sábado, 6 de decembro de 2008

VERGOÑA

NOVA NA PRENSA
Siguen aparecendo novas na prensa relacionadas cos posibles dereitos das resultas do concurso eólico.
O nefasto Concurso Eólico, que parece que non chega nunca, está producindo máis noticias especulativas que espectativas de futuro para un país que necesita máis eficiencia enerxética e sentidiño na explotación dos recursos. Unha mala xestión e programación, dende o noso punto de vista, por parte da Xunta de Galiza do futuro enerxético galego, estános levando a observar como as políticas que deberían ser sociais, progresistas e sustentableis - entre outros adxectivos- só reflexan máis do mesmo ( aínda que se tente disfrazar de outra cousa): continuísmo, especulación, desfeita do patrimonio natural e patrimonial, irracionalidade, colonialismo e dependencia de potencias económicas depredadoras que só buscan beneficios e contas de resultados. E mentres, perdemos o tempo e o capital natural que é patrimonio de todos, póndo en mans de especuladores que só van deixar no país unhas cantas migallas, mentres non creben ou vendan os seus dereitos. -legal ou ilegalmente- a segundos e terceiros.
O capital non ten patria nin corazón. Non ten sentimentos.
Cando esta Xunta de Galiza nova entrou a gobernar, moitos fomos os que sentimos un ar de esperanza, un vento de cambio que parecía que ía a deixarnos, por fín, algo de ilusión e posibilidades de ver como os esforzos de toda unha vida podían ter sentido nun novo país transformado entre todos. Xustiza, racionalidade e planificación para artellar as ferramentas que nos ían levar a construcción dunha Galiza máis forte, moderna e sustentabel, preparada para abrirse camiño nun século de grandes transformacións, sociais e tecnolóxicas.
Pasada a lexislatura, e feita a reflexión demorada que require non ser imprudentes nas calificacións, só nos queda unha grande anguria e a palabra decepción.
Non se trocou de modelo enerxético, non se mudarón certas costumes e xeitos de facer da administración, e non se tratou ao cidadán como verdadeiro destinatario dos beneficios que secularmente reclama e se lle agochan. Un goberno de esquerdas non pode cifrar na política da propaganda e o fume a súa xestión. Non pode enganar ao cidadán un día si e outro tamén. Seguir coa arañeira de accións pantalla que non teñen por trás maís que atrezzo para un escenario falso no que se representa unha obra pretenciosa, mala e insolidaria.
Poido o capital. Nin Psoe ni BNG foron quen de facer a metade do que prometeron e só nos poden vender palabras e máis palabras. Os feitos son teimudos e quitan e dan razóns, maís aló dos grandes discursos e despilfarros en medios de propaganda e empeños en amosar pequenos logros.
A tarefa era dura, non o podemos negar, máis en moitos casos non se estivo a altura, e o que é pior, nin siquera parece que se quixera estar. Alomenos así o vemos.
O modelo fai auga, fracasa, e os patróns seguen a defendelo contra dos intereses dos que os puxemos aí.
Moito teñen que mudar as cousas, e moito algunhas persoas, para que gañen credibilidade e sexan capaces de manter nas nosas mentes a esperanza e os azos para defender siglas e equipos que traizoaron ao pobo galego.
Seguiremos loitando pola xustiza, por trocar o modelo de sociedade e construir un país máis xusto, menos agresivo e sustentabel. Os nosos fillos meréceno. Os que críamos que estaban con nós na loita por un mundo mellor, agora só son burócratas agarrados a unha nómina e unha posición moi vantaxosa para eles que nos vai facer máis pobres a tódolos demais.
Por iso berramos
¡Goberne quen goberne, Galiza non se vende!

MAGNÍFICO ARTIGO

http://www.vieiros.com/opinions/opinion/582/mais-eolicas-principio-do-fin Estupendo, claro e gráfico. Nin unha palabra máis Parabéns ao seu autor.

martes, 2 de decembro de 2008

¡ XA ESTÁ BEN!

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=371158 Nadie quere entrar directamente no negocio das eólicas? Non parece, polo que se leva escrito e dito, que sexa moi certo. Tódalas grandes empresas do país e do extranxeiro, directa ou indirectamente, están interesadas ou teñen participacións en grupos que optan a concesións. Algunhas das empresas están en varias peticións a un tempo. Xogan a dúas bandas con empresas e participacións varias, para tentar meterlle o dente a un negocio moi lucrativo para elas, non tanto, para os propietarios da terra e o propio país, por moito que se diga que o sistema ten mellorado,- é certo-, mais non é suficiente. Na prensa de hoxe temos unha boa mostra do que é o negocio e as carencias que prestan no servizo aos cidadáns. Neva un pouco, e un feixe de pobos fican sen servizo electríco por máis de 48 horas sen que se lles de unha solución. Seguramente, moi perto, as tarabelas das eólicas producen milleiros de euros para a mesma empresa ou outra participada. Outra nova. As autopistas galegas pasan a ser dun grupo dos EEUU, Citigrup, que está intervido polo goberno do seu país. Na radio escoitamos ao seu representante en España, dicindo que van a cumprir os seus compromisos con Galiza si o estado lles garante recuperar a inversión. Está claro, nós pagamos dobre e iles ganan triple. O pobo sempre paga. Con diñeiro ou con calidade deficiente de servizos, e iles, con crise ou sin ela, sempre ganan. ¡ Xa está ben!

domingo, 30 de novembro de 2008

MARCOS VALCÁRCEL

Na prensa de hoxe referencias a Macos Valcárcel, e a presentación do seu libro onte en Ourense. A pesares de non poder estar na homenaxe que se lle fixo, queremos dende este espazo reivindicativo e de denuncia, pór un pequeno gran máis de forza e alento para enviarlle, dende o Val Miñor, a iste ourensán nobre, bo e xeneroso, que tanto ten traballado pola dignidade do noso país, a súa língua e historia, dende o local ao universal. Unha aperta e moitos folgos para seguir na loita, na dura loita do día a día. http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008113000_16_277827__Ourense-Marcos-Valcarcel-resume-libro-historia-Ourense-dende-romanos http://www.anosaterra.org/nova/homenaxe-de-amistade-a-marcos-valcarcel.html http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/11/30/0003_7357811.htm http://www.laregion.es/noticia/75380/ourense/homenaje/marcos/valcárcel/cena/presentación/libro/historia/ A VOLTAS CO VENTO http://www.elpais.com/articulo/Galicia/concurso/viento/elpepuespgal/20081130elpgal_3/Teshttp://www.elpais.com/articulo/Galicia/Amancio/Ortega/entra/negocio/biofuel/energias/solar/eolica/elpepuespgal/20081130elpgal_4/Tes com/articulo/Galicia/concurso/viento/elpepuespgal/20081130elpgal_3/Tes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/concurso/viento/elpepuespgal/20081130elpgal_3/Tes