venres, 21 de xaneiro de 2011

IMPUNIDADE. COMUNGAR CON RODAS DE MUÍÑO


Seica temos que comungar con rodas de muíño.
Parece que, segundo a fiscal de medio ambiente de Vigo, a destrución do patrimonio consciente e apresurada, non é delito e que pode quedar impune, a pesares das denuncias e os avisos,  tanto do SEPRONA como da Delegación de Cultura. Seica ten máis valor en todo o sucedido, o procedemento administrativo que o espiritu das leis e os fins para os que foron creadas. Se non hai un letrado a pé de cada cidadán para construir un argumentario conforme a arañeira legal, pódese facer calqueria cousa que, se tes medios e influencias, a impunidade reinará nos actos destrutivos que cometas. Non importan os avisos, as advertencias, as chamadas de socorro nin o traballo a pról da defensa do noso patrimonio. O que importa e escribir ben, coas comas e os puntos no seu sitio, e perder horas, días  ou meses en procedementos legasi que non van a servir para deter as máquinas arrasadoras de todo o que se lle poña por diante, sexa o que sexa, e teña o valor que teña. Dicimos valor e non  precio, pois temos moi claro que en cuestión de precios o patrimonio sempre perde, pois sempre hai alguén que ten o diñeiro ou as infuencias suficientes para mercalo.

NOVAS NA PRENSA
http://www.valminor.info/novas/xerais/2927-sos-groba-presentara-unha-nova-queixa-contra-a-desfeita-arqueoloxica-de-oia
MÁIS

http://www.farodevigo.es/galicia/2011/01/21/castilla-leon-dispara-potencia-frena-plan-xunta-recuperar-liderazgo-eolico/510966.html

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2011/01/21/0003_201101G21P29991.htm

domingo, 16 de xaneiro de 2011

INDIGNACIÓN


Lembrades o apuntamento do 30 de abril de 2010
http://sosgroba.blogspot.com/2010_04_25_archive.html
Tratabamos o tema da desfeita dun xacemento romano e un petróglifo en Burgueira. Poñemos a continuación as declaracións feitas polo alcalde de Oia a un xornal


OIAUna explotación de kiwi arrasa un yacimiento arqueológico en Oia

El alcalde se niega a acatar una orden de paralización porque el proyecto genera empleo en el municipio
Los petroglifos de Boaventura, en Burgueira, fueron reducidos a escombros y desaparecieron por completo
Alejandro Martínez
 
29/4/2010

    «El único que puede paralizar esa obra es el alcalde y no lo he hecho porque Oia tiene que mirar al futuro, no al pasado, y unas piedras no pueden ser un obstáculo para que se pueda producir o no», matizó ayer el regidor local del PP.


    Onte tivemos coñecemento da resolución da Fiscal-Coordinadora de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente, Natividad Gurriarán Fernández
    (Clicar enriba da foto para ver ampliada se non a vedes ben)









    Como podedes ver é indignante. Produce cabreo e asusta ver que aqueles que teñen que ampararnos, ao remate, están permitindo a destrución do noso patrimonio dun xeito alarmante. Como se pode dicir que non hai delito si publicamente un alcalde declara na prensa que non para as obras por que non quere?. Como se pode dicir que non hai delito por parte da empresa, cando se lle comunica  tan pronto como se detectan as obras ao tenente alcalde ,presidente da Comunidade de Montes de Burgueira e vixiante forestal (tódolos cargos na mesma persoa) as afeccións que se estaban a producir e, sobre o mesmo terreo lle ensinamos as agresións e desfeitas sobre o patrimonio?. Como se pode dicir que o concello non estaba informado si publicamente o alcalde manifesta que si sabe o que hai e o que se está a producir no intre mesmo de se producir -por telo informadao os membros do IEM da sección de arqueoloxía ao Seprona e a Delegación de Patrimonio en Pontevedra-  e recibir desta mesma unha comunicación de paralización?. Que hai que facer entón para evitar un delito?, esperar a que se consume para logo argumentar o que se queira e xustificalo?, ou informar directamente e a maior brevidade a tódolos implicados para tentar non se produza o delito e se poñan as medidas correctoras necesarias non imcompatibles, por certo, coa actividade que se pretendía.
    Si nos atopamos ante un suxeto cunha pistola ameazando a outro, e avisamos á policía para que interveña e tente evitar un posible mal maior, non esperamos que nos contesten ao telefono, " cando haxa mortos, chamen, que polo de agora só hai ameazas e non imos facer nada"; esperamos que a policía interveña e deteña ao que ameaza e salve ao ameazado dun disparo ou calqueira outra agresión. Pois polo que lemos no decreto da fiscalía, a pesares dos avisos, das denuncias,  e de informar do feito de estar catalogados e estar sendo destruídos, quen podía deixou que se destruisen e non fixo nada ata que xa non había remedio.
     Asustados estamos ante a impotencia e a barbaridade. Que teríamos que facer a sociedade civil para evitar as desfeitas que as autoridades non son capaces de evitar? Arriscar máis? Denunciar máis? Onde e a quen?
    De que valen todas as leis, de que vale o traballo das persoas que nos preocupamos por defender o noso patrimonio si aqueles que deben velar por el emiten iste tipo de decretos.
    Temos que agradecer aos gardas civiles do Seprona o seu traballo e  a súa preocupación e dilixencia. Fixeron ben o seu traballo. Son outros os que teñen que responder que é o que fixeron eles, e para que sirve a súa presencia en certos organísmos si,  ao remate,  o resultado é o que vemos.