camiño que indicamos antes.
Aproveitade tamén para visitar os petroglifos de Auga da Laxe. Alí ao lado. A Pedra das Procesións é un magnifico panel vertical con gravados de armas . Paga a pena.
Bo día e bo curro do Galiñeiro.