sábado, 8 de maio de 2010

A BOA VENTURA




FOTOS DO LUGAR CHAMADO BOA VENTURA na parroquia de Burgueira. A  plantación de kiwis non lle trouxo precisamente boa ventura ao lugar no que a história deixou as súas pegadas milenarias en forma de minas de ouro esgotadas, petróglifos e restos de antigos poboamentos romanos. Agora, as lebres e os coellos teñen vagantío para as súas brincadeiras entre unha nova especie vexetal, ata o de agora, descoñecida para eles. Xa o tempo dirá si son compatibles uns e outros. O que algúns queixeron que non o fóran, son as pegadas da história e un novo xeito de uso do monte. Ni que fose tan difícil conxeniar aos dous. Estamos seguros de que cun un pouco de máis sensibilidade e finura todos ganarían e convivirían, e enton, si poderíamos dicir que avanzamos e progresamos afrontando os retos do futuro sen esquecernos do pasado.
Mentres, ou mudamos as formas e os xeitos de actuar ou non imos chegar moi lonxe. Especular, pensar só no diñeiro, esquecer a natureza e a sotenibilidade, non son xa reivindicacións de algúns, son necesidades imperiosas dun xeito de facer as cousas nunha nova sociedade que ten que nacer ante un modelo económico e social esgotado e insostible.O futuro é noso, de todos, non só duns poucos, e aos que veñan despois de nós, debémoslle algo mellor do que lle estamos dando, e as amósegas do pasado tamén forman parte do futuro que temos que construír e son un valor engadido que hai que coidar e tratar con respecto, non facelo ben farános máis pobres e débiles.

SEGUE A DESFEITA

Segundo a prensa de hoxe, segue a desfeita e nin decretos de paralización nin nengunha lei existente están servindo para o que foron creadas, protexer o noso patrimonio e ordear as actuacións en lugares de interese natural ou patrimonial. Que a sociedade civil teñamos que estar facendo de polícias, de fiscais e de voceiros dos estragos, lévanos a dicir, de novo, en voz ben alta para que serven as leis e tódolos decretos?. Para que serven as institucións se chegan sempre tarde, e cando chegan, as cousas seguen como se non chegaran? Que nos queda por facer aos que amámos e defendemos o noso patrimonio, natural e cultural? De que serve toda a burocracia legal si non é capaz de parar o mal e deixa que este se prolongue no tempo empeorando as cousas? Ao remate, o pesimismo vai poder con nós. Non abondan as palabras. Queremos feitos. A realidade e moito máis crúa que calquera ficción imaxinada. Temo que rebelarnos todos contra da inoperancia e a ineptitude daqueles que, en postos públicos, usan o nos sistema social para a súa mellora persoal en contra do interese xeral da comunidade, que non esquezamos, somos todos, independentemente de onde vivámos ou nacéramos. NOVAS NA PRENSA http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=16809 http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/05/08/cultivo-kiwi-avanza-pese-ordenes-xunta/436774.html http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/08/0003_8470056.htm

venres, 7 de maio de 2010

SOSgroba: DESPOIS DA DESFEITA

SOSgroba: DESPOIS DA DESFEITA http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/07/0003_8467856.htm http://www.xornal.com/opinions/2010/05/06/Opinion/total-pedras/2010050618522500213.html

DESPOIS DA DESFEITA










NOVAS NA PRENSA


Artigo de Carme Adán no Xornal de Galicia
http://www.xornal.com/opinions/2010/05/06/Opinion/total-pedras/2010050618522500213.html
Nova en La Voz
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/07/0003_8467856.htm

xoves, 6 de maio de 2010

PARA QUE SIRVEN AS LEIS ?

NOVA NA PRENSA http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/06/0003_8465106.htm Segundo podemos ler na prensa de hoxe, todo o feixe de leis que existen para protexer o medio ambiente e o patrimonio, así como para levar a cabo calquera iniciativa empresarial, non serven para nada, ou para case nada, se non hai alguén , alleo a propia administración, que estea aí para facer a pertinete denuncia. A administrtación non deixa de producir leis e decretos que logo só fai cumprir a medias ou a algúns. Iso de que a lei e igual para todos, estase vendo que non é certo, ou polo menos, non nos obriga a todos por igual, como se está comprobando. Si eres poderoso, si tes moito diñeiro ou algún tipo de poder, os regulamentos e as leis son facilmente salvables mentres non haxa unha denuncia e a maioría da poboación non se entere do que se agocha por tras. Está comprobado que a existencia de moitos organismos, funcionarios e políticos ao fronte dos mesmos non é sinónimo de efectividade e/ou eficiencia. A arañeira de departamentos e de ordes e decretos, o único que está facendo e ocultarlle ao pobo simple e chan, os verdadeiros "tecemanexes" dos administradores e a ineficacia dunha administración cada día máis burocratizada e menos eficiente. Evidentemente, non todos os funcionarios e políticos son iguais. Agora ben, mentres os que non son iguais e o pobo se neguen a seguir mantendo isa porcentaxe dos chamados "inútiles necesarios" non hai nada que facer, ou si. Fica moito que facer. Non tragar e esixir quie todos os políticos e funcionarios públicos cumplan e fagan cumplir as leis. E, para as empresas e particulares, ser máis coidadosos e respectuosos co que é de todos.

luns, 3 de maio de 2010

CISCANDO MEDIAS VERDADES

O interese das novas da prensa non está no que din se non no que non din. Por unha banda as empresas que loitan por conquerir megawatios en parque eólicos, as que lle importa pouco o medio ambiente, a ecoloxía e os priopietarios do monte. O que lles preocupa de verdae son as primas que van a ter por producir a que chaman "enerxía verde" ou limpa, como si iso fose verdade, ou unha verdade a medias. Por outra parte o tema moi grave de onde e como se depositan os entullos que saen das obras do AVE e o misterio dos responsables que non queren dicir o que debería estar escrito con letras grandes nun gran tabioeiro a carón de tódalas obras. Seguimos adiante nunha sociedade hipócrita que engana e minte máis do que é tolerable. Así non é de estranar que pase o que pasa. NOVA NA PRENSA http://www.farodevigo.es/galicia/2010/05/03/sector-asume-mayoria-nuevos-parques-eolicos-gallegos-estara-2018/435038.html http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/05/03/0003_8458572.htm http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Fomento/deposita/escombros/AVE/vertederos/ilegales/elpepuespgal/20100503elpgal_3/Tes