sábado, 11 de setembro de 2010

NOVOS NEGOCIOS, VELLOS INTERESES

NOVAS NA PRENSA Aparecen hoxe na prensa estas dúas novas sobre a produción de enerxía eólica que solicita Caixanova e o Cluster de empresas ligadas a Citroén. Coa disculpa da produción ecolóxica ¡? andan na percura de novas vías de negocio. Por outra banda, o tema do que xa temos falado niste blog, a forza das marés aproveitada para producir enerxía. Un futuro negocio que pode ser interesante máis, que tamén pode producir perigos para os ecosistemas mariños si se deixan desenvolver só con intereses especulativos . Alternativas, si pero con condicións, e antes que nada, respecto polo medio, niste caso, mariño e as actividades tradicionais de explotación de recursos, sostibles e ordenadas. ENLACES http://www.elpais.com/articulo/Galicia/negocio/eolico/une/Caixanova/sector/automovil/elpepuespgal/20100911elpgal_15/Tes OUTRA http://www.elpais.com/articulo/Galicia/proyectos/gallegos/estudian/obtener/energia/olas/elpepuespgal/20100911elpgal_16/Tes

martes, 7 de setembro de 2010

INTERESES NO CURRO

NOVA NA PRENSA http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Duelo/politico/curro/elpepuespgal/20100907elpgal_17/Tes Os intereses contrapostos que hai co patrinomio do monte lévannos a situacións como a que reflicte a nova que publica o xornal El País. Os políticos esquecen rapidamente cales son as súas funcións e par o que foron elexidos, e adicanse a facer campaña contínua e diaria so para seguir no cargo. Mentres, o país segue a perder os seus valores e as súas riquezas culturais e naturais, e a vender por unha presa de euros todo o que se poida vender. O xuntarse e buscar entendementos e solucións aos problemas, parece que hai que deixalo para os abogados e os pleitístas. Gastar cartos e tempo e emprobecer a ética social dunha comunidade enfrontada polos intereses sempre dos mesmos.

luns, 6 de setembro de 2010

CATÁLOGO ESPECIES AMEAZADAS DO M.M.A.

http://www.mma.es/portal/secciones/participacion_publica/biodiversidad/especies_amenazadas.htm PÁXINA DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE onde se recolle o Catálogo de especies a protexer, segundo proxecto presentado no mes de agosto para elaborar o Real Decreto para o desenrolo do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Proteción Especial e o do Catálogo Español de Especies Ameazadas. Como adoitan facer cando non queren contrastar opinión e pareceres, sacan os proxectos no mes de agosto, cando a xente está de feiras para que ao chegar ( remata o prazo o 10 de iste mes)non quede tempo para elaborar propostas alternativas, ou engadidos necesarios como, na nosa opinión, o do Cabalo Ceibe Galego, o de Pura Raza Galega, que a non moito tardar vai a desaparecer dos nosos montes como tal, e pasará a ser un animal doméstico máis fechado en recintos máis ou menos grandes, para ser utilizado comercialmente en exclusividade. Tamén ficarán os criados en picadeiros e cortes para a súa utilización como animal de uso recreativo e deportivo, co que non temos nada en contra, se non que a especie como animal ceibe desaparecerá e, polo tanto, a súa historia e tradición, a súa xenética e o seu carácter. Si. Quremos que se catalogue como animal en perigo de extinción, mentres as súas pobacións ceibe non se recuperen e pasen a ocupar os montes e serras que sempre ocuparon. Ceibes e sen a condea de ver os seus habitáts cheos de tarabelas xigantes comendo o espazo que dinantes ocupaban as anduriñas, os miñatos as lebres, os lobos e os Cabalos Ceibe Galegos.