sábado, 7 de maio de 2011

CURRO DA VALGA


Este domingo día 8, si o tempo o permite, estaremos no Curro da Valga apoiando aos propietarios das "burras do monte", os nosos Cabalos Ceibes do monte que agora máis que nunca, están en perigo de extinción pola falla de sensibilidade e compromiso da Xunta de Galiza,  que non é quen de entender o problema e aportar solucións para atallar un problema que ven de vello,  e que se está a agravar con imposicións como a de marcar aos cabalos ceibes cun microchip como si foran gando.
SOS GROBA está e estará co protección dos nosos cabalos e os Curros, patrimonio Etnográfico galego  de gran interese cultural e natural.
Achegamos o comunicado que imos repartir este domingo na Valga.

SOS GROBA APOIA AOS PROPIETARIOS DOS CABALOS E AOS CURROS
NON AO MICROCHIP NAS “BURRAS” DO MONTE
  • Por que as “burras do monte” non son gando, entendido como animales criados para tirarlle rendemento económico.
  • Por que as “burras do monte” nacen e viven ceibes, como animais salvaxes, e non se manipulan cando e como un quere, só nos Curros e con un grande esforzo e traballo de moita xente.
  • Por que as “burras do monte” xa teñan un marco identificativo, historicamente usado, que permite saber quen é o seu propietario, están rexistradas no libro das asociacións e teñen os seguros aos que obriga a lei.
  • Por que “as burras do monte” son un Patrimonio Cultural e Natural do noso país, que necesita protección para que persista e non se perda en pouco tempo. Están nos nosos montes dende hai miles de anos, como testemuñan os petróglifos, e forman parte da nosa cultura etnográfica dun xeito singular en toda Europa.
  • Por que cumpren unha función ecolóxica moi importante para os nosos montes, como desbrozadores naturais e como animal salvaxe en perigo de extinción.
  • Por que o seu valor de mercado e moi inferior ao seu valor social e, polo tanto, necesitan de medidas de protección e apoio para a súa pervivencia, nun medio suxeito a moitas presións e cambios que as levan a unha disminución paulatina moi perigosa.
  • Por que ou se crea unha figura de especial protección xa, ou desaparecen en poucos anos, co que eso suporía para o patrimonio cultural galego e europeo, que espera que algún día sexa considerado pola UNESCO Patrimonio Universal.
  • Por que nadie se opón a que se controle e regule, axeitadamente, a vida das “burras do monte” se non que se propón que se xeneralice o control mediante as Organizacións de propietarios por zonas, con un regulamento no que consten o libro de propietarios, os exemplares, os marcos e os seguros obrigatorios, segundo se está a facer xa na Serra da Groba.
  • Por que a Xunta debería propór a súa inclusión como Patrimonio Galego Inmaterial e animal salvaxe en perigo de extinción, e solicitar de Europa a súa inclusión no catálogo de especies protexidas e de especial regulamento polo seu interese patrimonial e natural.
  • Por que o microchip non vai evitar os accidentes, que son eso, accidentes e imprevisibles, se non que son as Asociacións de Propietarios xunto coas Comunidades de Montes e os Concellos, coordenados polas Consellarías de Cultura, Medio Ambiente Medio Rural, os que teñen que facer uns Plans de Ordenación do Monte nos que habitan as nosas burras para localizar e neutralizar posibles puntos negros e de conflicto, suxerindo e promovendo medidas correctoras en colaboración conxunta.
  • Por que a U.E. non obriga a pór o microchip aos cabalos salvaxes e si a protexelos, xunto co patrimonio que supoñen as súas festas tradicionais dos Curros e Rapas
  • Por todo o dito demandamos da Xunta de Galicia que axude a pervivencia da especie dos cabalos do monte derrogando a norma que obriga a colocación do microchip e axudando aos propietarios e asociacións, creando un Rexistro de Asociacións de Propietarios de Cabalos Ceibes do monte galego, e un Regulamento que acolla os usos tradicionais e as axudas para que non se extinga.
CABALOS CEIBES SI, MICROCHIP NON



xoves, 5 de maio de 2011

DOMINGO 8 MAIO, MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO


Os 60 colectivos que forman a rede continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.
CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA

Por unha utilización racional dos recursos naturais
Pola protección do patrimonio natural e histórico
Por unhas rías limpas
Por uns ríos vivos
Pola defensa da nosa soberanía alimentaria
Por un litoral público e natural
Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura
Por uns montes ben xestionados
Pola participación da cidadanía na xestión do noso
Por unha xustiza incorruptible
Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza
Por un transporte colectivo eficaz
Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes
Por unha xestión responsable dos residuos
Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza

http://www.youtube.com/watch?v=zabv8Pg8voU

www.galizanonsevende.org