sábado, 28 de agosto de 2010

DÉFICITS , DE QUE?


NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/08/17/00031282058050703854782.htm
!PARA FIARSE¡
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Informes/despacho/elpepuespgal/20100828elpgal_8/Tes
!ESTAMOS TOLOS¡
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/cierre/metalurgica/ahonda/crisis/auxiliares/eolicas/elpepuespgal/20100828elpgal_14/Tes

http://www.xornal.com/artigo/2010/08/27/economia/repotenciacion-eolica-supora-mais-ingresos-enerxeticas/2010082723584301391.htmlTodo se pode xustificar. Todo. Os alemáns na segunda gran guerra, xustificaron o exterminio dos xudeos todos cheos de razóns. Agora seica os postos de traballo están por riba do futuro. Só miramos o inmediato, ,o que temos nos próximos días, sen importarnos o futuro e as consecuencias do que facemos no presente. Os alcaldes queren votos para saír elexidos e ter o poder para mangonear. Gobernar é outra cousa moi diferente. Co tempo que levamos de democracia, deberíamos ter experiencia suficinte para decatarnos de que nos últimos 25 anos fixéronse  moitas cousas mal, e seguen a facerse mal, rematadamente mal. Os políticos, pasa o tempo e deixan o cargo ou fánllo deixar os votos, e as débedas e as burradas que fan pagámolas todos e as xeracións futuras. Eles seguen nos seus negocios ou nos seus retiros preparados mentres tiñan o poder.
Como a estas alturas se pode frivolizar tanto en tan pouco espacio nun medio de comunicación? Onde está o xornalismo serio , responsable, de investigación e crítico? Agora os medios só son mecanismos en mans do capital para crear opinión e manipular, sen escrúpulos e sen conciencia. O que interesa e a conversión de calquera produto, sexa información ou calquera outro, en € ou $. diñeiro e poder, poder e diñeiro. Para mostra calquera das novas que encabezan este apuntamento.





xoves, 26 de agosto de 2010

! UUUIIIIIÍ¡ QUE DESPISTE¡

NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/directrices/territoriales/obvian/nueva/Red/Natura/elpepuespgal/20100826elpgal_1/Tes
¡Uuuii uuuiii uiii! , que políticos estes que se esquecen do que din en campaña electoral e agora fan ao reves do que dixeron.

É evidente que a poítica do PP non ten interese nengún en protexer o noso patrimonio natural, os seus feitos veñen delatandoos. En calquera país cun mínimo sentidiño faríanse primeiro as directrices e planificacións do territorio, para despois artellar enriba os outros plans sectoriais que den sentido as políticas dun proxecto de país e de futuro, no que o territorio e os valores patrimonias teñen que ficar a salvo dos intereses destrutivos dos especuladores e das industrias que só miran os beneficios e as contas de resultados, sen importarlle moito o futuro nen os métodos e medios que utilizan para acadalos.
Que no ao 2010, de acabalo xa do 2011,  estemos aínda sen saber canto, como e onde imos a protexer o noso Patrimonio Natural, a pesares dos avisos e das advertencias da CEE, dínos as claras o que verdadeiramente ten importancia para o goberno que non goberna para o pobo galego, se non para defender os intereses dos seus amigos e das grandes empresas .Logo virán con discursos protecionístas e moita propaganda, dicindo que van a facer e que son máis que ninguén na proteción e coidado do medio ambiente e a natureza. Mentres, as rías, os ríos e as serras do país seguen a ser destruídas amparadas pola administración burocratizada e enleadora dunha caste de xente sen nengún escrúpulo.¡ Basta xa! mentireiros inmorais.



mércores, 25 de agosto de 2010

OS PREZOS DA ENERXÍA E AS CABRAS

NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/tahoces-pide-baixar-carga-fiscal-sobrea-enerxia/idEdicion-2010-08-25/idNoticia-582827/

 http://www.xornal.com/artigo/2010/08/25/sociedad/cabras-limpiar-monte-prevenir-incendios-portugal/2010082510595700751.html

 Parece que algúns escomezan a decatarse de que o monte é un complexo vivo que percisa de accións de intervención sostidas no tempo e acaídas aos usos tradicionais, e non só propaganda e gasto de milleiros de millóns de euros en políticas erróneas de prevencións de lumes só perante os veráns.
O pastoreo regulado e as explotacións de animais en réxime de liberdade semi controlada, son algúnhas das solucións que mellor resultado teñen dado historicamente aos nosos montes. Mentres en Portugal andan lixeiros na percura de solucións produtivas, eiquí seguimos a falar de investir en apagar lumes que nunca deberían prenderse si o monte fose unha fonte de riqueza produtiva, como sempre foi no pasado, e non de subvencións e negocios fáciles para espabilados e aproveitados.
Por eso, hoxe imos a ser atrevidos e dicir: o monte para quen o traballe, e non para quen o explote.A diferenza, cremos, é clara . Non a moito tardar,  imos a ter novas nas que poderemos explicar máis polo miúdo a frase e a conxugación dos verbos traballar e explotar.
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/08/24/isolux-opta-10-nuevos-parques-400-megavatios-concurso-eolico/466625.html