xoves, 11 de decembro de 2008

SEGUE A LOITA MEDIÁTICA

Xa falta menos e a cousa cada minuto que pasa quéntase máis.
Botandolle unha ollada a prensa de hoxe, podemos ver os distintos enfoques duns e de outros, segundo os seus intereses e predileccións.
A verdade é que é unha mágoa o que se está vendo, e un perigo o que pode vir.
Mentres, do sustancial ninguén fala. Só de diñeiro - en millóns e millóns- que van a manexar uns cantos xogando co patrimonio e o futuro de todos.

martes, 9 de decembro de 2008

´¡É A GUERRA¡

A Voz de Galicia segue ao ataque -agora máis que nunca, por que xa está na rúa o Xornal de Galicia, o seu competidor en mans de outro rei, Jacinto-. Si fose ela directamente a beneficiada do reparto, non estaría tódolos días a repartir novas sobre o tema sen dicir nada sustancioso que non se saiba. O caso é que xa falta menos e a guerra está apunto de estalar. Haberá que preparar as trincheiras e pertrecharse - para botarse a rir ou chorar- Como se pode ver, polas novas que van aparecendo, os vedadeiros interese dso galegos non aparecen por ningures. http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/09/0003_7380457.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/09/0003_7380458.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/09/0003_7380459.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/08/00031228773230599668939.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/08/00031228773263287703325.htm

domingo, 7 de decembro de 2008

CRONICA DUNHA MORTE ANUNCIADA

As verdades dos empresarios dos parques eólicos ao remate só son engados para conquerir o que queren. O que si sucede é o que estamos denunciando e que tan ben ilustra a nova que segue. http://alacant.wordpress.com/2008/03/12/¿pecadodenuncian-la-muerte-de-especies-protegidas-por-parques-eolicos-mal-ubicados-despreciando-los-documentos-cientificos/ E nós, os galegos, facendonos os xordos, cegos, e moitos, mudos. Non señor conselleiro, non tragamos co Plano Eólico e a súa postura. Galiza non poder perder parte da maior riqueza que posúe por uns millóns de euros máis nas contas duns empresarios aos que o país importalles ben pouco. Na Serra da Groba non queremos ver imaxes como as da nova que publicamos hoxe. Na Groba queremos ver cabalos ceibes, paisaxe e historia, explicada dende o seu punto de asentamento, de nacencia, ata os homes e mulleres que nos aprecen e respecten polo que somos e queremos ser, homes e mulleres libres, con conciencia de seu e respectusosos coa terra que nos da a vida. ¡A ver si se enteran, señores conselleiros! ! Goberne quen goberne, Galiza non se vende¡