venres, 16 de xullo de 2010

MÁIS ESPECULACIÓN Á VISTA



 Achégase o intre da nosa adxudicación de megawatios eólicos, o próximo luns. Xa se van sabendo algunhas das intencións polas novas da prensa. Como podedes observar, segundo o xornal que se mire, as informacións varian moito. De tódolos xeitos, a partires do luns seguro que temos moito que comentar. Para hoxe,  recomendarvos a charla/conferencia/coloquio,  de todo haberá, de XAVIER SIMÓN E DAMIÁN COPENA,  este serán ás 20 h. na sede do IEM,  Aula de Cultura Ponte de Rosas, avda. da Feira nº 10 de Gondomar. Ao remate, iremos a cear ao Pazo da Escola e seguiremos falando do tema que nos ocupa e de outros de interese para nós e o noso país.
Animádevos e pasade por Gondomar esta tarde/noite.

NOVAS NA PRENSA

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/07/16/0003_8613169.htm
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/concurso/eolico/atrae/multinacionales/extranjeras/elpepuespgal/20100716elpgal_4/Teshttp://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/16/0003_8612960.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/16/0003_8613082.htm

xoves, 15 de xullo de 2010

CONFERENCIA SOBRE A ENERXÍA EÓLICA NA GALIZA

Mañán venres ás 20 h.,  na Aula de Cultura ponte de Rosas, avda da Feira nº 10 de Gondomar, sede do IEM, haberá unha charla coloquio de Xavier Simón e Damián Copena sobre a problematica da enerxía eólica no noso país e o presente e futuro da mesma. Tentamos que o coñecemento nos aclare cal é a veradeira situación da enerxía eólica e todo o que hai por tras dela para, a posteriori, debater sobre o que nos ven enriba co novo decreto da xunta e a posibilidade de instalar novos parques eólicos en toda a Serra do Galiñeiro e a Serra da  Groba. Temos por diante moito traballo e consideramos que a información de man  dos que máis saben do tema debe ser o primeiro chanzo para seguir co resto.

AEROXERADORES PROPIOS

NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/15/parques-empresariales-puertos-granjas-casas-podran-abastecerse-aerogeneradores-propios/456143.html
O titular de esta nova que lemos no faro de Vigo podía ser motivo de alegría e regalarnos un pouco de optimismo. Mais, moito me temo que vai a ser que non. Non hai motivos para o optimismo por que a mesma nova fai referencia a letra pequena que está pendente de coñecerse, e como moi ben sabemos, aí é onde radica o miolo da cuestión.
De tódolos xeitos, ista nova lévanos a facer e reiterar a reflexión seguinte: Si nas granxas, fábricas, urbanizacións, edificios públicos e particulares, se poidera pór un tellado que producira e/ou almacenara calor e electricidade, e tamén  pequenos aeroxeradores,  cantos postos de traballo xerarían?,  cantos barrís de petroleo se deixarían de consumir e, en xeral, cantos beneficios sacaríamos todos e non só algúns que están no negocio enerxético só para iso, para facer negocio e non para prestar un servicio público e favorecer o benestar da xente?.

Pórlle pexas ao desenrolo de equipos de produción eléctrica para os particulares segue a ser unha das actividades das "nosasa autoridades" e, ou moito nos trabucamos, vai aseguir a ser así. Ollo e ao tempo.

MÁIS NOVAS
http://www.elpais.com/todo-sobre/tema/reordenacion/sector/energetico/172/

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/impulsa/aerogeneradores/autoconsumo/elpepuespgal
/20100715elpgal_9/Tes
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/15/0003_8611152.htm

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/15/0003_8611153.htm


http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/15/0003_8611154.htm
E seica hai que  seguir a estragar os montes para producir máis.
Para quén e para qué? Para baixarnos o recibo e o que pagamos seica non.