sábado, 19 de febreiro de 2011
!AÍNDA QUE CHOVA¡ MAÑÁN IREMOS AO GALIÑEIRO
Igual mañán chove. Pode que caia algunha auga entre as 10 e as 13 h, mais non importa. Estaremos ao pé do Galiñeiro para escomenzar a andaina reivindicativa que nos levará ata o cume. Alí, a carón das Gallas, secos ou mollados, leeremos o Manifesto en defensa da Serra do Galiñeiro e compartiremos con todas e todos os que nos acompañen as sensacións e emocións que esa brava natureza nos regala.
!Hai que mollarse¡ hai que comprometerse e loitar, denunciar e reivindicar aquelo no que creemos. Non podemos ficar parados, nin enfadados, agardando a que veñan outros a solucionar os problemas, a programar o futuro que desexamos para nós e para vós. Para todos. Si desexamos un mundo mellor, temos que construílo estudando, analizando e valorando o que temos, o que somos, o que fumos e o que queremos ser no futuro. Temos que respectar a quen respecta, criticar a quen especula e destrue, só para tirar redito a curto prazo, sen pensar no futuro e en que a natureza é o produto de millóns de anos de evolución, e que non se pode deixar que se estrague para arranaar un problema puntual, sen pensar en que no futuro tamén van a necesitar aire, verde, ceo, paisaxe e historia. Cada animal que desaparece, cada planta que morre, cara outeiro que se dinamita, cada paisaxe que se destrue, son anacos dun universo que non ten volta, que non se repite e que necesita respecto e armonía para que o gocemos sen deterioralo. Non podemos pórlle precio a todo e tasalo en euros. Hai cousas que non se poden mercar nin vender, aínda que se vendan e se merquen por parte de algúns. Hai que coidar a natureza e vivir en armonía co que nos rodea. Hai que buscar xeitos de explotar os recursos sustentables, non podemos pensar que podemos actuar sobre o medio sen sufrir as consecuencias, nós ou os que veñan despois.
por todo o dito, mañán aínda que chova, estaremos ao pé da Serra do Galiñeiro, ás 10.30 h para facer a Andaina acompañados dun refacho de esperanza que non imos deixar que se perda, e lembraremos que GOBERNE QUEN GOBERNE , GALIZA NON SE VENDE.
venres, 18 de febreiro de 2011
AMPLIACIÓN DA REDE NATURA
NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PP/rechaza/propuesta/ampliar/Red/Natura/elpepuespgal/20110218elpgal_12/Tes
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Baltar/destino/600000/euros/construir/vertedero/autorizacion/ambiental/elpepuespgal/20110218elpgal_4/Tes
A ampliación da Rede Natura parece que vai moi demorada e con retraso. O anterior goberno xa botou moito tempo dándolle voltas, para ao final. rematar a lexislatura sen aprobala. Agora, con un novo goberno na Xunta e co traballo avanzado do anteiror equipo de técnicos, parece que segue sen ser un asunto importante e vai demorandose ata que non haxa xa que protexer. A un goberno hai que esixirlle responsabilidade e que goberne. Que faga o que ten que facer por mandato dos cidadáns que votamos nas urnas. Deixar que o tempo pase, e que cada día se estrague máis e máis patrimonio natural, é unha vergoña e unha traición a todos aqueles que depositan o seu voto para que, sexan uns ou outros os vencedores, gobernen. Gobernar non é arreglar os asuntos privados dun poucos, nin os negocios de outros. Gobernar e facer que o ben común esté a salvo e que a cidadanía se sinta protexida. Ningunha das dúas cousas sentimos hoxe. A desprotección do noso patrimonio natural (tamén o arqueolóxico) e cada día maior, a pesares da grande cantidade de decretos e leis, que polo que se ve para ben pouco sirven.
Loxicamente, todos istes retrtasos na creación da nova Rede Natura, lévannos a sospeitar de que non interesa protexer. Hai que deixar que os intereses espoeculativos e moi lucrativos poidan campar as súas anchas e, despois, o que fique, tentar protexelo, aínda que só sexa en apariencia, para cubrir as formas.
Se nen sequera se lle fai caso a UE e as súas recomendacións, que credibilidade lle imos dar a un goberno que pasa da destrución do país e vende ao mellor postor todo o que se poida vender. Despois encheran os telexornais e os diarios impresos de anuncios e páxinas verdes falando de que somos os "máis mellores, de que como Galicia nengunha, e mentres algunhas consellerías, deputacións e algunha dirección xeral miran para outro lado mentres se desfai o que nunca se debeu desfacer: a identidade dun pobo.

mércores, 16 de febreiro de 2011
MÁIS FUME
A prensa segue a informar, como anticipamos noutros apuntamentos anteriores, sobre as mentiras dos proxectos industriais ligados ao concurso eólico e a falla de rigor nas puntuacións e nos proxectos valorados. Canto máis se analizan os datos máis increibles resultan. E, agora que ten que dicir o presidente do goberno galego? Onde están eses miles de postos de traballo e as inversións millonarias que ían salvar a Galicia do desastre económico? Fume, moito fume tentaron vendernos, e só fume fica no horizonte.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/premio/inversiones/eolicas/336/millones/crean/empleo/elpepuespgal/20110216elpgal_5/Tes

martes, 15 de febreiro de 2011
AINDAINA REIVINDICATIVA POLA SERRA DO GALIÑEIRO
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/02/14/diez-parques-eolicos-concedidos-montes-11-concellos-comarca-suman-218-megavatios/518189.html
Este é o percorrido da Andaina do próximo domingo polas abas do Galiñeiro. Os compañeiros de Montañeiros Celtas teñen organizado un espléndido traballo para que todo saia ben. Pregamos a todos/as os que tedes sensibilidade e amor pola natureza que espalledes a nova e, si vos é posible, nos acompañedes. Entre todos faremos unha marcha exemplar, respectuosa e reivindicativa, amosando o noso desexo de que se preserven e se poñan por riba de outros intereses, os medioambientais, paisaxísticos, tradicionais e culturais que temos na serra do Galiñeiro.
A saída será as 10,30 h. do Parque forestal de Vincios. Máis detalles nas páxinas
NOVAS NA PRENSA
luns, 14 de febreiro de 2011
MOITAS MENTIRAS
NOVAS NA PRENSA
El País
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/fontaneria/concurso/eolico/elpepuespgal/20110214elpgal_9/Tes
Polo que se vai sabendo, hai moitas mentiras agochadas nos proxectos industriais que se presentaron ao concurso eólico. Botándolle unha ollada e facendo algúns números xa se decata un de que algo non cadra. Mais, a pesares de todo o que calqueira que saiba sumar e quen de ve, aínda seguen a tentar facerno comungar con rodas de muíño.
Hai aínda prazo ata mañán para que as empresas presenten as súas alegacións e, pouco a pouco, algo máis imos ir sabendo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)