venres, 17 de outubro de 2008

TRAMPOSOS

NOVA NA PRENSA

Non por sabido deixa de sorprendernos. Está comprobado que as empresas xogan suxo e que dandolle voltas a lei, fan o posible para que as cousas parezan o que non son.

As ofertas aos propietarios do solo, ademais de ser ridículas con prezos insultantes, son o exemplo de que a especulación e o uso da lei en beneficio de xente allea a propiedade da terra é o que se protexe. Un pobo ou un particular que teña un monte, cando lle toca a desgraza de verse afectado por a construcción dun parque eólico, non ten ferramentas para negarse nin defenderse, por moito que se publicite non senso contrario. A empresa fai unha oferta, a que ela considere, e o propietario só lle queda queixarse e, despois de moitas voltas, ás veces sacar unhas migallas máis. Ou o tomas ou lévanche as terras polo que iles queiran.

Que agora a fiscalía se poña a investigar a posible fraude por ter acordado prezos entre as empresas -que casualidade que ningunha lle dispute a outra a mesma terra- parecenos ben, máis creemos que chega bastante tarde.

Si se comprobara que efectivamente houbo acordo previo, debería obrigarse a revisar tódolos acordos acadados ata o día de hoxe, e revisar os contratos, maioritariamente moi por baixo dos prezos que lle corresponderían se houbese competencia real e xustiza.

Competencia e xustiza fai falla para que todo o proceso que se nos ven enriba, se faga coa racionalidade e a xusta medida que o noso páis e a nosa terra merece.

xoves, 16 de outubro de 2008

SIN PALABRAS. ¡MANOLITO MANOLITO!

Medio Ambiente afirma que el plan eólico incumple la ley C. HUETE - Ourense - 16/10/2008 El País El conselleiro de Medio Ambiente, el socialista Manuel Vázquez, aseguró ayer en Ourense que "si la Consellería de Industria aplicase la Ley de Conservación de Espacios Naturales, no habría plan eólico" y se preguntó "¿dónde está Adega?" en relación con los aerogeneradores previstos por el nacionalista Fernando Blanco. Vázquez realizó estas declaraciones al hilo de las críticas que dirigió al senador nacionalista, Xosé Manuel Pérez Bouza, al que acusa de querer "dar gato por liebre" en relación con los proyectos de minicentrales en Galicia. "Ni hemos concedido ninguna, ni la vamos a conceder", advirtió el conselleiro. El senador del BNG "está perdiendo crédito político y convirtiéndose en un especialista en medias verdades", añadió. Sobre la ausencia del plan de gestión del Cañón do Sil al que aludía Bouza, y que blindaría la zona, recordó al nacionalista que fueron "precisamente ellos", a través del Sindicato Labrego, quienes se opusieron a la declaración del mismo Cañón do Sil como paisaje protegido.
XA TE VIMOS VIR AO LONXE
Xa o avisamos. A cousa vaise quentando segundo pasan os días é se achega a data electoral. Si as declaracións que Cristina Huete, a xornalista de Ourense que escribe no xornal El País, pon en boca do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vazquez, son verdade, ou ten que dimitir xa ou explicar como un conselleiro non impide que se cometa unha legalidade que afecta ao seu departamento e, por conseguinte, a todos os administrados do pobo galego.
Dimisión ou que mida as súas palabras. Ser conselleiro non lle da patente de corso para facer o que quere e cando quere. E moito menos, a seguir insultando aos que non opinan como el.

mércores, 15 de outubro de 2008

MEMORIA E XUSTIZA

Memoria, para non esquecer, e xustiza para pór a cada quen donde merece. Aínda que tarde, o acto de onte debería servir para facernos refrescar a memoria e render a merecida homenaxe a todos os que deixaron a súa vida para que hoxe, nós, sexamos o que somos e poidamos vivir e opinar en liberdade. Que as cinzas de Ramón Suarez Picallo repousen na súa terra, faínos estar máis atentos para que Galiza e as nosas xentes non volvan a pasar polo que homes coma el pasaron. http://www.anosaterra.org/nova/os-restos-de-suarez-picallo-descansan-xa-en-sada.html http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=353343 XA ERA HORA, de que dun xeito firme se diga que! basta xa¡. Máis estragos na nosa natureza para fornecer de enerxía a meseta e a outros que seguen a vernos como os pobres que estamos no mundo para servir a eles, os ricos que estragan enerxía, que nos producimos a costa de perder o valor que máis nos da, a natureza. Agora só resta ver si é verdade ou si, pola contra son palabras previas a unha contenda electoral nas que se tenta achegar vontades e non encomodar a ninguén. http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=353278 http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/15/00031224022422094742301.htm http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/15/00031224022506776960399.htm http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/15/0003_7226424.htm http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Tourino/reclama/gestion/cuenca/Mino-Sil/descarta/embalses/elpepuespgal/20081015elpgal_8/Tes

domingo, 12 de outubro de 2008

SEMENTAR PARA RECOLLER

Rompendo unha norma non escrita, pero que estamos tentando respectar, de non aparecer directamente no blog, hoxe pómos a foto que aparece na Voz de Galicia e o comentario de Soledad Antón.
A defensa e posta en valor do noso patrimonio é un dos eixos fundamentais do noso traballo colectivo. A Serra da Groba, como se demostrou no outono do ano 2006, é un regulador que ten que ver con tódolos que vivímos no Val Miñor. A Serra nace no mar e sube ata chegar ao cume máis outo, aló máis perto das nubes. As xentes que estamos en SOS a Serra da Groba traballamos para que o equilibro que se necesita entre mar e serra, home e natureza, se manteña e a grande riqueza que atesouramos sexa un ben público e coñecido de todos. Para respectar hai que coñecer. Neso estamos.
Hoxe pomos no apuntamento a Xosé Lois Vilar como un exemplo de entrega e traballo. Os esforzos e o traballo que iste home está a facer polo noso patrimonio e a súa divulgación, estan pasando as fronteiras e chegando a milleiros de recantos do mundo enteiro, onde é recoñecido e valorado. Cousa que non ocorre máis perto, sobor de todo nalgúns círculos nos que se confunde meritos e traballo, con outras cousas nas que non ímos a entrar.
Un pobo que non respecta o seu e non o valora tende a desaparecer.
Mentres, os que traballan de verdade, non se paran e producen xoias como a que nestes días puxeron nas nosas mans. Iste libro de Talaxonimia é unha verdadeira xoia que ten dentro moitos quilates e que, como as boas obras, vai a ser moito máis valorada co paso do tempo.
Parabéns a Xosé Lois e a toda a xente que menciona no seu libro. A Roberto, que continúe e non se deixe levar polo desánimo. A Rosana, mil bicos e o noso agradecemento pola grande labor que fai na sombra. Xa sabemos do dito que tras dun grande home hai sempre unha grande muller. Niste caso, non é que se cumpra, e que está por diante e por detrás. Parabén a todos e moitas grazas pola vosa entrega e pola sementeira. A colleita a ser vizosa.