Na prensa de onte e na de hoxe - e probablemente na dos próximos meses- veñen opinións e comentarios sobre o famoso concurso eólico. Todo o mundo ten dereito a opinar evidentemente. Agora ben, cando os que opinan son os políticos, que exercen ise mesmo dereito que temos todos, deberían medir ben as súas palabras e o que dín, por que corren o perigo de botar contra deles mesmos o seu discurso, ao contradecir o que levan dicindo e defendendo dende anos.
Xa sabemos que podemos recurrir e utilizar tódalas canles que a lei nos permite, aínda que dubidemos da efectividade dises recursos que, en moitos casos, se converten en papel para encher arquivos e papeleiras. O que xa non nos parece tambén é que o señor vicepresidente nos trate de parvos ou tontos, e con algunhas obviedades reiteradas no seu discurso, tente lavarse a cara e a responsabilidade e enganar ao seu electorado, digo ben ao seu electorado, non ao posible votante que non sabe a quen vai votar o día un de marzo.
Os que apostamos por un cambio na Galiza, por unha hixiene política máis aló da era Fraga, vemos como as palabaras e as promesas son iso, nada máis que iso e algunha acción de goberno que non podemos negar, mais que ficou moi lonxe das expectativas da maioría ilusionada que afrontaba unha nova lexislatura con grandes esperanzas. Chegados a iste punto, ao da acción da Consellería de Industria e o seu plan a prol de Galiza co decreto eólico, non valen agora mentiras e medias verdades par xustificar o que o tempo e os acontecementos, cada día que pasa, nos dín que é un fracaso. É un fracaso por que gañan os de sempre e perde pobo. As migallas das que fala o señor Quintana eo señor Blanco non son nada máis que iso, migallas. A aposta pola enerxía eólica estaría ben si se fixera como un país moderno que apostase polo futuro, proxectando primeiro e despois construíndo. Repotenciando en primeiro lugar, ordenando o territorio despois, Rede Natura e Plan Sectorial para decidir que é o que cabe, onde e como, sin destruir outro moito patrimonio que temos aí e que necesitamos e necesitaremso, cada vez máis, no futuro.
Que non insinúe o señor Quintana que non apostamos pola enerxías renovables. Renovables si, pero non a calqueira prezo.
A modernidade das novas políticas do BNG non poden quedar en propaganda e vender imaxes. Feitos, dentro e fora. O demais e voltar a repetir procesos que no século XXI nos van a levar ao século pasado e laiarnos do tempo perdido.
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/03/0003_7437098.htm
http://www.anosaterra.org/nova/a-resolucion-das-eolicas-cumpre-co-ecoloxismo-.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/02/0003_7435439.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/02/0003_7435440.htm
venres, 2 de xaneiro de 2009
MEDIR AS PALABRAS E O TEMPO PERDIDO

EXCELENTE RESUMO DA PROBLEMATICA EÓLICA
Calendario par iste mes de xaneiro
Hoxe só imos copiar e pegar, con permiso dos compañeiros de Axitación Social de Vigo. Chéganos da súa man no correo iste artigo que resume moi ben todo o que está a suceder co tema eólico e que nós vimos denunciando dende hai un ano coas nosa accións e actividades.
Parabéns aos compañeiros polo artigo e a claridade na exposición de tódolos feitos relacionados.
A ligazón ao artigo na súa páxina é http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/2009/01/reflexins-sobre-enerxa-elica-en-galiza.html
mércores, 31 de decembro de 2008
BENVIDO, PRESIDENTE
Si non dixera nada seguro que non metía a pata non se trabucaba. O señor presidente, está a facer o que non debe e a darlle mecha a oposición para que o ataque, a el e ao seu goberno.
Son tantas as tonterias e as mentiras que se está dicindo, que a credibilidade dos nosos políticos está polo chan. Con iso o único que están conseguindo e que a xente opte por non ir a votar e non darlle o voto a ninguén. Realmente escoitando e vendo o que fan uns e outros, é o que nos pide o corpo.
Que traballen e fagan o que teñen que facer polo país, e que se deixen de tratarnos como tontos.
NOVAS NA PRENSA HOXE
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Tourino/pide/conselleiros/rebajar/tension/concurso/eolico/elpepuespgal/20081231elpgal_6/Tes
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/31/0003_7433544.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/31/0003_7433545.htm
http://www.anosaterra.org/nova/tourino-di-que-o-reparto-das-eolicas-foi-eficaz.html
martes, 30 de decembro de 2008
TARDE PIACHE
Agora dí o señor conselleiro que hai que repotenciar e substituir os vellos aparellos eólicos por uns novos máis eficientes. Que o país non soporta máis muíños e que está saturados.
Como se pode falar así cinco días despois de darlle as empresas a posibilidade de seguir estragando centos de hectareas do territorio?
Como se pode leer -Faro de Vigo de hoxe- que os muíños van fóra da RN actual, e que a futura non lle interesa? Non escoitou a ninguén dicindolle que aí non, que había que ampliar a Rede Natura por que o proxecto do PP non respectaba o que había que respectra. Como pode, un personaxe público como el, dicir o que dí hoxe, e non ter feito o que o sentido común, as organizacións ecoloxístas e a cidadanía implicada na defensa dun mundo sutentabel lle pedíamos: facer primeiro o plan sectorial, programando o que o país necesitaba e onde e como podía encaixar. Pois non, non o fixo e agora aínda pretende lavar a cara dicindo o que dí.
Reiteramos. Tempo ao tempo
Cada un co paso do tempo vai ficando onde lle corresponde. Tristemente, nada diso non vai librar do andazo que nos acaban de botar enriba.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=380076
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=380081
NOVAS NA PRENSA HOXE
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008123000_4_284805__Galicia-Fernando-Blanco-Alvarez-Conselleiro-Innovacion-Industria-boicot-PSOE-proyectos-ganadores-seria-utilizacion-politica-suma-gravedad
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008123000_4_284804__Galicia-Ence-nunca-planteo-Xunta-traslado-sino-estudio-para-evaluar-viable
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Industria/ignoro/reparto/eolico/plan/proteccion/Medio/Ambiente/elpepuespgal/20081230elpgal_2/Tes
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/30/0003_7431515.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/30/0003_7431516.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/30/0003_7431518.htm
hthttp://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/30/0003_7431517.htmtp://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/12/30/0003_7431519.htm
ARTIGO DE ANTÓN LOSADA EN EL PAÍS
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/viento/llevo/elpepuespgal/20081230elpgal_10/Tes
luns, 29 de decembro de 2008
AGRACIADOS E CABREADOS
Chegou a maré de artigos, comentarios e novas despois da resolución do concurso eólico. Como era de esperar non todos saíron contentos nin se resolveron alguns dos temas que seica ía resolver o concurso apañado pola Consellería de Industria, segundo a oposición, e algún medio de comunicación que parece que se xogaba moito no tema, polos comentarios que leva facendo e o moito lume que está a prender con incendiarios comentarios.
As Caixas Galegas estan a frotar as mans pois son as máis favorecidas. A moitos empresarios tocoulles a lotería e a outros nin xiquera a pedrea.
E ao pobo galego e os propietarios dos montes?. Segundo o conselleiro, tamén. Imos a repartir unha porcentaxe dos beneficios que vai a redundar na mellora dos nosos montes e a calidade das redes electricas, por exemplo. Son palabras que aínda que chegasen a ser certas, non deixan de ser o reparto das migallas dun grande pastel que van a comer os mesmos de sempre. A diferencia co anterior goberno e notabel, pero non abonda para xustificar unha opercación que podía ter sido feita con garantías e avais para todos, na que o pobo galego podía ter ganado moito e podía ter posto unha punta na vangarda dun novo tempo, dunha nova era, nun xeito máis racional e sustentable de explotar os nosos recursos .
Agora seica van facer o plan sectorial. É dicir, facemos o tellado e despois pomos os alicerces e as placas para sustentalo. Como dician os vellos , mandamos o carro antes que os bois.
Mentres, moitos pobos galegos seguen sen potencia electrica e sen rede telefonica de banda ancha para afrontar os retos do futuro. Agora ben, ao seu caron as tarabelas e as centrais producen enerxía para mandar para outros lugares que medran e se enriquecen.
Así non, señor conselleiro. Así non. Diga o quediga fixoo vostede mal. Poido gañar alguns amigos - que non fidelidades- de viaxe curto, mais o pobo galego estragou unha das oportunidades máis importantes da súa historia moderna.
Tempo ao tempo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)