xoves, 5 de xaneiro de 2012

MORREU ISAAC DÍAZ PARDO


Hoxe estamos de loito pola morte de Isaac Díaz Pardo. Deixa o mundo dos vivos o corpo fráxil de Isaac, pero non a súa memoria e o seu labor a prol de Galicia.
Homes como el quedan poucos. Terémolo sempre na memoria,  e moi presente como exemplo de loitador que non se deixou doblar aínda nos peores intres da súa vida.
As palabras de Bertol Brecht, acáenlle moi ben a Isaac:

Hai homes que loitan un día e son bos.
Hai outros que loitan un ano e son mellores.
Hai quenes loitan moitos anos, e son moi bos.
Pero hai os que loitan toda a vida,
 eses son os imprescindibles
" ¡En Galicia ni siquiera el viento es nuestro!"


"Nunca perdí el espíritu de lucha. Contra las dificultades hay que luchar, hay que aguantarlas, aunque te tengas que callar... La lucha por la memoria histórica forma parte de esa actitud. Tenemos enemigos por todos lados, y entre ellos los más terribles son los del lado negro de la reacción".
Entrevista que lle fixeron no xornal El País en novembro de 2006
http://www.elpais.com/articulo/cultura/Galicia/siquiera/viento/25/2006/elpepucul/20061125elpepicul_2/Tes


                                                                Descansa en paz irmán.

martes, 3 de xaneiro de 2012

DENUNCIA NA UE:! EXCEPCIÓN XA¡

NOVAS NA PRENSA
Nona ao microchip, si a regulación, si ás marcas tradicionais, si aos seguros.
Un novo regulamento con normas claras e que realmente sirvan para axudar a resolver os problemas , e non para agrandalos máis.
http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/01/03/ganaderos-groba-denuncian-xunta-ue-ilegalidad-microchip/610979.html

luns, 2 de xaneiro de 2012

AMEAZA VIVA









Seguen aparecendo reaccións na prensa sobre a publicación da DIA do parque eólico Albariño I da Serra da Groba.
Na nova que Alberto Leyenda publica no xornal el país de hoxe, podemos ver algunhas das contradicións dos conselleiros e dos proxectos tanto da Rede Natura como do Decreto Eólico. Ao remate, non hai protección efectiva da natureza nen do patrimonio galegos. O que si se observa é unha grande especulación e moitas mentiras contadas con sutileza para que non parezan tales.
Despois de tentar ubicar os puntos das coordenadas dos muíños que aparecen na DIA do Albariño I, vemos que hai erros e, o que si se detecta, é un grande impacto sobre zonas da Serra da Groba moi sensibles e posibles afeccións directas a puntos de interese arqueolóxico.
Falaremos desto e de todo o proxecto mañán martes, día 3 de xaneiro, na xuntanza prevista para as 20 h. no local do IEM en Gondomar, na avenida da Feira nº 10, Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Hai moito que andar e que loitar aínda. Non o van a ter tan fácil como pensan algúns. Na Serra da Groba hai valores moito máis importantes que valen máis que  todo o diñeiro que poidan producir os parques eólicos. E, tamén, moita xente a que nos importan eses valores,  e que imos a defendelos ata o final.
Resistiremos e loitaremos, con argumentos e coas leis e, o que é máis importante, coa forza da unión da xente que está farta de tanta mentira e tanto roubo do público e do común.
Hai cousas que non se pagan con diñeiro e que temos a obriga de defender,  polo ben dos nosos  herdeiros, e dos nosos devanceiros. A terra,  e o que nela hai,  temos que coidala para deixala en boas condicións para as xeracións futuras. Unha xeración soa, como a nosa, non pode estragar tanto en tan pouco tempo, xustificando o inxustificable nun mal chamado benestar e avance tecnolóxico  demoledor .
NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nueva/Red/Natura/abre/huecos/parques/eolicos/proyectados/hace/anos/elpepuespgal/20120102elpgal_5/Tes