venres, 5 de setembro de 2008

FESTIVAL DE POESÍA DO CONDADO

Este Sábado SOS A Serra da Groba estará en Salvaterra do Miño. O Festival de Poesía do Condado este ano ten a GALIZA NON SE VENDE como protagonísta. Os diversos colectivos que formamos parte de Galiza Non Se Vende, participaremos nunha mesa redonda e levaremos as nosas reivindicacións ás murallas de Salvaterra. Programa Sábado 6 de Setembro 11.30Marcha popular- Murga: Sur do Condado- Gaiteiros: Bailía- Animaçom de rua: Touporroutou- Comboio de baixa velocidade 12.30Mesa Redonda-Colectivos da rede 'Galiza Non Se Vende' Feira Popular Artesanato ao vivo- Cesteiros, cabaqueiros, tamanqueiros... 16.00I Abertinho de Bilharda Festival da Poesiarecinto das muralhas- Lotes de livros para as 2 primeiras equipas e umha caixa de vinhoa maiores para a ganhadora. Participa! 17.30Festa infantilPRAça do castelo- Touporroutou 19.30Festival Poético-MusicalZOna das muralhas - Apresentam Luis Caruncho e Pinto d’Herbón Poetas- Xiana Árias- Pedro Casteleiro- Paco Souto - Concha Rousia- Cruz Martínez- Alberto Lema - Igor Lugrís- Lino Braxe- Chus Pato- Pilar Beiro- Núria Martínez Vernís (Països Cataláns)- Limam Boicha (Saara)- Isaque Ferreira (Portugal) Grupos- A Quenlla (Galiza)- Canto da Terra (Portugal)- Tabanka Djazz (Guiné-Bissau)- Pirats Sound Sistema (Països Cataláns)

mércores, 3 de setembro de 2008

POLO BO CAMIÑO

Leemos no xornal Galicia Hoxe un artigo sobre a emisión de CO2 a atmosfera iste ano, e a positiva influencia das enerxías limpas sobre a mellora nos índices de contaminación.
Efectivamente, imos polo bo camiño baixando o nivel de emisións. Mais, aínda queda moito que facer e que falar sobre o tema. Nun comentario, na mesma noticia, alguén pregunta sobre que ganan os propietarios dos montes e os concellos.
Asemade, nós dicimos, e que é o que perdemos?
Está claro que algo se gana, mais tamén, que moito se perde, seguindo co sistema actual de producción e consumo de enerxía. Os números e as novas relacionadas, non deixan de ser pequenas aguilloadas con intereses moi claros.
O problema enerxético ten solución, e non é precisamente o que nos queren vender.
Hai solucións que habería que potenciar e se están silenciando e adiando.
Estragar a natureza para "aforrar" non parece a mellor solución.

luns, 1 de setembro de 2008

UNHA TARTA DE 1200 MILLÓNS

Naprensa de hoxe:
Despois de ler o que antecede, só nos queda lembrar o que temos repetido moitas veces, hai pelexa pola tarta, que no titular da Voz de Galicia cifran en 1200 millóns de euros. Casí nada.
Os movementos especulativos poden con toda a letra pequena que se lle queira pór, e cos intereses dos ciudadans, que loxicamente, son moi distintos aos dos especuladores e empresarios que só ven negocio e diñeiro. Todo o demais, como temos dito, efectos colaterais sen importancia.
E mentres, a millonaria en anos Serra da Groba, nas mans duns cantos insensatos que están dispostos a vendela por un puñado de euros.
Analizade as novas do xornal e botade a imaxinación a andar, dentro duns anos que nos vai quedar nos nosos montes?. O exemplo podemolo ter vendo o que está a pasar coa minicentral de Loureza e as pozas e troitas do río Tamuxe.
Non podemos deixar que na Serra da Groba se instale nengún parque eólico. Temos moito que potenciar e defender, que vale moito máis que tódolos megavatios que hai e pode haber no país.
!NON AO PARQUE EÓLICO¡

domingo, 31 de agosto de 2008

EXEMPLO HA SEGUIR

NOVA NO FARO DE VIGO http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008083100_26_254590__CienciayTecnologia-Dehesa-herencia-natural-gracias-gestion-comunal-desde-siglo Xa nos gostaría que as nosas comunidades de montes copiaran modelos de desenrolo como o que comenta a nova que comentamos hoxe. Un pobo que non só pensa no presente, que se preocupa por que o futuro sexa mellor para os que veñan despois. Un modelo que valora a ecoloxía e a natureza como o primeiro e necesario ben a conservar. O equilibrio entre intereses e a conservación. Se botamos unha ollada ao noso monte e nos fixamos no que vemos e non no que nos din, que conclusión podemos tirar?. Que futuro nos agarda? A ignorancia e as disculpas xa non caben. Os feitos son moi teimudos, e non teñen xustificación nestes tempos nos que o que non sabe e por que non quere ou non ten capacidade. As autoridades que teñen algo que ver na conservación e desenrolo dos nosos montes, non poden seguir deixando que as cousas vaian a peor, xustificandose nos conflitos de interese existentes. Hai que pórse a traballar, en conxunto, todos. Comuneiros, autoridades, sociedades ecoloxístas, concellos... Váinos moito nelo a todos.