sábado, 19 de setembro de 2009

GRACIAS

Gracias a todos/as pola vosa participación da xeira de onte. Aínda que o tempo non axudou, e a néboa fixo que non poidéramos desenrolar o programa tal cal o tiñamos previsto, a vosa compaña e participación énchenos de folgos para seguer na loita en defensa da nosa serra. Xa que logo, temos pendente unha nova xeira para completar a de onte. Os compañeiros de SOS Groba estamos tentando argallar unha xeira outonal, probablemente de sábado todo o día, na que queremos ensinarvos lugares novos e patrimonio non moi divulgado ate o de agora. Como sabedes, o outono é tempo de fungos e de froitos como as noces e as castañas. Temos varias ideas que imos desenrolar na nosa próxima xuntanza para preparar, coa axuda de todos, unha xeira con magosto e didáctica sobre os froitos do outono. Ademais da paisaxe e a toponimía, arqueoloxía e etnografía, a nosa serra ten moitos tesouros de orixe vexetal que no outono cobran o seu protagonísmo. Tentaremos facer algo para divulgalo e amosalo nun novo percorrido. Mentres non chega o día, seguiremos a traballar e buscando información sobre o estado do proxecto e novas actividades das que iremos informando puntualmente. Lembrar outro agradecemento para os compañeiros/as de Pontevedra dos Chichisos e Anxo de Fontes, pola súa animación perante o percorrido e despois, na festa na taberna de Nato, na Chan da Lagóa. E as e os bailadores que se atreveron a dar unhos puntos despois da cea. Ata daquela un saúdo e reiterado agradecemento polo voso apoio.

mércores, 16 de setembro de 2009

XEIRA REIVINDICATIVA O VENRES POLA GROBA

Iste venres subiremos á Groba para ver cousas novas. Os que nos tedes acompañado noutras xeiras xa coñecedes algúns lugares senlleiros da nosa serra. Desta vez imos a ver o Cortello do Porco,o segundo foxo de lobo que temos na Groba. Iste é diferente ao Foxo Pedriño, en magnitude e en configuración. Ten as súas peculiaridades que o fan moi interesante e singular. Tamén imos ver outra mámoa que non temos visto noutras xeiras e un conxunto de petróglifos descoñecidos para a maioría da xente. Pasaremos por lugares cara o norte e o oeste, noutras ocasións a camiñata ía cara o leste e o sur. paga a pena. Traede lanternas e roupa de abrigo e ganas de pasalo ben. Agardamos sorprendervos e que lembredes o día, a paisaxe e o patrimonio que veremos. Animádevos e animade a xente a asistir. Vémonos ás 20 h. na praia de Santa Marta, onde está o bar de madeira da praia. Subiremos en coche ata o Montouto (alto da Groba).