venres, 16 de xaneiro de 2009

MISERIA HUMANA

Hoxe podemos ler na prensa un pouco de todo relacionado co sector eólico. Por unha banda novas como a do concello da Veiga que se posiciona a favor de que se instalen novos parques alí, deixando atrás a idea primitiva de que ían a coutar o seu desenrolo turístico. Un concello coa paisaxe e o patrimonio natural como o da Veiga, dende a nosa opinión, debería ver ben que é o que gana e o que perde ou pode perder. Na pílora diaria qu a Voz de Galicia lle adica ao tem, sae unha nova de un sindicato de Ferrol que se queixa por que non lle tocou máis no reparto a comarca. ¡ Meu deus! Como si non tiveran xa dabondo o que teñen. Ver para crer. As rachas legais seguen a ser un dos argumentos da Coz de Galicia, e seguiran a selo ata o dái 1 de marzo, que problablemente sacarán algunha nova impactante para animar a xente a votar. Non o dubiden. Mentres uns atacan outros defendense ou contratacan. Aí está a nota de prensa do BNG aclarandolle ao Pachi o que está en xogo en cada mesa e o ben que saben facer as cousa alguns. Mal andamos ,e que pouco nivel amosan todos xuntos. Da auténtica mágoa ver os xornais. Mentres en Palestina segue a masacre, eiquí xogamos a non ouvir, ver nin falar. ¡Miseria humana! O presidente dos EEUUA vaise sen un mínimo de vergoña ou de arrepentimento. Outro chega que, como diciamos antes, nin quere ver, ouvir ou falar.. ¡Hipocritas! NOVAS NA PRENSA http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/16/0003_7463672.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/16/0003_7463673.htm http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=384791 http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=384782 http://www.anosaterra.org/nova/a-veiga-apoia-por-primeira-vez-a-instalacion-de-eolicas.html

mércores, 14 de xaneiro de 2009

MARCOS VALCARCEL

PARABENS A MARCOS VALCARCEL Noraboa e parabéns a Marcos Valcárcel polo premio que lle veñen de conceder os do PEN CLUB de Galiza. Non imos agora a gabar a Marcos e ao seu blog As Uvas na Solaina. Son moitos os méritos e merecentos por toda a súa labor na prensa e nas múltiples actividades que ten desenrolado e que desenrola alí onde se atopa. Reiteramos os nosos parabéns e a ledicia que nos produce ver como aínda hai xustiza nalgunhas partes. NOVAS NA PRENSA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009011400_4_288140__Galicia-Acciona-Fenosa-Iberdrola- Jove-pidieron-parques-eolicos-Natura http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/14/0003_7459011.htm http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=3840

martes, 13 de xaneiro de 2009

DOSE DIARIA

Como cando un ten gripe ou está doente de algo, o médico receitalle un xarope, unhas píloras ou unha pomada para ir curandose e deixar o mal atrás. Mentres iso ocurre, o paciente ten que cumprir coa rutina diaria de administrar os remedios segundo a receita prescrita: antes de cada desaiuno, xantar e cea. Dez días, un mes ou o que fora mester. O xornal La Voz de Galicia estános a demostrar coas súas píloras diarias de información sobre o tema eólico, que o mal que lle proe ten dificil curación, e só rematará cando as febres nacionalistas e/ou socialistas fiquen lonxe, moi lonxe ou con menos poder do que teñen. Non lle preocupa a ise xornal o verdadeiro problema que vimos denunciando moitos dende hai tempo. Non. Ise non é o mal que lle fai mandarlle as píloras diarias contra do bipartito e, máis ben, contra do BNG. O problema é o seu poder mediatico e os negocios propios e de amigos que ven perigar si as sús influencias non son tan fortes como o foron atao de agora. A culpa non é só deles. A culpa téñena os que tragan, e tragarón, coa pestilente manipulación dos medios informativos e fan que a prensa sexa un verdadeiro poder ( sin numeral). Ninguén se ocupa do real, do pobo e os seus verdadeiros problemas. O que interesa son os negocios e o poder. O gran poder mediático, que quita e pon ministros e conselleiros segundo conveña aos seus intereses. Non nos van a enganar, nin uns nin os outros. E que conste: GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009011300_4_287851__Galicia-reparto-concurso-Innovacion-divide-patronal-eolica-Galicia http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/13/0003_7456809.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/13/0003_7456810.htm

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=383745

domingo, 11 de xaneiro de 2009

DECÁLOGO PARA ACLARAR ALGUNHAS COUSAS

1. Os ecoloxístas estamos a favor da enerxía eólica: si. 2. Non é o mesmo enerxía eólica que un plan eólico x. 3. Si para producir enerxía, sexa do tipo que sexa, destruímos a natureza ou pomos en perigo parte importante dela, a solución evidentemente, non é a mellor. 4. Podense facer as cousas moito mellor. Por exemplo: facer primeiro un Plan sectorial no que encaixe o que teña encaixe e se desbote o que estraga ou pon en perigo espazos naturais, etnográficos ou paisaxísticos importantes. 5. Repotenciar antes de crear novos parques. 6. Crear unha empresa pública de explotación dos recursos eólicos, participada si se quere polas empresas privadas, pero sempre con maioría de capital público. Así, diste xeito, verdadeiramente repercutirá o beneficio no pobo galego. 7. Investir parte dos beneficios en programas de eficiencia enerxética. Non hai que consumir cada día máis, hai que aproveitar mellor os recursos enerxéticos. 8. Aproveitar os recursos xerados para levar aos lugares de producción as tecnoloxías e infraestructuras que posibiliten a modernización do rural e o acceso a banda ancha de calquerira cidadán, viva donde viva. 9. A paisaxe no é unha mercancía que se pode trocar por diñeiro ou construir cando se queira. É un valor en regresión polo chamado avance do progreso. Pódese comprobar vendo as fotos aéreas de hai 25 anos e as de hoxe. 10. Goberne quen goberne, Galiza non se vende. A PRENSA ONTE http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/11/0003_7453564.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/11/0003_7453565.htm HOXE LUNS 12 http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/12/0003_7455223.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/12/0003_7455224.htm http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=383393