venres, 29 de agosto de 2008

INDECENCIA

O Consello da Xunta de Galicia aprobou onte o Plan Acuícola.
Xa se pode desfacer unha parte importante da nosa costa para que unhas cantas empresas gañen moito diñeiro. A xustificación que da o presidente Touriño é :" é bo para Galicia".
Se alguén ten dúbidas de por que o noso país está a ser un dos máis estragados da península, xa o sabe. Non contan para nada os informes dos científicos, dos ecoloxístas nin dos propios veciños. O que conta é o interese "xeral" (enténdase o de unhas cantas empresas que van a ganar moitos cartos, establecendo as súas empresas alí onde ninguén pode pór nada - nin debe- eles sí). Cando botamola vista atrás e nos laiámos das desfeitas cometidas no litoral, nos nosos pobos, nos montes, e escoitamos aos políticos botarlle sempre a culpa ao outro, dámonos conta de que toda a arañeira de decretos e leis non sirven para nada. A desfeita está aí, e as leis existían, e organísmos para facela cumprir tamén.
Un pobo non pode permitir que lle rouben e estraguen os seus sinais básicos de identidade para facer con iles negocio.
Non se pode tolerar que nos rouben aquelo que nos da o ar que respiramos, baixo nengún pretexto.
O mar, os montes e as serras, os pobos, os ríos....
Que vai quedar, cando pasen uns poucos anos, dunha terra verde e azul?
Que vai ser de nós que nos venden por un puñado de euros?
Hai que aledarse, segundo os nosos mandamáis, dentro duns anos non haberá peixe no mar que pescar pero... tranquilos, os galegos teremos peixe de piscifactoría.! De piscifactoría¡
Para criar eses peixes temos que estragar primeiro a vida do mar- os alimentos fánse con fariña de peixe- e as costas, onde se urbanizan os cantís e se verten augas suxas e cheas de medicamentos que se lles botan para que non morran nas pías artificiais.
¡Que adianto! Matar o mar para comer peixe criado na terra.
Pobre de nós.

xoves, 28 de agosto de 2008

MÁIS DO MESMO

A BORDO DO NAUJA
E GOLFIÑOS
Na prensa de hoxe, máis do mesmo.
En Burgueira seguen a queixarse ( con razón) aínda que, repetimos, moita da culpa téñena eles mesmos por egoistas e incautos. Non ímos falar máis do que pensamos sobre as empresas que explotan os nosos recursos naturais a cambio dunhas migallas.
Por outra banda, o señor conselleiro de Industria - a partires de hoxe ás 12 do medio día xa saberemos algo máis- síntese capaz de sacar o Concurso Éolico antes de que finalice a lexislatura.
Xa veremos como remata todo isto. Polo de agora para a cidadanía, en xeral, mal, mui mal.
NOVAS NA PRENSA RELACIONADAS
ONTE, EXCURSIÓN POLA NOSA COSTA
Onte tivemos a oportunidade de facer unha visita guiada a bordo do veleiro Nauja da CEMMA, pola nosa costa, para ver o perfil do Val Miñor dende o mar e os nomes das pedras, os cons e de toda a orografía costeira. O noso compañeiro Xosé Lois Vilar explicóunos como os vellos mariñeiros se guiaban nas súas xornadas de pesca, polas marcas de terra que ían bautizando con nomes alusivos a acontecementos históricos ou tradicións, accidentes xeográficos, afundimentos e á propia natureza .
Alfredo, presidente de CEMMA, explicounos como traballan co Nauja polas nosas costas, estudando os mamíferos mariños que nos acompañan todo o ano e os que pasan por diante das nosas costas nas súas viaxes estacionais.
Tivemos a sorte de ver un grupo de Golfiños que nos acompañaron uns cinco minutos pegados ao casco do Nauja, permitíndonos facerlles fotos e velos con claridade.
Unha maginifca experiencia da que gozamos nenos e maiores e que agardamos poder repetir no futuro.

mércores, 27 de agosto de 2008

A AVARICIA ROMPE O SACO

Xa o dicía o meu avó. Ás veces rímonos dos refrans dos vellos e das sempre repetidas frases dos maiores, que saben máis por vellos e por experiencia acumulada que por ir a universidade ou á escola. Istes días falabamos con Camilo, o presidente da Comunidade de Montes de Burgueira para que nos dira a súa opinión sobre o futuro da Serra da Groba e o parque eólico que queren poñer, o Albariño I. Dicíanos que os comuneiros necesitan o diñeiro, despois dos incendios máis aínda que antes. Laiábase dos estragos que a empresa que está a montar a minicentral no río Tamuxe, producía e o pouco caso que facía do contrato que tiñan.
Ao remate o principal era o diñeiro que ían a pagar, pechando os ollos a todo o que podía vir detrás.
Agora, podemos ver na prensa como as empresas abusan e non cumpren. Como o papel escrito no vale para nada e os estragos, segundo as súas propias palabras, son maiores que os teoricamente previstos. E, dicímos nós, irreparables.
Que vos imaxinades que vai pasar cando empecen a facer pistas no monte para chegar aos cumes cos muíños e toda a súa infraestructura?
Que vai a pasar cando os intereses da empresa vaian por un lado e os dos comuneiros e dos viciños por outro?
A avaricia rompe o saco. Os cartos non poden pagar aquelo que temos aí, e que nos ven dado dende milleiros de anos.
O que non quere entender é porque non quere. E o que avisa non é traidor.
OUTRA NOVA

martes, 26 de agosto de 2008

POLÍTICOS E MENTIRAS

No xornal Galicia Hoxe, Miguel Anxo Fernán Vello, asina iste artigo
Pareceunos pertinente traelo ao noso blog, pois ven a explicar moi ben algún dos apuntamentos que temos feito sobre os nosos políticos e as súas actuacións.
A mentira rematou as pequenas vacacións e está a preparar as súas mellores galas para presentarse, adobiada de toda caste de enxovales, na próxima campaña electoral.
Aínda algún, fachendoso, chegará a dicirnos que mellor non se podía facer e que sen eles, as portas do inferno anchean as súas portas para engulirnos a todos.
¡Ollo ó can, compañeiros! Falabaratos e mentiráns proliferan, con soldo de grupo A e complementos polo esforzo realizado. A crise xa sabemos quen a paga.
NOVA NO FARO DE VIGO
Todos critican e culpan ao contrario. E que facían eles? E que país nos deixaron? Quenes levaron e venderon as concesións eólicas antes?
Creto. Nengún. Agora ben. Fiámonos dos de agora?: ¡Nadiña!

domingo, 24 de agosto de 2008

TI FAI QUE EU DESFAGO

NOVAS NA PRENSA http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/08/24/0003_7084659.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/08/24/0003_7084660.htm Xa está o circo montado. Si o próximo xoves se adiantan as eleccións, os intereses do pobo, o traballo para e por o pobo, non vai a contar nada. O único que interesa é sacar proveito da coxuntura e tentar ganar votos - ou perder os menos posibles- antes de que o barco comece a afundir nas augas revoltas da crise. Onde queda todo o prometido e non feito? Onde queda a dignidade dunha clase política que pide a cidadanía o que ela non ten nin amosa por ningures?. !Que morro teñen¡ Uns e outros. O que fai falla neste país é unha grande maioría de voto en branco cunha palabra escrita en bermello:! NOXO¡ ¡Xa abonda! Señor fiscal xefe: traballe e pida contas. Meta no carcere a esa gran manda de embusteiros que prometen e fan o que queren co que é de todos, sen cortarse nada. Saque de hemeroteca e de programas, gravacións e declaracións, actas... e escoite a cidadanía que pide xustiza e que se cumpra o que dí a cosntitución: iguais ante a lei. E dicímos nós: e responsabeis ante as accións e omisións. Limpeza. Fai falla limpeza, moral e ética para devolverlle a este país o dereito a creer na xustiza e en quen goberna. Na democracia que non se ve, aínda que tanto se fale dela. ¡Ale! tranquiliños todos que como nos convén ímos mandar unhas eleccións para o outono, non vai ser que a costa de xaneiro sexa máis costa do que adoita e chegue a xuño e nos mande ao carallo a todos. E mentres, o vento zoa na Groba entre o lusco e fusco dun día irrepetible, deixando chegar a lúa por riba do Galiñeiro, con unha amósega máis no calendario. Os poemas irrepetibeis da paisaxe vivida fican xa escritos no libro sen páxinas das lembranzas. Saúde compañeiros/as.