venres, 20 de marzo de 2009

PRIMAVERA NA FRAGA DE OLIVEIRA

Chega a primavera a Fraga de Oliveira.
Non nos fartaremos de recomendar a visita a fraga de Oliveira. Sempre dicimos que hai que visitala nas catro estacións, para gozar dos matices que o tempo pón nas codias da árbores, nas cores das plantas, no burbullar dos cachóns e os brións das pedras.
Con respecto, agarimo e moito coidado en perturbar o menos posible o son do río, e a vida silandeira, pero abondosa, dos recantos e currunchos de toda a fraga.
Ferve a vida e nótase no canto dos paxaros e o bulir dos inséctos, no agromar dos fentos e o xermolar das follas das abeleiras e carballos, nise pintarse de mil tons de verde dos musgos, brións e as herbas. Os milleiros de ollos que non ves e que síntes, agochados nos furados e os tobos, están a ollar os teus andares que perturban o latexar da fraga.
E todo iso é Groba, auga, terra, madeira e pedra. Río e serra, vida que da vida que debemos coidar e mimar como a unha vella parella de avós que tanto nos dan e nos deron.
Convidados estades a gozar da fraga e comprometidos a coidala.

xoves, 19 de marzo de 2009

CONSECUENCIAS E OS OUTROS SINAIS

NOVAS NA PRENSA http://www.elpais.com/articulo/Galicia/meses/ver/tele/elpepuespgal/20090319elpgal_18/Tes http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031900_4_307599__GALICIA-Empresas-ganadoras-concurso-eolico-recurriran-paraliza-proceso As veces non lle damos moita importancia as pequenas cousas. Hai quen dí que son precisamente as pequenas cousas as importantes, porque de aí saen a maioría dos sucesos e aconteceres da nosa vida, daquilo que é cotián e que vai tecendo o discurso do que nos fai ser alguén e vivir. Si, as pequenas cousas importan moito. Na primeira nova que encabeza iste apuntamento podemos decatarnos do real que é iso, e da cadea de aconteceres e consecuencias que deriban do que , en apariencia, é un feito simple. O pretendido ben e beneficio dunha acción complexa - instalación dun parque eólico para ter máis "enerxia limpa"- deriva nun atranco e perda de benestar xeral dunha comunidade que perde algo máis que o sinal da TV. Día a día, ises veciños e tódolos demais que habitamos iste país chamado Galiza, imos a perder o máis importante, iso que non se ve e que só nos decatamos que o perdemos cando xa non o temos. Pórlle prezo ao vento, ao azul do ceo, desprezar o medio ambiente, ten de resultas máis consecuencias que a simple perda do sinal da TV. As outras consecuencias que ninguén quere ver mais que pouco a pouco se padecen, mal que nos pese.

mércores, 18 de marzo de 2009

VIVIR AQUÍ

Hoxe a noite no programa da TVG Vivir aquí, escoitaranse as voces de SOS Groba ante a intención de construir dosu campos de golf en Baiona. A nosa opinión e os nosos argumentos, hoxe a noite na TVG.

¡QUE MEDO!

NOVAS NO FARO DE VIGO
Seica hai medo por perder a tallada que algúns xa daban por propia? Aínda queda moito camiño que andar e moitas voltas para chegar a solución que satisfaga a todos. Vai ser dificil, sobre todo si temos en conta que os intereses que se están a ter en conta só son económicos, e dunha parte, as industrias. O país,coma sempre, quedará coas migallas e os restrollos.
¡Hai que paralos!
BEN FEITO
Iste é o camiño para chegar a solucións produtivas e sustentables. O monte ordenado, producindo, e ao mesmo tempo preservando a biodiversidade e o patrimonio. Hai sitio para todos e para todo si se fan ven as cousas e se utilizan criterios de sustentabilidade e de respecto, en primeiro lugar pola naturezae, en segundo polos interese lexítimos de todos os axentes que participan do uso do monte, sexa cal sexa o nivel do mesmo.