venres, 26 de decembro de 2008

SOPLA O VENTO

Xa sabemos a favor de quen sopla o vento. Dígase o que se diga, os máis beneficiados son os mesmos de sempre, o gran capital e a súa arañeira de empresas. Agora compre saber polo miúdo cales son os proxectos ligados a estas concesións e as condicións para desenrolar os mesmos. Compre salientar o papel do xornal La Voz de Galicia en todo iste tema. O seu titular de hoxe en internet e de autentico noxo. Aínda sendo críticos como somos co conselleiro e o seu proxecto, non podemos ficar mudos ante a manipulación interesada dise xornal que quere mandar máis que ninguén no noso país. Nen uns nen outros. Claridade e aposta firme pola ecoloxía e o desenrolo equilibrado do país. Isa é a nosa aposta e aí estaremos sempre. Xa haberá tempo para analizar en detalle a información que está chegando - polo que vemos, bastante manipulada- e darllea cada quen o que lle corresponda. Polo de agora, Galiza segue perdendo, por moito que tenten disfrazalo dun grande éxito. Úlo o exito e para quen? NOVAS NOS XORNAIS http://www.elpais.com/articulo/Galicia/inmoral/normativa/eolica/valore/fincas/molinos/elpepuespgal/20081226elpgal_8/Tes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Verdegaia/pide/suspension/concurso/eolico/elpepuespgal/20081226elpgal_6/Tes http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/26/00031230296525093763787.htm http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122600_4_284160__GALICIA-concurso-eolico-aplaza-traslado-Ence-Pontevedra http://www.anosaterra.org/nova/o-14-por-cento-da-potencia-eolica-sera-publica-.html

martes, 23 de decembro de 2008

PRENDER O LUME

Como era de prever, estalou a bomba e agora imos ver cales son os danos e as súas consecuencias. Non facía falla ser profeta nen moi espelido para imaxinar que antes ou despois o que está a ocorrer ía a ocorrer. "Pasou o que pasou", que diría o vello político retranqueiro. E agora que? A dous meses das eleccións, que publicamente se manifesten estas diverxencias no bipartito, non axudan moito a credibilidade de ambos. Nos, como temos dito reiteradamente, non confiamos neste xeito de facer política nin nas resultas da mesma. Os feitos veñen dándonos a razón e, polo que se albisca, a cousa vai a ir a pior. Aos galegos, en tempos de Nadal, coma sempre, tócanos a "lotería": a de pagar e a de sufrir as consecuencias duns mal gobernantes. Alomenos, publicamente iso é o que reflectin. O demais, só son palabras e promesas de político, que por desgraza xa sabemos o valor que teñen. Dende SOS a Serra da Groba, a pesares de todo, desexamos que o ano que ven sexa moito mellor que iste e para todos e todas os que creen nun futuro mellor e máis ecolóxico. Felices festas e moita saúde.

NOVAS NA PRENSA DE HOXE

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122300_4_283542__GALICIA-PSOE-abandona-comision-inseguridad-juridica http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122300_4_283543__Galicia-Blanco-apuesta-resolver-esta-semana-concesiones-participacion-PSOE http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122300_4_283581__Galicia-plante-socialistas-irrita-Quintana-considera-inexplicable http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122300_4_283583__Galicia-Feijoo-reclama-aplazar-concurso-para-nadie-recurra-ante-tribun http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PSdeG/rompe/comision/eolica/BNG/abre/brecha/bipartito/elpepuespgal/20081223elpgal_1/Tes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Atropello/legalidad/vigente/elpepiautgal/20081223elpgal_3/Tes http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/23/0003_7418922.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/23/0003_7418923.htm http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=378363 http://www.anosaterra.org/nova/o-psdeg-ten-dubidas-sobre-a-seguridade-xuridica-.html