NOVA NA PRENSA VALENCIANA
http://www.accioecologista-agro.org/spip.php?article647
Segundo se pode comprobar pola nova que nos envian os amigos de Salvemos Monteferro, as cousas fánse a presa e para saír do paso, sen facerlle caso aos grupos e as xentes que verdadeiramente se preocupan pola natureza e o interese xeral.
Na nosa Serra da Groba temos un exemplo claro de que hai moito interese en levar adiante un proxecto que vai traer moitos e parecidos problemas aos que acontecen no Arriello. O impacto sobre a paisaxe e sobre o patrimonio etnográfico e arqueolóxico vai a ser irreversible si se leva a cabo o proxecto do parque eólico Albariño I.
No tocante a infuencia sobre a vida animal, a fauna, sería irrecuperable unha vez feito o estrago. Tódalas medidas que se poidan tomar, non van impedir os males que temos denunciados en innumerables ocasións.
Por iso, hoxe aproveitamos esta noticia para insistir na nosa negativa a implantación do parque eólico e a ir avisando aos nosos lectores da próxima celebración da 2ª xeira pola Serra da Groba en defensa dun espazo natural e cultural, para o día 14 de agosto.
Iremos apuntando datos nos próximos días.
sábado, 2 de agosto de 2008
FACER AS COUSAS BEN

martes, 29 de xullo de 2008
ESTATÍSITCAS SOBRE A PRODUCIÓN DE ENERXÍA
As imaxes son do libro Imaxes para a memoria, do IEM
NOVAS NO FARO DE VIGO
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008072900_4_246174__Galicia-renovables-aportaron-mitad-energia-generada-Galicia-2007
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008072900_4_246175__produccion-hidraulica-cayo-hasta-culpa-grave-sequia
Quen da maís?
Pois si todo isto é certo a ver cando empezan a apagar as centrais do carbon e de gas?
Si realmente se consigue, entón pagara a pena o esforzo. Mais, alguén cree que as empresas van deixar de ganar cartos para favorecer a ecoloxía?
OUTRA NOVA SOBRE A LINGUA
Un artigo de ramón Chao no xornal El País de hoxe.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/ojo/ojo/lengua/lengua/elpepuespgal/20080729elpgal_10/Tes
Ten razón Ramón Chao. Esta xente o que quere é que entremos ao trapo para tourearnos , de paso, facerse publicidade.
Polo de agora,
lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa por que si, por que me gusta, por que quero e dame a gana...
luns, 28 de xullo de 2008
DATOS PARA UN DEBATE
No xornal El País de hoxe luns, aparece un extenso
artigo sobre a enerxía nuclear e o debate sobre si España debe iniciar a construcción de novas centrais ou ampliar o periodo de vida das existentes.
O tema da producción de enerxía e, dicímolo nós, do consumo, é fundamental para construir un futuro mellor para todos. Deixarse levar, como anteriormente se fixo, por criterios estrictamente económicos e a medio prazo, é pan para hoxe e fame para mañán.
Xa vai sendo hora de que se fagan plantexamentos do século XXI e non do XX, nos que prima o desenrolismo e o consumo sobre a sustentabilidade e o equilibrio, nun mundo no que algúns seguen empeñados en globalizar a probeza e a fame, para facer aos ricos máis ricos e aos pobres máis pobres.
Paga a pena leer o artigo completo e comentar os datos e encetar xa o debate.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)