venres, 23 de xullo de 2010
QUEN DÁ MÁIS
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/23/coren-ofrece-complejo-ganadero-puja-eolica-norvento-plan-renovables/458351.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/23/0003_8626292.htm
xoves, 22 de xullo de 2010
!VIVIR PARA VER ¡
NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/novo-mapa-eolico/idEdicion-2010-07-22/idNoticia-571657/
! O QUE HAI QUE LER¡
http://www.galiciahoxe.com/politica-galicia/gh/tourino-galiza-non-vende-xera-inmobilismo/idEdicion-2010-07-22/idNoticia-571647/
Parece increible que a estas alturas da lexislatura aínda haxa xente que non foi quen de facer unha analise seria sobre os resultados das eleccións autonómicas e dos por ques dos resultados.
Un dos verdadeiros protagonístas da debacle do prometedor proxecto de futuro que supuxo o goberno bipartito, ao noso entender, foi " O presidente" Touriño que non soubo dirixir axeitadamente o seu goberno nin conectar coa cidadanía comprometida co país e o progreso, entendido iste como o desenrolo de políticas sustentables e serias que fuxisen dos modelos neoliberais fracasados en todo o mundo e en gobernos próximos.Ise "Presidente", como se fixo chamar na pior campaña electoral que se pode lembrar na democracia, atrevese agora a dicir que un movemento como Galiza Non Se Vende , que pode ter defectos, indubidable, mais que aposta firmemente por outro xeito de facer e/ou construir país, fuxindo da destrución programada do territorio de tódolos gobernos que ata o de agora houbo, diciamos, atrevese a botarlle a culpa do seu fracaso aos únicos que non se casan nin se venden con ninguén. Pobre home, si non fora por que hai moito no que loitar e moito que facer para tentar parar a destrución que políticos coma il nos están a programar tódolos días, ocupariamonos de ir detalllandolle, día a día, nun diario niste ou outro blog, os porques de que a xente non trague cos políticos e políticas que fan os partidos no poder e as grande mentiras que moven iste puto mundo capitalista que está a reventar e algúns seguen a defender como paradigma do mal chamado progreso. Cando tódolos paises están en perigo polos abusos do sistema financiero, os obreiros ven reducidos os seus dereitos e proteccións, os bancos levan os cartos dos tesouros públicos para salvarse da queima e os tabeiróns financieiros seguen a chucharnos o sangue, aínda se atreve o "Presidentiño" a botarnos a culpa aos que denunciamos as desfeitas súas e dos seus amigos.
Como cidadán sinto noxo, moito noxo, ao escoitar, (ler), as verbas dun home que foi o presidente do meu país e que tivo a maior e mellor oportunidade que nengún político tivo no seculo XX e no que vai do XXI, para pór a Galiza no camiño dun futuro prometedor, sostible e xusto coas xeracións pasadas e futuras.
Como dixemos enriba, como non hai tempo que perder, vaia señor Touriño o nos sentimento de mágoa ( non imos ser como vostede) polas súas verbas e a súa actitude ante o seu fracaso e a fustración de miles de galegas e galegos que albiscamos unha raiola de esperanza nun verdadeiro cambio cando vostedes chegaron ao poder. Nin uns nin outros souberon estar a altura das circunstancias que a historia puxo nas súas mans, e a propia historia quitará e dará razóns, mais infelizmente nós non estaremos xa para velo pero, por disgracia, os nosos fillos si, e eu teño moi claro o que lle vou contar aos meus netos ou aos dos meus amigos se un día os teño. Vostede coido que como adoita non momentos dificiles, ficara calado, ou o que aínda é pior, botarálle a culpa aos outros.
E lembre señor Toriño que
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

mércores, 21 de xullo de 2010
A VOLTAS CO REPARTO
NOVAS NA PRENSA
Son moitos os comentarios que atopamos na prensa de hoxe referidos ao novo reparto eólico. Mais aínda nos fallan moitos datos de interese, os lugares nos que cada empresa quere pór os seus aeroxeradores .
Seguiremos atentos a estas e a outras novas que nos van a dar moito que facer nos próximos meses. Non imos ter tempo para aburrirnos, nin para durmir tranquilos.
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/21/conserveras-lacteas-beneficiarias-bipartito-desisten-nuevo-reparto-eolico/457714.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/21/0003_8622597.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/21/0003_8622599.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/21/0003_8622600.htm
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/cajas/arriesgan/ser/excluidas/concurso/eolico/elpepuespgal/20100721elpgal_10/Tes
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/noventa-proxectos-concorren-concurso-eolico-galicia/idEdicion-2010-07-21/idNoticia-571330/
http://www.xornal.com/artigo/2010/07/20/economia/concellos-recibirian-das-eolicas-mais-usarse-canon-estremeno/2010072023383600228.html
martes, 20 de xullo de 2010
¡EU TAMÉN QUERO!
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/20/0003_8620586.htm
Todos a pedir que o negocio é máis bo do que din. Xa se sabe os que optan ao reparto de megawatios do novo Concurso Eólico. Agora toca esperar e ver as resultas do mesmo e analizar cales foron os criterios que primaron no reparto. Nos temos que estar moi atentos as peticións que poida haber para as Serras da Groba e do Galiñeiro, e seguir denunciando as barbaridades previstas se non se lle pon freo a tódolos intereses explotadores das empresas.
En todos os xornais sae a nova.
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/20/ochenta-proyectos-optan-reparto-eolico-xunta-mitad-concurso-bipartito/457487.htmlhttp://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/20/negocio-generara-2300-millones-euros-5000-empleos/457537.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/20/0003_8620584.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/20/0003_8620586.htm
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Industria/recibe/mitad/ofertas/eolicas/2008/elpepuespgal/20100720elpgal_1/Tes
http://www.xornal.com/artigo/2010/07/19/economia/xunta-recibe-menos-solicitudes-concurso-eolico/2010071923005100381.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)