sábado, 23 de agosto de 2008

ORDENAR PROPOSTAS

NOVAS NA PRENSA HOXE http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Industria/dice/concurso/eolico/fase/ordenar/propuestas/elpepuespgal/20080823elpgal_4/Tes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/hablo/adelanto/elpepiautgal/20080823elpgal_3/Tes Falan de ordenar propostas para pór en ringleira a tódolos que queren o seu cachiño de tarta. Mais, que pasará si como se prevee se adiantan as eleccións? Algún empeza a porse dos nervos. Todo o traballiño que levan feito, meus santos, pode ir para o carallo - como diría calquera paisano-. Por nós, que se pare todo e que volvan a empezar. Os números que podemos ler no artigo da cabeceira, son para marear a calquera. Todo ise número de muíños que as industrias están dispostos a pór polo país adiante, que imaxe deixarían da nosa terra?. Onde cabe todo iso sen afectar ao valor máis grande que temos que é a paisaxe? De tolos. Isto é de tolos. O capital manda e segue a destruir sen piedade, conciencias, ideoloxías e esperanzas... ¡Que mágoa de oportunidade para ser por unha vez, nós mesmos! As urnas outa vez en xogo, e as mentiras a seguir mandando sobre os perdedores de sempre: os cidadáns do pobo galego.

venres, 22 de agosto de 2008

NEGOCIO, E SÓ NEGOCIO

Iso é o que se move co vento galego: un gran negocio. Todo o demais non importa. As grandes cifras e as contas de resultado e o único que interesa. Os propietarios do monte, os usos, os veciños e ususarios, o medio ambiente, o patrimonio natural e cultural, iso non importa. A paisaxe. A paisaxe non ten valor e pódese modificar sen valorar para nada o seu valor que, segundo a nosa opinión, non se pode tasar pois non é un valor co que se deba xogar en térmos ecónomicos.
Parece que cada día que pasa, cúmprense tódalas as previsións máis negativas que temos apuntado, e as novas que van chegando confirman o vendidos que estamos os cidadáns ante o gran capitalismo e a política feble e subordinada de tódolos partidos políticos. Todos. Sin escepción. Os feitos están a demostrar que a única cor que pinta aquí é a do diñeiro, como no título da famosa película de Martin Scorsese.
Mentres, algúns seguímos a traballar par pór en valor a nosa Serra da Groba e todo o seu patrimonio natural e cultural.
Anunciamos, par os que nos siguen que o próximo luns día 25 de agosto teremos unha saída pola Serra da Groba e por parte dos lugares que se verían máis afectados polo construcción doparque eólico.
Saíremos a 17,30 h. da praza de Sabarís en coche, para chegar ata o colexio público de Belesar, onde iniciaremos a subida ao alto da Lebre por un camiño antigo, gozando de fermosas vistas e contrastes na vexetación. Xa nos cumes, faremosmun paseo pola Gabiñeira, o Alto da Lebre e o Costado ata o Cortelliño onde remataremos regresando en autobús.
Si podedes, non perdades este fermoso paseo.
NOVA NA PRENSA DE HOXE

mércores, 20 de agosto de 2008

ECOS DO VERÁN NA PRENSA

No xornal de la Voz de Galicia aparece hoxe unha referencia a xeira reivindicativa que fixemos o xoves día 14 pola Serra da Groba.
A pesares da chuvia que mollou a terra alá polas nove da noite, a xente non se arredou e un 140 valentes atreveronse a acompañarnos. A noite non defrudou, e a chuvia esperou a que rematáramos nun moi bo ambente.
Soledad Antón, que xa nos acompañou, noutra noite parecida, pola xeira de Monteferro reflicte hoxe a súa opinión no xornal.
Grazas pola compañía e polos comentarios. Somos un grupo que fai o seu traballo tentando ilustrar para fomentar a reflexión con coñecemento. Cada quen que faga a súa. O evidente non se pode negar, e a nosa serra está en perigo e atesoura moito máis do que algúns nos queren negar ou agochar.

martes, 19 de agosto de 2008

!CORRE CORRE QUE NON CHEGAMOS¡

Seica lle entrou a presa e teñen medo de non chegar a tempo. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Quintana/anuncia/nombre/BNG/medidas/Xunta/crisis/elpepuespgal/20080819elpgal_4/Tes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/pensar/urnas/elpepiautgal/20080819elpgal_3/Tes Parece que para algunhas cousas si se poden acelerar os prazos e adiantar fechas. Para outras, pola contra, hai que seguir a esperar anos e rematanse tarde mal e nunca, como se soe dicír. O grande pastel das Eólicas e moito pastel como para agardar a seguinte lexislatura para facer o reparto, non vaia ser que os equilibrios parlamentarios sexan outros, e lles toque aos compañeiros de viaxe cortar a cinta e entregar os cartafoles con tan valiosos documentos. Son moitos euros e, consecuentemente, moito poder, moitos cromos para trocar e completar o albúm que sempre quixeron ter. Como cando eramos nenos e tiñamos ise cromo que tanto escaseaba e poucos podían ter. Podíamos pedir por el case medio albúm enteiro. O desexado valía moito. Gustaríanos ver como se dan tamén presa para arranxar o problema da Sanidade, da Pesca, da Educación e das responsabilidades ante as atrocidades urbanísticas que se levan facendo os 20 últimos anos. Aí non paga ninguén. Minto. Si, sempre paga o mesmo : pagamos todos. A cidadanía ten que reaccionar e responder ante tanto atropelo. Só se fan as cousas aos ritmos que convén aos políticos. Tódolos políticos, sen distinción de cor. Paga a pena dar un voto a aqueles que ano tras ano seguen a defraudar ao pobo que os pon aí para que defendan a construcción dun mundo menos corrupto e máis acorde cos intereses de todos?. Paga a pena seguir creendo que hai alternativa cando os emigrantes seguen votando aínda estando mortos, ou votan por eles os axentes electorais dos diversos partidos? Paga a pena que votemos para ver como os políticos acomodan as súas familias e amigos, dan prebendas e adxudican obras, aínda estando logo suxeitas a condenas que as anulan e non pasa nada? E aínda algún se atreve a dicír en público que está disposto a publicar a lista de políticos que deron licenzas que logo foron anuladas. Como si non fora a súa obrigación e a do fiscal a de actuar de ofico xa. Plano acuícola, plano eólico, rede natura, plan de portos e do litoral, plan da mineiría... que país pretenden deixar aos nos fillos? !Corre Carmela que chove¡

luns, 18 de agosto de 2008

QUE PASA PACHI?

NOVAS DE ADEGA CONTESTANDO A PACHI VAZQUEZ
MÁIS NOVAS RELACIONADAS
Que pasa Pachi?. Seica estás nervoso pola proximidade das eleccións e temes perder a cadeira de conselleiro?
Xa temos dito eiquí máis veces o que oipinamos do talante do conselleiro de Medio Ambente. Os de ADEGA contestanlle na ANT e fan o que el pedira. Dicirlle onde a Rede Natura era vulnerada, pois isa é a palabra para explicar os inexplicables ocos e reviravoltas que deixa en espazos emblematicos da nosa costa e as nosas serras.
Sen máis palabras. Só fai falla ver, mirar e constatar quen minte e quen di a verdade.