sábado, 25 de outubro de 2008

BARBARIDADE E BARBARIE

http://es.youtube.com/watch?v=0CVw3JJ9XTQ&feature=related SEN DESPERDICIO: NOVAS NA PRENSA http://www.anosaterra.org/nova/ofertas-galegas-chocan-con-parques-que-tramita-madrid.html http://www.anosaterra.org/nova/o-46-pensa-que-os-muinos-non-danan-a-paisaxe-.html http://www.anosaterra.org/nova/os-grandes-empresarios-do-pais-no-concurso-eolico.html TÓDOLOS INTERESADOS E OS LUGARES SOLICITADOS http://www.anosaterra.org/media/media0000008424.pdf !Que barbaridade¡ Parece que a evolución que, segundo os científicos, nos levou dos tempos da barbarie ao os tempos do progreso e , nos ultimos anos, do benestar, está a ganar a volta e levarnos outra vez aos tempos da barbarie. Si, como diciamos onte, lle botades unha ollada a listaxe de lugares onde se pretende pór un parque eólico, non nos queda nengún reuncho no país sen tarabelas. Houbo un tempo no que a terra era a fornecedora do traballo e do alimento da maioría. Por iso, os montes foron humanizados ata o máis pequeno e afastado recuncho para polos a producir e aproveitar os froitos que, por moi humildes que fosen, axudaban a vivir ás nosas xentes. Dende os cumes máis outos ata os vales, os galegos aproveitamos historicamente a terra, e vivímos nunha comuñón armónica coa natureza que deixou na nosa xenética un xeito especial de vivir e sentir a relación coa terra. Milleiros de anos tiveron que pasar para que ise sentimento, tan pouco entendido polos de fóra, se convertise en un dos sinais da nosa identidade. Ata os nosos poetas, notarios do que se ve e do que se sinte - máis dificil de reflectir e de explicar- deixaron nos seus versos ese amor e sentimento pola terra. Tivo que pasar todo o século XX para que, xa nos derradeiros anos, unha mutación se albisque nese xen galaico e trocara o amor e defensa da terra por un desprezo e unha especie de antropofaxía, que nos leva a destruir todo aquilo que, ata onte, era símbolo e sinal de identidade defendida e asumida por todos. O xen parbo, lle chamaría eu, faise dominante e atordoanos a todos permitindo que nos destruan, diante das nosa nafras aquilo que nos deu e nos da a vida. Remato, coma onte cuns versos de Celso Emilio Ferreiro: O DEDO NA CHAGA(Discos: Loitando/As palabras dos galegos) Estas palabras que digo abróllanme dende o fondo pois eu enxamais escondo a canción que vai conmigo. Cos meus cantares consigo ser como o vento lixeiro ninguén me marca o sendeiro ninguén me dicta a canción teño limpo o corazón pra cantar ceibe e senlleiro. Meu canto rudo e sinceiro co badoco non se avén desprecio a todo o que ten alma servil de logreiro sen outro Deus que o diñeiro. Meu canto a ninguén falaga ninguén por cantar me paga soio o pobo meu irmán aplaude o meu canto chan se poño o dedo na chaga. e lembrando a voz firme e rexa do ben querido e lembrado Suso Vaamonde, que de seguro, andaría, como andivemos noutros tempos, a loitar xunto a nós contra a desfeita organizada que nos ven enriba.

venres, 24 de outubro de 2008

TODOS QUEREN MÁIS

NOVAS NA PRENSA DE HOXE
OUTRA
Todos queren máis. Por que será que todos queren entrar, os que están fora, e seguir ampliando o seu volume de negocio, os que xa están dentro?.
A pesares das declaracións interesadas, das críticas e de movementos en falso, algúns están dispostos, segundo se desprende da nova que vemos no xornal, a investir grandes cantidades de diñeiro en negocios alleos ao sector eólico para, deste xeito, obter permisos para entrar na nova febre do ouro do século XXI, a das enerxías.
Se se suman os posibles parques eólicos a construir, sae un número que non somos quen de encaixar nun territorio que, por outra banda, necesita ampliar a Rede Natura e a protección da natureza. Asemade, tamén hai que deixar algo de terra "virxe" para que podan ver os nosos fillos, aínda que só sexa en fotos ou películas, lobos, lontras, osos, pitas do monte, algalias, cabalos do monte, cervos, corzos, abutres, bufos reais, miñatos e lagarteiros. Por que, xa antes do desexado, van a desaparecer a lebre, a perdiz roxa, o coello do país, anduriñas, xílgaros, bubelas, donicelas, sapoconchos, píntigas rabilongas, lagartos arnais e troitas. Lumes, urbanización e/ou industrialización do monte fan, e fixeron nos últimos anos, o que de seguir así con todo ise proxecto no noso monte, van facer tódolos parques eólicos proxectados. Facheandaremos de ter moitas leis protectoras e moitos decretos, mais a realidade é a que é aínda que se tente agochar baixo a arañeira mortal da burocracia lexislativa proteccionista. Se non, botade unha ollada para atrás e mirade que foi dos estudos de impacto ambiental das obras dos derradeiros dez anos e as resultas dos mesmos no territorio.
Que verde era o meu val, película da nosa nenez que, ao relembrar, nos trae ao caletre aquela frase castelan de entre todos la matarón y ella sola se murió.
Galiza, doce mágoa das españas,
deitada rente ao mar...
ise camiño.

martes, 21 de outubro de 2008

SEN DESPERDICIO

A nova que podemos ver hoxe no xornal El País non ter desperdicio e, que casualidade, concorda co que vimos denunciando dende SOS A Serra da Groba no tocante a ampliación da Rede Natura e as declaracións que leva feito o señor conselleiro de Medio Ambente.
Pode saír nos periódicos e en tódolos medios de comunicación dicindo o que queira, está demostrado que a súa propaganda non deixa de ser medias verdades por non decir mentiras. A súa actuación, no que respecta a Serra da Groba e a ampliación da Rede Natura, é unha tomadura de pelo e un insulto a intelixencia das persoas que vivímos preocupados polo que nos rodea.
Como temos apuntado noutras ocasións, nunca tanto se lexislou e nunca tanto se estragou a natureza e o patrimonio natural e cultural do noso país. Cada político que pasa pola Xunta, sexa da coor política que sexa, tenta deixar a súa pegada promovendo leis e vendendo cara a opinión pública un labor que, na práctica, pasado o tempo e feita unha analise rigurosa, só deixa desfeita e moito papel impreso.
Cantos se preocupan de verdade de que se cumpran as leis? De onde veñen tantas desfeitas e tantas perdas irreparables, si leis hai de abondo e funcionarios e policías tamén?
No teñen credibilidade, e cada vez teñen menos.
O pobo non pode pór en mans de políticos como os que temos o futuro do país e dos nos fillos e netos. A clase política necesita un repaso que lles faga voltar a realidade, na que se xulgue de verdade a cada quen polo que fai, e non polo que dín que fai.

luns, 20 de outubro de 2008

BOA SORTE CONSELLEIRO

NOVA NA PRENSA ONTE http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/10/19/0003_7238193.htm Nunha entrevista co conselleiro de industria, Fernando Blanco, vemos as intencións da súa consellería e o plan a desenrolar co Concurso Éolico. Aínda que todo parece moi bonito - imos esperar ao mes de novembro- algunhas cousas seguen sen cadrar, e as intencións xa sabemos que non sempre coinciden cos feitos. O problema da evacuación non está resolto, nin se ten explicado como se vai a facer e que custos ten, en termos económicos e medioambientais. Non se pode facer unha raia nun papel ou por riba dun mapa e despois mirar a ver que pasa. Os novos parques eólicos van a ocupar moitas hectñáreas de terreo en lugares onde a man do home non debería nin tocar a natureza que, por outra parte, foi a máis desprezada nos ultimos anos. Como vimos dicindo dende hai tempo, non se pode no século XXI vestir un santo e desvestir outro. Non se pode argumentar a necesidade de enerxía e a suficiencia enerxética como escusa para tirar para adiante, aínda que esto supoña unha inxección de capital en outros apartados do noso tecido industrial, ao que non lle negamos eivas e necesidades. A costa do noso patrimonio natural non se pode tentar remedar o moito mal feito no pasado. Non tería perdón que, con outra cara e outra apariencia, fixeramos algo parecido ao que na ditadura fixo Franco cos nosos ríos. Por iso e polo ben de todos e polo que lle desexamos boa sorte conselleiro.