sábado, 16 de maio de 2009

MÁIS DO MESMO

Seguen a saír na prensa novas sobre a instalación de muíños de vento no mar. Seica todo son beneficios, por suposto que para as empresas que os instalan, e ninguén fala de as consecuencias que poden seguir a tamaña empresa. As nosas costas están en perigo constante polo tráfico mariño e os verquidos. Agora poden converterse nun grande parque empresarial que vai a dar moito diñeiro a empresas de fóra. Os mariñeiros, son unha especie en perigo de extinción, vanse a converter en obreiros de mantemento. ¡ Vivir para ver! http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051600_26_327728__Ciencia-y-Tecnologia-EolicCat-dice-debe-apostar-parques-marinos-para-conseguir-metas

mércores, 13 de maio de 2009

VENTO MAREIRO

O mar e o vento sempre estiveron ligados. A auga e a forza do aire en movemento levarón a Colón a America, trouxeron aos vikingos ata as nosa rías e axudaron aos nosos mariñeiros a buscar a vida lonxe da costa. Agora o deus Eolo ten que andar preocupado por mor do negocio que algúns queren facer cando se remexe por riba das augas de Neptuno. Cando os nosos poetas cantaban ao mar, ás rías, aos barcos que ían cargados de emigrantes cara America e as xentís andoriñas, endexamis poideron pensar que a romantica idea de botar a ollada a liña do horizonte para ver se se albiscaban as costas da America soñada, se ía ver tapada por ringleiras de muíños de ventos zoando -onde irán os queixumes do pinos- que nos empedirán ver o solpor. NOVAS NA PRENSA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051300_4_326409__Galicia-costa-molinos http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051300_4_326408__Galicia-tres-grupos-unen-para-rechazar-parques-eolicos-marinos-Galicia

domingo, 10 de maio de 2009

O QUE NOS ESPERA

Hai novo equipo de goberno. Declaracións de intencións e movementos para trocar de modelos de xestión. O capitalismo puro e duro segue a xogar as súas bazas, pese a todo o que está a suceder coa chamada crise provocada por iles mesmos. A ambición e os desexos de transformar todo en diñeiro que flue cara, coma sempre, os mesmos. ¡O que nos espera! Non é dificil imaxinar que o respecto polo medio ambente vai a estar onde sempre estivo para o PP. O que conta é a macro economía e o negocio. O diñeiro e as grandes empresas non saben ou queren saber de outra cousa. A loita continúa. NOVAS NA PRENSA http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=425183 http://www.vieiros.com/nova/73912/o-psdeg-sinala-que-xuntar-medio-ambiente-e-infraestruturas-e-como-poner-o-raposo-coidando-das-galinas http://www.vieiros.com/nova/73920/union-fenosa-quere-desprenderse-do-seu-49-de-sogama http://www.vieiros.com/nova/73741/o-ppdeg-pedira-que-a-camara-rexeite-outra-vez-os-parques-eolicos-marinos