xoves, 28 de abril de 2011

S.O.S DOS CABALOS CEIBES NO MONTE

NOVAS NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/04/28/futuro-curros/539595.html
Hai que botar unha man para axudar e non ao pescozo para afogar a quen está aí mantendo viva unha tradición que, coa pexa que lle queren pór, vai desaparecer en pouco tempo.
Non se pode tratar igual aos Cabalos Ceibes do Monte que aos que se teñen no picadeiro ou na corte para pasear. Nin teñen o mesmo valor nin o mesmo prezo, é como se sabe, non é o mesmo valor que prezo. Os cabalos do monte valen moito e custan pouco. Valen moito por que cumpren unha función ecolóxica e     ( incluso diría que social) patrimonial que non ten prezo. Custan pouco por que non hai mercado para eles pola pouca rendibilidade en peso para canle de abasto,  e casi nula para outras labores que xa  só son testemuñas do pasado.
Preservar a  especie en liberdade ten moitos máis custes para os propietarios que beneficios, e loxicamente nesas condicións non hai quen  aguante e en  pouco tempo vai a desfacerse deles.
Marcar a ferro, obrigar ao rexistro no libro das Asociacións, seguro obrigatorio e responsabilidade da comunidade de propietarios, bastaría para acabar coa maioría dos problemas, que por outra parte sempre haberá inevitablemente como ocurre con outros casos de animais e de persoas. Botarlle toda a culpa aos cabalos é simplificar e utilizalos de chivo expiatorio.

mércores, 27 de abril de 2011

TRAMPA INTERESADA

NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/xunta-cede/idEdicion-2011-04-27/idNoticia-662978/
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/04/27/xunta-permite-celebren-rapas-caballos-tengan-microchip/539199.html
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/04/27/0003_201104V27C11991.htm
EÓLICAS

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xunta-rexeita-revisar-oficio-poxa-eolica/idEdicion-2011-04-27/idNoticia-663007/

 Hai tregua por que hai eleccións en maio. Non ten sentido que o que hoxe vale mañán non. Eso de facer a "vista gorda" ten moito de engadao para  chegar ao 22 de maio sen conflicto e despois, arrear a heito.
!Ollo ao piollo¡ Hai que buscar solucións, e háinas.
En próximos día proporemos algunhas.

luns, 25 de abril de 2011

!HAI POLÉMICA¡ SEN CURROS

Despois da reunión de este venres santo ben a polémica. Non houbo acordo e, polo que se ve, aínda o que é pior, hai división.
Non se pode ir por separado nun tema tan importante que está xogando co futuro dos nosos cabalos do monte, co patrimonio etnográfico dos curros e un animal que é necesario (máis que nunca) nos nosos montes.
Estaremos atentos e apoiaremos as asociacións que estén disposta s a loitar pola permanencia da tradición e do animal no monte, tal e como o estivo ata hoxe. As filigranas e desmarques interesados, non son recomendables e non van axudar a resolver un problema que é de todos. Propomos máis información , debate e reunións (as que faga falla) para acadar consensos e chegar a un entendemento que solucione o problema e nos permita seguir cara adiante, cada un cos seus proxectos e iniciativas, pero salvagardando o principal, o cabalo e a sú pervivencia en liberdade nos nosos montes.
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/04/25/norma-chip-caballos-dispara-suspension-curros-provincia/538561.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/04/25/sabucedo-asume-normativa-adelanta-bajada-manadas/538660.html
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/25/0003_201104G25P8991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/25/0003_201104G25P8992.htm
EÓLICOS
http://www.xornal.com/artigo/2011/04/24/economia/bng-pide-feijoo-revise-plan-eolico-pola-sua-ilegalidade/2011042423262600157.html

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/24/economia/psdeg-asegura-industria-tramitar-parques-invaden-zonas-rede-natura/2011042423262502856.html