venres, 26 de agosto de 2011

OS RENDEMENTOS DO NOSO MONTE

Podemosa ver hoxe na prensa como en Allariz seguen con proxectos para pór en valor os nosos montes e tirar proveito de actividades que, noutrora, foron a fonte de vida dos nosos paisanos.
Os valores engadidos na produción ecolóxica, o mantemento do monte e os ecosistemas, o turísmo, son suficintes motores para manter a poboación na propia terra, sen emigrar, e conquerir mellor calidade de vida para os veciños.
O monte necesita de proxectos que teñen futuro e que dan beneficios múltiples, máis aló dos exclusivamente especulativos que outros tentan introducir estragando os ecosistemas e o medio ambiente.
Parabéns para os comuneiros do Monte Penamá e para o concello de Allariz por seguer a dar mostras de que hai alternativas e outros xeitos de facer política e país.
NOVAS NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/08/26/concello-allariz-firma-convenio-cria-bueyes-monte-penama/574555.html
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/08/26/0003_201108O26C8999.htm


xoves, 25 de agosto de 2011

NEGOCIO EÓLICO

NOVAS NA PRENSA
Habrá máis de mil novos aeroxeneradores en Galicia en 2012.
A pesares de que o Ministerio de Industria aprobóu o ano pasado un recorte das subvencions às eólicas do 35% hata 2013 data na  que se prevé eliminalas, cada megavatio producido á hora  retribuiese, como promedio, a 74,07 euros; de esa cantidade, 38,29 euros/MWh corresponden a axudas do Goberno.
http://www.publico.es/dinero/392425/el-negocio-eolico-mueve-millones-de-euros-en-galicia

luns, 22 de agosto de 2011

MOSCAS E CABALOS

No mes de agosto celebranse os curros chamados da mosca na serra da Groba. Onte foi o de Mougás. Moitos menos cabalos e público neste día, fóra de calendario pois tocáballe o domingo anterior,, por problemas no cordón que se rompeu e deixou fora a burras.
Calor, ameaza de tormenta e a chuvia que agardou a que se rematasen as tarefas de desinsectar e vacinar os animais.
https://picasaweb.google.com/lh/view?q=curro+da+mosca+de+Moug%C3%A1s&uname=111991198781554191807&psc=G&filter=1#5643435559765404146
Fotos:
https://picasaweb.google.com/115210387013178755435/210811CurroDaMoscaDeMougas

NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/verdegaia-denuncia-practicas-irregulares-nas-batidas-lobos-na-serra-do-barbanza/idEdicion-2011-08-22/idNoticia-694965/

domingo, 21 de agosto de 2011

CURRO DA MOSCA EN MOUGÁS

Hoxe domingo, 21 de agosto, celébrase o curro da mosca de Mougás, adiado por mor do mal tempo.
Se ao final non chove, hoxe tocaralle desinsectar as burras e marcar algún poldro que naceu tarde.
A seca e a incertidume sobor do futuro do microchip pode que segan a afectar ao número de vendas de animais para o matadoiro. Agardemos que os vellos e resistentes propietarios aguanten rexamente e manteñan as burras no monte para que non se perda a tradición e poidamos ver, en anos futuros, o curro de Mougás cheo de burras e un gran día de festa para todos/as.
Animádevos e acudide ao curro hoxe día 21 de agosto.