mércores, 7 de abril de 2010

A RAPOSA COIDANDO AS GALIÑAS

NOVA NA PRENSA http://www.elpais.com/articulo/Galicia/fiscal/acusa/doble/delito/prevaricacion/presidente/Portos/elpepuespgal/20100407elpgal_2/Tes Está ben que un fiscal acuse de prevaricación a un político. Está ben. Nun estado de dereito agora toca celebrar un xuizo e que un xuíz dicte sentencia. Todo iso é o procedemento común e tódalas gantías legais deben ser cumpridas. Agora ben, mentres todo isto pasa transcorre un tempo e levanse a cabo accións que en moitos casos non son reversibles, e aquelo que se formou ao longo de milleiros de anos destrúese en minutos. Os culpables non sempre son levadoa ante un xuíz, sobor de todo cando é a propia administración a que enlea a cousa cunha arañeira de decretos e leis que fan para non ser cumpridos ou para ocultar os vedaeiros estragos contra o medio ambiente. Cando nun curral se pón a raposa a coidar das galiñas non é de estranar que saia o sol pola mañan e ao ir recoller os ovos atopemos só plumas. Nas nosas serras hai moito que conservar e protexer. Os que denunciamos as desfeitas e valoramos o que temos non somos escoitados, e as raposas seguen a coidar dos galiñeiros. A tan manida cualificación de "Obras de interese social" para os muíños de vento está a ocultar os privilexios de que están dotando as empresas máis estragadoras do medio ambente no noso país. ¡Señores xuices, señores políticos, menos burocracia e máis realidade: nunca houbo máis leis de protección da natureza nen máis estragos e desfeitas! Algo ten que mudar

martes, 6 de abril de 2010

A TERRA REGALADA

NOV NO XORNAL EL PAÍS http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevos/parques/eolicos/ocuparan/terrenos/6000/propietarios/elpepuespgal/20100406elpgal_8/Tes A terra regalada, así é como fan negocio, e bob negocio, os promoteores dos parques eólicos. Os veciños que levan séculos coidando o monte e aproveitando os recursos directos e indirectos que iste proporciona, ven agora como os especuladores se apropian del sin piedade, e ofrecendo unhas migallas para que pareza que a cousa é xusta. Parece que imos para atrás, para o século XVIII, cando a Igrexa mandaba na maioría das terras, e os cidadáns tiñán que traballar arreo diariamente para sobrevivir e pagar tódolos impostos con que estaban gravadas tódalas actividades. Agora obrigannos a vender ou alugar e o prezo impóñeno iles, e se non queres, expropian por "interese público". Moito refinamento para chamarlle a explotación cruda e dura da nosa xente nunha democracia que só defende ao de sempre, ao capital (dos ricos, claro).