mércores, 29 de decembro de 2010

Audio completo da Mesa Redonda Pola Protección da serra do Galiñeiro

FINALIZA UN ANO, COMEZA UNHA NOVA XEIRA

Público asistente ao acto.

Mesa redonda con, de dereita  a esquerda, Diego como moderardor, Francisco J. Benitez, Gonzalo Puerto e Adolfo Cordero

ADEUS 2010






Mesa redonda sobre a Protección da Serrra do Galiñeiro 28.12.10














Chegamos a fin de ano con malos ventos para a protección da nosa terra e da natureza. A publicación onte do novo reparto eólico, cos proxectos de novos parques na nosa contorna e por todo o país, así como o retraso en elaborar os Plans Estratéxicos para ordenar o territorio e facer unha explotación racional e acaída aos tempos nos que estamos, lévanos a non ser nada optimistas e a seguir preparándonos par loitar en moitos frontes que se abren. Agora mesmo, onte, votou a andar a nova Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro, unha plataforma na que esperamos se integren moitas máis organizacións e grupos para tentar deter as accións destrutivas que se programan para toda a serra. A falla de rigor, de planeamento e de sensibilidade por parte das autoridades competentes, lévanos a ter que facer un grande esforzo de explicar a cidadanía a nosa postura e as contradicións dos discursos oficiais. Unha das máis chamativas e a crítica que algúns, non moi ben intencionados, fan cando nos din que se somos ecoloxístas como estamos en contra da enerxía eólica.E temos que dicír que  iso non é verdade. Estamos en contra da especulación e a destrución do noso patrimonio natural, paisaxístico e patrimonial en troques dun teórico  "beneficio industrial verde", que se di a si mesmo, producindo enerxías limpas,  instalando parques eólicos en todos os cumes dos nosos montes, sen pararse a valorar suficientemente outros valores que están en risco de desaparecer ou transformarse.
Seguiremos facendo pedagoxía alí onde estemos, e levando alternativas a aqueles lugares onde ninguén se preocupou de dar información e amosar os grandes valores que atesouran as nosas serras, e que poden ser alternativas  e fontes de recursos para a sustentabilidade dos nosos montes e do noso patrimonio.
Por iso, amigos/as dende o noso colectivo de SOS  Serra da Groba, desexamos un ano novo mellor que iste que finaliza e que todos e todas sexades felices , reivindicativos e máis respestuosos coa nai natureza da que todos dependemos.
!Moitas Felicidades e abaixo co consumismo destrutivo¡

NOVAS NA PRENSA
Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/12/29/plataforma-pide-mos-gondomar-protejan-o-galineiro-planes-xerales/504415.html
Xornal de Galicia
http://www.xornal.com/artigo/2010/12/28/economia/eolicas-tienen-via-libre-sortear-compromiso-inversion-galicia/2010122823212800529.html
La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/12/29/0003_8935185.htm



El País
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/DOG/recoge/detallar/planes/concurso/eolico/elpepuespgal/20101229elpgal_7/Tes
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/zanja/directrices/territorio/manana/elpepuespgal/20101229elpgal_10/Tes



Galicia Hoxe
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/ano-menos-verde/idEdicion-2010-12-29/idNoticia-624959/
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/conservar-restaurar/idEdicion-2010-12-29/idNoticia-625038/

martes, 28 de decembro de 2010

RESOLUCIÓN NO DOG DO CONCURSO EÓLICO

 Para ler con calma e integramente
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 20 de decembro de 2010
pola que se aproba a relación de anteproxectos
de parques eólicos seleccionados ao
abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010
para a asignación de 2.325 MW de potencia
na modalidade de novos parques eólicos
en Galicia.

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/69dbe571cfe9ff2ec1257251004b10d8/2339246f1ffb3081c1257806005a75fb/$FILE/DOG_20101228_NUM_248.PDF

NOVAS NA PRENSA
Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/12/28/tesoro-700-metros-altura/504068.html
 La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/12/28/0003_8933099.htm

 Galicia Hoxe



http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/blindaxe-serra-do-galineiro/idEdicion-2010-12-28/idNoticia-624625/





luns, 27 de decembro de 2010

MANIFESTO POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO

MANIFESTO

POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO

A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e
Tui, alberga numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e
sociais, polo que as asociacións cidadás que subscribimos este manifesto, consideramos que teñen que
ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, galega e municipal vixentes.
Na actualidade só os PXOM de Vigo e o Porriño inclúen a súa parte da Serra como Espazo Natural de
Protección, a pesar de que o valor desta está avalado por documentos como o da Comisión de Espazos
Naturais da Axenda 21 promovida pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar no
2009 e o anuncio da ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal do Galiñeiro por
parte do Conselleiro de Medio Ambiente e os rexidores dos concellos implicados no 2008. Non obstante
a día de hoxe non só, non se cumpriron esas expectativas, senón que as ameazas sobre a Serra
aumentaron.
Solicitamos a protección da Serra do Galiñeiro para preservar todos os seus valores para disfrute de
todas e todos nós, así como das xeracións vindeiras porque queremos seguir tendo:
Un referente paisaxístico nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, Baixo Miño e O Morrazo pola
súa elevada altitude e polas formacións rochosas que a configuran.
Un rico patrimonio xeolóxico, tanto polas súas formacións de gneis de riebeckita nos cumes máis
altos da Serra, como polos seus valores tectónicos únicos no mundo. Destacamos como formacións
xeomorfolóxicas de orixe periglaciar a “Cova da Becha”, a “Lapa da Moura”, O monte dos Arruídos en
Vincios ou a dos Milagres da Trapa nos Cabreiros.
Hábitats de breixeiras húmidas, brañas, turbeiras e matogueiras de influencia mediterránea e
termófilas con endemismos, algúns deles catalogados pola Directiva Europea 43/92/CEE, como
“Hábitats Prioritarios” como as "Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de Ericas" ou “Hábitats
de Interese Comunitario” como as "Breixeiras secas” e os "Pastos pioneiros en superficies rochosas".
Queremos protexer a fauna de escasa presenza en Galiza, coma a azulenta papuda, ou endemismos
coma a saramaganta Chioglossa lusitanica ou a rá patilonga. Tamén a avifauna migratoria como o
picanzo real ou o pedreiro cincento. A ampliación da superficie protexida do Parque Natural do Monte
Aloia a toda a Serra do Galiñeiro garantiría a continuidade dos ecosistemas imprescindibles para todas
estas especies animais e vexetais da Serra.
Queremos seguir a disfrutar das pegadas da presenza humana en época prehistórica, dos petróglifos
como o de “Auga da Laxe” de características únicas no continente europeo e das mámoas como as
dos Bromús e as do monte das Moutas. De época histórica temos elementos importantes da
arquitectura popular: presas, levadas, muíños de auga, abrigueiros para pastoreo comunal e para
os obradoiros de cantería artesanal como foi a “Casa do Demo”
E por se non presentaran xa por si mesas valores xeolóxicos singulares, as numerosas cavidades
existentes na Serra do Galiñeiro, contan con elementos arqueolóxicos de orixe prehistórica e medieval,
ademais de acoller un rico e variado patrimonio inmaterial, que se expresa en numerosas lendas
populares e nun amplo abano de seres mitolóxicos.
Toda a Serra do Galiñeiro ofrece numerosos servizos económicos, de lecer, deportivos e culturais
nunha área tan densamente poboada como é a área metropolitana de Vigo. Actividades deportivas
e de ocio como o sendeirismo, a escalada, competicións de carreiras de orientación, colleita de
cogumelos etc, ás que temos que sumar os aspectos didácticos relacionados coas Ciencias Naturais e
Sociais que ofrece a Serra.
Amais disto, o Galiñeiro prové ao encoro de Zamáns e as súas aguas subterráneas abastecen as
traídas de aguas da veciñanza de toda esta contorna. Tamén acolle pastoreo de gado ceibe: cabalos,
vacas, ovellas e cabras. As greas do cabalo de monte galego permiten a celebración de dous Curros, o
de Vincios e o de Morgadáns. Esta raza equina autóctona está actualmente en perigo de extinción, e
a súa protección especial figura no Real decreto 1682/1977.
Queremos continuar coa xestión de aproveitamento multifuncional que moitas Comunidades de
Montes fan da Serra, sustento de actividades culturais nas parroquias, e verdadeiras dinamizadoras da
cultura do pobo.
Por todo o expresado denunciamos os proxectos e actuacións altamente impactantes que destragan
a Serra, impulsados por un desarrollismo que ignora as súas catastróficas actuacións: plantacións de
especies foráneas como eucaliptos ou piñeiros que reducen a biodiversidade e aumentan o risco de
incendios, zonas inzadas de acacias, proliferación de canteiras, moitas delas ilegais pero que continúan
en activo, así como canteiras en desuso sen a debida restauración. A presión de grandes
infraestruturas como a construción de parques eólicos, estradas de circunvalación de áreas urbanas,
son novas ameazas que se suman ao deterioro habitual que supoñen as pistas e movementos de terra
sen control, os vertedoiros incontrolados de lixo e entullos, o tránsito frecuente de motos de cross e
quads fora dos camiños e incluso a acampada ilegal.
Invitamos a toda a cidadanía, asociacións, clubs, entidades etc a sumárense a esta acción “Pola
protección da Serra do Galiñeiro”, a traballar, aportar ideas que apoien a salvagarda das riquezas
naturais, culturais e sociais que alberga e conduzan á declaración da súa protección.
Subscriben e apoian este manifesto:
ADEGA,
A RÍA NON SE VENDE,
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE VINCIOS,
ASOCIACIÓN “A GROBA”,
CLUBE DE ESPELEOLOXÍA “MAÚXO”,
COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS,
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO,
INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS,
MONTAÑEIROS CELTAS,
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO “CÍES”,
SALVEMOS MONTEFERRO,
S.O.S. GROBA,
VERDEGAIA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CASCO VELLO DE VIGO,