sábado, 11 de outubro de 2008

RETORNO

NOVAS NA PRENSA
http://www.anosaterra.org/nova/exhumados-os-restos-de-suarez-picallo.html
Para os que non teñen memoria ou descoñecen a nosa historia, pómos hoxe este apuntamento.
A vida de persoas como Castelao, Suarez Picallo, Alonso Ríos... e tantos outros que se víron forzados a emigrar e non poideron ver un páis , polo que loitaron ata morte, libre e dono de seu.
A nosa humilde homenaxe e o noso grande recoñecemento con iste breve apuntamento.
En tempos de "crise", mirar para atrás e analizar de onde vimos e o que outros sufriron e padeceron, faínos pór os pés na terra para non perdelo tempo e traballar, traballar e traballar, para facer un mundo mellor para todos/as.

xoves, 9 de outubro de 2008

EFICIENCIA ENERXÉTICA

NOVA NA PRENSA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008100900_26_264648__CienciayTecnologia-Crean-Plataforma-Tecnologica-para-impulsar-eficiencia-energetica-traves Se sirve para algo práctico, benvida sexa. Se o que consegue e multiplicar a burocracia e encher de estudos de estudos sobre... entón que non gasten o tempo nen o diñeiro dos contribuíntes. Coíncidimos en que un bo consumo enerxético, racional e equilibrado, aforra moito. Producir máis para consumir máis, non é a mellor solución. Ne estragar a natureza para ter máis enerxía para despilfarrar. Xa temos perto as festas do Nadal. Imos ver que é o que fan os nosos mandamáis e os nosos alcaldes nas cidades e vilas de todo o país. Falar e non obrar dando exemplo non vale para nada.

mércores, 8 de outubro de 2008

XOGANDO, XOGANDO. GAÑAR OU PERDER

NOVAS NA PRENSA
Despois de ler a prensa iste días, a un quedalle a impresión de que se está a xogar co patrimonio de todos sen deixarnos participar ou opinar no xogo.
Os intereses das compañías e empresas parece que estan por riba dos das persoas e os dos pobos. Podese comprobar co que está a suceder nos Estados Unidos de America e nalgúns países de Europa . Axudase aos máis ricos e, coma sempre, perden os máis pobres.
No debate do Estado da nación de onte, poidemos escoitar aos nosos representantes no Parlamento de Galicia tirandose pedriñas como si fosen nenos pequenos, tentando averiguar quen é o máis guapo ou o máis valente. Mentres, a realidade e os problemas da xente seguen sen resolverse e producindo cada vez máis incerteza.
Falouse do "grande negocio" que vai supor para o País o desenrolo do Decreto Eólico, e ninguén se pregunta como vai a ser a paisaxe e o territorio despois de tan grande operación de cirurxía que se lle quere facer ao noso medio. Só se fala de euros, de diñeiro e de poder, PODER. Si, mellor con maísculas para enfatizar a raigame do verdadeiro problema. Mire por onde se mire, aí está o tintimán do choio.
Mentres, segue o xogo e os que non fomos convidados a xogar, temos cada vez máis a certeza de que imos gañar pouco e, posiblemente, só perder. Como os siareiros dun equipo calquera, xogan os xogadores e sinten que gañan ou perden todos.

luns, 6 de outubro de 2008

TRAMPAS

NOVAS NO XORNAL EL PAIS
Só nos faltaría iso, que agora pasasen por riba das nosas institucións e de nós, tódolos cidadáns galegos e galegas.
A voracidade das empresas e os seus intereses están moi claros. Os do país, non necesariamente coinciden nin deben coincidir. Si un goberno central é capaz de conceder licenzas ao marxe do noso goberno, onde queda a nosa autonomía e os nosos políticos. Para que queremos tanta lei ,si logo se pode pasar por riba dela cunha pequena argucia legal.
Nós, os galegos somos os que temos que decidir que país queremos e como o ímos construir, valorando os pros e os contras de calquera iniciativa que vai condicionar as nosa vidas, as nosas terras e o ar que respiramos. Que uns señores de madrid, o Xapon ou os EEUUA no veña a impoñer unha industria, lémbranos outros tempos pasados que nos custou moito deixar atrás.
Lendo as novas que saen no xornal, e facendo unha analise simple, comprobamos que se o pobo non se fai forte e manifesta a súa voz, seguiremos a repetir modelos pasados que, hoxe en día, estamos a ver a onde nos levaron a todos - e a onde aínda nos levaran-.
¡Que non señores! Galiza non se vende, e non o intenten que non imos parar mentres nos queden folgos para denenuciar e loitar.