venres, 26 de setembro de 2008

ALTERNATIVAS ENERXÉTICAS E A RAZÓN DO SEÑOR HAWKING

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/09/26/0003_7171620.htm http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/09/26/0003_7171621.htm Hai moitas posibilidades por explorar e, tamén, por explotar que non son debidamente utilizadas. Xa temos dito que aquel gran programa de desenrolo da enerxia solar fotovoltaica, ficou en nada. Só, de cando en vez, aparecen xestos como o que podemos ver no artigo da prensa hoxe. Agora ben, a maxificación de paneis nos tellados novos e vellos, non se ve por ningures. As axudas xa non existen e só se dan a proxectos de empresas, non a particulares, co cal os monopolios e a explotación irracional e expeculativa dos recursos segue a darse, incluso cando falamos das chamadas Enerxías Alternativas, como é o caso da Solar. Claro. Un país no que as comunidades de veciños e os propietarios de vivendas sexan autosufientes en canto ao consumo e producción de enerxía, non interesa. O negocio remataría e o medio ambiente e o planeta importan ben pouco aos expeculadores e grandes capitales, que o unico que queren é seguir ganando cartos, sexa como sexa. Da igual que o ciclo económico sexa alcista ou que esté a baixa, como é o caso agora mesmo. Nos xornais de onte, podíamos ver nos titulares algunhas das frases que ao parecer saíron da mente dun dos científicos máis importantes do noso tempo, Stephen Hawking. Ven dicindo que non temos remedio e que neste século acabaremos co planeta e que o futuro estará no exterior. Visto e oubido o que antecede e o que pasa no noso redor, ¡Que razón ten, señor Hawking!

xoves, 25 de setembro de 2008

ÁNFORAS COMO ASFALTO

Con iste encabezamento podemos ver hoxe un artigo na Voz de Galicia de Eduardo Rolland
Coñecemos moi de preto o suceso e xa temos opinado dabondo de como se está a tratar o noso patrimonio. No tempo no que andamos, argumentar ignorancia xa non abonda. O caso concreto dos montes de Baíña, non necesitan moitos comentarios, só botar unha ollada polas pistas, un día calquera, nun paseo será suficiente para opinar e poder comparar.
Cando falamos de adianto e de atraso,de sociedades que son exemplares. Cando viaxamos e observamos como coidan noutros paises europeos o seu patrimonio e o seu medio natural, podemos ver o lonxe que nos atopamos e, tamén, intuir cal é o verdadeiro problema.
Non son só as administracións as que teñen que dar exemplo e coidar o patrimonio. Somos todos os veciños e usuarios os que temos que coidalo. Si non sabemos ou non estamos preparados, hai que pedir axuda e asesoramento, e se non, deixar a outros que o fagan. O que non pode ser é que amparados nunha teórica ignorancia, pouco a pouco vaiamos estragando o que logo non se pode recuperar.
Ista é só unha pequena mostra da grande desfeita acochada trás moitas intervencións que non son o que parecen e que, por desgraza , abondan máis do que sería desexable nun país civilizado.
NOVAS NA PRENSA HOXE
Como apuntabamos, segue a maruxía. Moito interese no negocio e no diñeiro, e o poder que iste conleva.

luns, 22 de setembro de 2008

PRIMAS , CUÑADOS, EVACUACIÓN

Hai que ler a nova que sae este domingo no xornal La Voz de Galicia para entender o encabezamento de iste apuntamento.
Está claro que hai moito do que apuntamos, no negocio eólico.
PRIMAS: O resultado dun xeito de proceder que beneficia aos que máis teñen ( e máis queren ter). Iso de axudar á producción cunha axuda por Kilowatio producido o que fai, e está demostrado, é favorecer a especulación e o trafego de accións dentro dun sistema pernicioso e fagocitador, que ao común dos veciños non lle deixa nen mellor servizo nin máis barato.
CUÑADOS: Son, en xenerico, os beneficiados polas concesións e prevendas. Os actores privilexiados dun circo montado cos números moi ben preparados para que sexan os que trunfen, aqueles que se agochan trala pintura na faciana duns paiasos falsos. Máis falsos que as verdades das promesas de Aznar e as armas de Sadam.
EVACUACIÓN: Ciscarse, cagarse... Non queda fino pero son sinónimos que, está claro, cando falamos de enerxía significa canles de transporte da enerxía dende o lugar de produción aos lugares de distribucción e consumo. Mais, visto o visto, parece que algún dos sinónimos da palabra, tan utilizada en todo o proceso e, polo que se di no artigo , non se está a ter en conta o suficiente nen se está informando a xente ne aos afectados das obras necesarias para poder efectuala.
Mentres, os afectados, teóricos beneficiados diste proceso, seguimos a pensar que todo é unha grande falsedade que antes ou despois, vai a reventar, igual que lle pasou a economía americana e as súa hipotecas e grandes bancos.
Todo está construído sen o sentido racional e o principio de sustentabilidade. Falar de que se limita a producción de enerxía solar por custións de primas, a nós sóanos como si se limitase por cuestións de cuñados ou calquera outro sinónimo de evacuación. Falso e hipócrita.
Claro, se non hai negocio non interesa. O demáis, tanto ten.