Amosando publicacións coa etiqueta ANFIBIOS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANFIBIOS b>. Amosar todas as publicacións
luns, 29 de xuño de 2015
AS PEQUENAS CRIATURAS DA GROBA E DAS NOSAS PRAIAS
Agora que comeza o verán e a natureza está no seu maximo explendor, aproveitamos para tentar fotografar eses pequenos seres que forman paarte da diversidade da Groba e a súa contorna. Insectos anfibios peixes, pequenos mamíferos, aves .. que moitas veces non é doado ver , e moito menos fotografar sen equipos especiais e moitas horas de paciencia e observación.
Todos estes seres son como os elos dunha cadea que sostén o equilibrio da vida na nosa terra. As veces por ignorancia, outras por costumes que veñen de lonxe, herdadas de xeitos de vivir xa recuados, e que hoxe non teñen encaixe nos novos xeitos de vida nen no propio sistema natural, tan deturpado e modificado polo uso e abuso que del se fixo, nomeadamente nos ultimos cincuenta anos as veces, decíamos, matámolos ou apartámolos con noxo, sen saber verdadeiramente cal e o seu rol na natureza e o por qué da súa presenza o noso redor no monte ou a praia, onde teñen o seu nicho biolóxico que nós invadimos, modificamos e destruímos.
Agora que adoitamos gozar da natureza, de facer paseos e xeiras polo monte e a praia, de ir de merenda ou campismo, lembremos que os que están fóra de lugar somos nós, nos os bichos e animais que podemos atopar. Por iso, recomendamos prudencia e respecto, e non meternos a xogar cos animais sexan ou non perigosos e, sobor de todo lembrar que a natureza, sexa no monte ou na praia, non é o salón da nosa casa.
Para rematar este apuntamento de verán, lembrar unhas novas recollidas na prensa nas que os turístas e algún politico se queixan de que na praia hai algas, pulgas e suciedade, e outra na que a universidade de Vigo vai a reproducir pulgas na praia para recuperalas, pois nos últimos anos desapareceron. Por que será?
https://eunigran.files.wordpress.com/2014/02/2010-06-30.pdf ( leer a páxina 19)
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2015/05/21/20000-pulgas-mar-baiona/0003_201505V21C10991.htm
martes, 31 de marzo de 2015
UNHA RÁ MORTA
Onte luns día 30 de marzo, atopamos en Peitieiros, Gondomar, esta rá. Non sabemos se está afectada polo ranavirus ou ten outra enfermidade ou accidente que lle poidera producir este aspecto. O exemplar estaba morto nunha canle que ven dunha presa perto do Curro Vello.
Esperemos que non se trate do temido ranavirus que está a producir a morte dos nosos anfibios. Comunicaremosllo a Cesar Aires para que nos poida informar máis en detalle.
Esperemos que non se trate do temido ranavirus que está a producir a morte dos nosos anfibios. Comunicaremosllo a Cesar Aires para que nos poida informar máis en detalle.
martes, 24 de febreiro de 2015
ANFIBIOS EN PERIGO
Píntiga común na Groba.
Falaremos dos seus problemas e doutros, nas xornadas sobre INVASORAS que terán lugar o xoves 26 de febreiro e o 5 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, no local do IEM en Gondomar , ás 20.30 h.
mércores, 22 de agosto de 2012
A RIQUEZA BIOLÓXICA DA GROBA
Unha nova especie importante que habita na Groba, e que constata o grande valor biolóxico que atesoura e que non se ve nin se valora o suficiente polas autoridades.
Unha vez máis o compañeiro Afonso, nas súas pescudas incesantes, nos trae este importante achádego.
xoves, 10 de maio de 2012
ESPECIES SINGULARES QUE HABITAN NA GROBA EN PERIGO
SAPO DE ESPORÓNS NA POZA DA GABIÑEIRA
O anfibio máis ameazado da fauna galega está presente na serra da Groba. Trátase do sapo de esporóns (Pelobates cultripes).O pasado 26 de abril, pola noite, unha femia desta especie apareceu na beira dunha poza temporal, chea de auga por fin grazas ás chuvias dos últimos días. Sinto que a calidade da foto sexa tan mala, pero non tiña comigo a cámara e tuven de tirala co móbil.
O sapo de esporóns experimentou nos últimos anos un preocupante declive en toda Galiza, o que levou á Xunta a incluilo no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de "vulnerabel". Porén, o retroceso da especie está a ser tan acusado que o herpetólogo que realizou a asistencia técnica para a elaboración do plan de conservación desta especie por encargo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza recomenda que o sapo de esporóns pase á categoría de "en perigo de extinción". De ser relativamente frecuente en boa parte do litoral sur galego e en muitas zonas do interior (en Ourense sobre todo), os últimos censos dano como extinguido na provincia de Pontevedra, a excepción da área O Grove/A Lanzada.
A charca onde posibelmente se estea a reproducir esta especie está directamente ameazada polos accesos a varios aeroxeradores doParque Eólico Albariño I, que discorrerían a menos de 100m da mesma e afectarían posibelmente á alimentación da charca. Esta especie é mui vulnerabel ademais aos atropelos, que aumentarían ao favorecer a apertura destas vías o acceso de todo tipo de veículos á área de reprodución do sapo. A irrupción de maquinaria pesada no hábitat da especie podería provocar ademais a morte directa de exemplares enterrados.
Outro argumento máis contra o parque eólico. Con este xa son dous os anfibios incluídos no Catálogo Galego de Especies Ameazadas que se reproducen nas pozas temporais directamente ameazadas polo proxecto. Nos próximos días vou comunicar o achádego á gardería de Medio Ambiente, é bo que teñan constancia destas cousas (quizais nun futuro nos poida axudar).
RÁ DE SAN ANTÓN NA POZA DA GABIÑEIRA
Logo dun longo e desesperante período de seca, as chuvias do mes de abril e comezos de maio déronlle unha última oportunidade a diversas especies de anfibios, que nestes días están a reproducirse na serra da Groba. Na mesma charca onde apareceu o sapo de esporóns está a criar a rela ou rá de Santo Antón (Hyla arborea), a única ra arborícola da nosa fauna.
Esta especie está considerada tamén como "vulnerábel" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, pois se encontra en declive en boa parte de Galiza, necesitando para a súa conservación de áreas amplas de boa calidade ambiental e con hábitats de cría apropiados.
A Declaración de Impacto Ambiental do Parque eólico Albariño I non contempla a presenza desta especie protexida na área afectada. Outro argumento máis contra o proxecto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








