sábado, 15 de outubro de 2011

O PAPEL DOS CABALOS NO MONTE


ARTIGO EN TERRA E TEMPO
Hoxe traemos ao nos blog este artigo do amigo Alfredo López, co que concordamos: hai que organizar e regular o gando no monte e os cabalos, que non son gando, tamén. A súa importancia ecolóxica e patrimonial ben merecen a nosa atención.
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=1969&seccion=6

xoves, 13 de outubro de 2011

ÉXITO DA MANIFESTACIÓN CABALAR EN BAIONA


Onte achegouse a Baiona unha boa cantidade de xente para manifestarse en contra da obligatoriedade da Xunta de identificar os Cabalos do Monte cun microchip. Forón moitos os que acudiron cos seus cabalos (segundo os medios entre 300 e 4009) e tamén a pé. O tempo axudou e a marcha pola fronte mariña da vila baionesa  foi un espectáculo inédito e suficientemente expresivo,  que fixo que a xente se interesase pola problematica que existe entre os propietarios dos Cabalos do Monte e a Xunta de Galicia que non quere, e parece ser que tampouco lle interesa, solucionar o  problema.
A MANIFESTACIÓN NA PRENSA
Valminor.info
http://www.valminor.info/novas/baiona/3815-multitudinaria-marcha-en-defensa-do-cabalo-ceibe-e-contra-o-microchip-percorre-baiona
El País
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/250/caballos/manifiestan/microchip/Medio/Rural/elpepuespgal/20111013elpgal_10/Tes
TVG
fhttp://agalegainfo.crtvg.es/videos/images/insertar_on.gif

Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/10/13/marea-equina-microchip-baiona/587852.html
La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/10/13/0003_201110G13P11991.htm
Atlántico
http://www.atlantico.net/noticia/160227/caballo/microchip/serragroba/


mércores, 12 de outubro de 2011

HOXE, MANIFESTACIÓN CABALAR EN BAIONA

Esta mañán estaremos acompañando aos da Asociación de propietarios de Cabalos do Monte da Groba na manifestación que se vai a celebrar dende a praia da Ladeira.
SOS Groba comparte as súas reivindicacións e colabora na busca de unha solución para que os Cabalos Ceibes poidan seguir vivíndo nos nosos montes como estes últimos 4000 anos.
Todos/as os que compartades a nosa causa, si podedes , acudide a Baiona a esta manifestación.
Comunicado que se vai ler ao rematar a manifestación

NON AO MICROCHIP NOS CABALOS DO MONTE
MANIFESTO
A Asociación de Propietarios de Cabalos do Monte da Groba agradece a tódolos presentes e a tódolos asistentes a súa participación nesta Manifestación. Manifestación que pon en evidencia que somos moitos os que estamos dispostos a loitar para que unha tradición milenaria e un animal que leva anos vivíndo ceibe nos nosos montes, prestándonos ao longo dos séculos múltiples servizos, non desapareza. As autoridades competentes que teñen que velar para que esto non suceda, a Xunta de Galicia, agochanse en escusas e falsas directrices legais que o que verdadeiramente persiguen e todo o contrario, pornos atrancos aos que aguantamos rexamente, como dicía o poeta Celso Emilio Ferreiro, mentiras e inxustizas de cotío, e queremos dicirlle, alto e claro, que non imos afloxar nas nosas reivindicacións xustas e e axustadas as leis europeas, e non a directrices baseadas en falsas verdades ou, si queredes, mentiras a medias, para conquerir outros propósitos ocultos que non defenden os verdeiros intereses dos que queremos ver nos nosos montes os cabalos ceibes e seguir levando adiante, como o fixeron os nosos devanceiros, una tradición moi nosa, do pobo e da cultura galega, da que nos sentimos orgullosos e que queremos legar aos nosos fillos e netos, non só como un deber, se non que tamén como una obriga moral de defender o que é de todos e do que non queremos que ninguén se apropie ou deixe morrer , silandeiramente argallando decretos e leis que van contra o sentido común.
. Non queremos o microchip nas burras do monte, e por que non o queremos?:

. Por que as “burras do monte” non son gando, entendido como animales criados para tirarlle rendemento económico.
  • Por que as “burras do monte” nacen e viven ceibes, como animais salvaxes, e non se manipulan cando e como un quere, só nos Curros e con un grande esforzo e traballo de moita xente.
  • Por que as “burras do monte” xa teñan un marco identificativo, historicamente usado, que permite saber quen é o seu propietario, están rexistradas no libro das asociacións e teñen os seguros aos que obriga a lei.
  • Por que “as burras do monte” son un Patrimonio Cultural e Natural do noso país, que necesita protección para que persista e non se perda en pouco tempo. Están nos nosos montes dende hai miles de anos, como testemuñan os petróglifos, e forman parte da nosa cultura etnográfica dun xeito singular en toda Europa.
  • Por que cumpren unha función ecolóxica moi importante para os nosos montes, como desbrozadores naturais e como animal salvaxe en perigo de extinción.
  • Por que o seu valor de mercado e moi inferior ao seu valor social e, polo tanto, necesitan de medidas de protección e apoio para a súa pervivencia, nun medio suxeito a moitas presións e cambios que as levan a unha disminución paulatina moi perigosa.
  • Por que ou se crea unha figura de especial protección xa ou desaparecen en poucos anos, co que eso suporía para o patrimonio cultural galego e europeo, que espera que algún día sexa considerado pola UNESCO Patrimonio Universal.
  • Por que nadie se opón a que se controle e regule, axeitadamente, a vida das “burras do monte” se non que se propón que se xeneralice o control mediante as Organizacións de propietarios por zonas, con un regulamento no que consten o libro de propietarios, os exemplares, os marcos e os seguros obrigatorios, segundo se está a facer xa na Serra da Groba.
  • Por que a Xunta debería propor a súa inclusión como Patrimonio Galego Inmaterial e animal salvaxe en perigo de extinción, e solicitar de Europa a súa inclusión no catálogo de especies protexidas e de especial regulamento polo seu interese patrimonial e natural.
  • Por que o microchip non vai evitar os accidentes, que son eso, accidentes e imprevisibles, se non que son as Asociacións de Propietarios xunto coas Comunidades de Montes e os Concellos, coordenados polas Consellarías de Cultura, Medio Ambiente Medio Rural, os que teñen que facer uns Plans de Ordenación do Monte nos que habitan as nosas burras para localizar e neutralizar posibles puntos negros e de conflicto, suxerindo e promovendo medidas correctoras en colaboración conxunta.
  • Por que a U.E. non obriga a pór o microchip aos cabalos salvaxes e si a protexelos, xunto co patrimonio que supoñen as súas festas tradicionais dos Curros e Rapas

Por todo o dito demandamos da Xunta de Galicia que axude a pervivencia dos cabalos do monte derrogando a norma que obriga a colocación do microchip e axudando aos propietarios e asociacións creando un Rexistro de Asociacións de Propietarios de Cabalos Ceibes do monte galego, e un Regulamento que acolla os usos tradicionais e as marcas e as axudas para que non se extinga.

CABALOS CEIBES SI, MICROCHIP NON