venres, 31 de outubro de 2008

997 PETICIÓNS

Segundo o xornal La Región, son 997 as peticións para a instalación de novos parques eólicos e só unhas 75 as que se concederán.
Podemos ver na nova do xornal ourensán, como case non hai concello que teña montana que fique sen peticións para a instalación dos novos parques.
É a provincia de Ourense unha das que máis monte ten, e espazos onde aínda se conserva a natureza con unha grande riqueza de fauna e flora. Moito nos tememos que os grandes poderes económicos e empresariais van a levar a estes espazos a desaparición de parte do seu valor, coa perda de especies moi sensibles, tanto animais como vexetais, que necesitan afastarse do home e as súas obras.
Se, ao remate, o diñeiro pode co senso de conservación e protección, que creemos debe prevalecer, confirmarase o que vímos denunciando dende hai tempo: sobran políticos e leis, e falla cordura e sensibilidade. Parece que o coñecemento e o analise do que ten pasado noutras partes do mundo, non chega e non nos fai parar o viaxe arrasador dun mal entendido progreso.
Dende SOS a Serra da Groba, seguimos traballando para que se poña remedio a tempo a tanta ineptitude e se racionalicen as accións.
Un detalle a ter en conta, é o do apuntamento do artigo sobre as peticións dos concellos de Carballeda de Avia e O Riós para instalar pequenos parques para o aproveitamento por os propios concellos. A ver si se lles conceden. Aí está a clave do que debería ser o desenrolo do decreto eólico e as posibilidades para mellorar a eficiencia dos concellos e de tódolos pobos no tema enerxético e ecolóxico.

martes, 28 de outubro de 2008

O NEGOCIO POSIBLE

NOVAS NA PRENSA HOXE
As contas da leiteira igual non saen. Tantas previsións para ter no 2012 todo o tinglado montado, e agora sae REE con que ata o 2016, como comentabamos onte, non imos ter capacidade para evacuar o que teoricamente podemos producir.
Enfádase o conselleiro, e manda recado para que se poñan a traballar e non lle váian a botar por terra o chiringo.
Mentres, as empresas apuran as posibilidades e xogan a aproveitar as axudas para instalarse nas zonas que máis cartos públicos dan.
Torres no aire e muíños de vento quixotescos, para inzar o pais dos mil ríos de parques eólicos, convertendoo no país do millón de muíños de vento.
Onde irán parar o millón de vacas das que falaba Manolo Rivas?

luns, 27 de outubro de 2008

20016

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008102700_4_269013__Galicia-Electrica-preve-nuevos-parques-eolicos-Galicia-funcionen-hasta-2016 DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBENTE EN GALICIA HOXE http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=357776 Dúas novas na prensa de hoxe. Unha para certificar o problema do que temos falado abondo, a falla das chamadas "Autopistas enerxéticas" para evacuar a enerxía producida polos aeroxeradores. A outra, o señor Manuel Vazquez, conselleiro de medio ambente, que segue a dicirnos o bo e eficiente que é. Claro, os ecoloxístas uns son bos e outros son malos. Depende. Si critican e lle poñen os erros e as mentiras enriba da mesa, somos malos, se denuncian pero transixen, son bos. Cando se dará conta iste señor de que as palabras so son iso, palabras, e o que conta de verdade son os feitos, e ises, por desgraza, están a darnos a razón. De tódolos xeitos, non ten despedizo a entrevista e algunhas opinións, que se non tuveran detras unha chea de apaños e mentiras, case poderían pasar polas dun home preocupado pola conservación da nosa terra. Para rematar, o que parece un chiste de humor negro é o tema da lei da paisaxe. A ver que lle pon a nota ao que uns vemos e outros non queren ver. Cal vai ser paisaxe protexida e cal non, e por que.