sábado, 3 de abril de 2010

SOS DO CABALO CEIBE GALEGO

No DOG do 30 de marzo sae a Orde do 29 de marzo de 2010 pola que se establecen medidas en relación co sistema de identificación dos équidos na Comunidade Autónoma de Galicia. http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/47722d0a92b97991c125725f0047d139/505f3206ada0b88ac12576f50059bc9f?OpenDocument Segundo poidemos escoitar na Radio Galega ao Director Xeral de Gandeiría, pretenden pór orde no mundo do cabalo para evitar os problemas que se están a dar nos nosos montes cos cabalo que andan ceibos e producen accidentes e desperfectos en cultivos e/ou terreos privados, así como regular o comercio dos cabalos de abasto dos produtores que os crían en cortes e picadeiros. Como sempre, vemos como as autoridades que debían ir por diante poñendo a súa autoridade para resolver problemas e dar solucións, o único que fan e burocratizar todo e poñer pexas ás nosas xentes que padecen e sofren as calamidades que lles manda a natureza e a súa loita co día a día nas tarefas do campo e o monte. Os nosos Cabalos Ceibes están en perigo de extinción por moitas razóns e, en vez de axudar dende a administración a reparar un mal que nos está aí agardando, o que fan e escribir no DOG ordes imposibles de cumprir e que suman máis dificultades para que o problema real se solucione. Por qué están en perigo os Cabalos Ceibes Galegos? Algunhas das razóns son: 1. A destrución e acoutamento cada vez maior dos seus hábitats. 2 A perda de valor económico e de funcionalidade e/ou utilidade domestica polo troco nos usos e costumes da nosa sociedade rural.3 As trabas e custes do seu mantemento polas imposicións irrracionais da administración. 4. A perda do valor patrimonial etnográfico e cultural ao tentar igualalo a un animal domestico común. 5 O envellecemento da poboación rural e a falla de xeracións novas que estén dispostas a manter as tradicións e costumes dos nosos pobos. 6 A influencia de outras costumes alleas e a modernización e adaptación das tradicións segundo patróns novos. 7 A descoordinación e falla de plans racionais por e para os usuarios do monte galego. ( Comunidades de Montes, Gandeiros, Propietarios de Cabalos Ceibes, Madeireiros, Concellos, etc.) Os CCG son animais salvaxes de propiedade privada, que cumpren unha función ecolóxica imprescindible hoxe nos nosos montes, e que teñen ademais o valor engadido de ser un valor patrimonial de Galiza que non se pode perder, por ter milleiros de anos e por darlle aos nosos montes unha específicidade singular cargada de interese cultural e histórico. As festas dos Curros, as rapas das Bestas, a propia imaxe dos cabalos entre o mato perante todo o ano, xa neve faga frío ou faga sol, mantendo vivos os ecosistemas ligados aos nosos montes máis senlleiros, facendo de desbrozadores ecolóxicos e de mantedores de espazos, até hai moi pouco, case virxes.A propia singularidade de ser salvaxes e de ter propietario, de ser manipulados exclusivamente só dúas veces ao ano nas festas dos curros e de criarse ceibos como calquer outro animal salvaxe que depende exclusivamente da súa adaptación ao medio e da capacidade que teña de supervivencia, noutro país sería unha especie en perigo de extinción protexida e cun regulamento de coidado e mantenmento similar ao que existe para outras especies con tanto, igual ou menor valor ecolóxico como poden ser a Pita do Monte, o Lince Ibérico, O Oso, a Perdiz Bermella, A Lebre Galega e o Lobo Ibérico. Os nosos cabalos van desaparecer e as nosas autoridades con poder na materia o único que fan e obrigar a que lle poñan un micro chip ou un crotal como si estiveramos a falar de vacas, ovellas ou cabras. Que propietario de CCG vai a cumprir a nova lei e identificar con Micro Chip ás súas burras do monte si o proceso de identificación e o propio Micro Chip lle custa máis que o animal e lle obriga a andar a percura delas no monte para xuntalas e metelas nunha manga para realizaar a operación como si fosen vacas?. Quén vai querer ter un animal no monte que ao cabo do ano che custa máis do que pode valer, no caso de que houberá alguén que cho mercara? Que beneficio ou gratificación pode sacar un propietario dun CCG por manter viva unha tradición e un patrimonio que é do común do pobo galego a partires de agora? Cántos van a estar dispostos a perder días de traballo, cartos e arriscar tempo e saúde por manter algo que é penado con multas, burocracia e inconvintes para conquerir só disgustos, enfados cos veciños e ameazas da administración? Temos que reflexionar e botarlle unha man ao CCG e aos seus propoietarios. Merécena e e debémoslla.

venres, 2 de abril de 2010

EIS O CALVARIO DA NOSA SEMANA SANTA

Algo, moi pouco a pesares da grande importancia que ten, sae hoxe na prensa galega sobor do reparto da tarta eólica. Como queda claro, a data elexida para publicitar o decreto foi ben escollida. Mentres a xente anda de "procesións" o goberno galego vai metendo a grande aldraxe silandeiramente. O vento zoa e o pobo cala, descoñece e ignora. Tres verbos distintos que hai que conxugar con tino, pois agochan matices nos que están as claves do soño do fogar de Breogán.(dixen soño e non sono, ¡ollo o matiz!) NOVAS NA PRENSA HOXE http://www.farodevigo.es/galicia/2010/04/02/criterios-economicos-concurso-eolico-impulsan-planes-grandes-electricas/425578.html http://www.farodevigo.es/galicia/2010/04/02/proyectos-industriales-tengan-quotespecial-transcendenciaquot-podran-recibir-350mw/425668.html http://www.farodevigo.es/galicia/2010/04/02/capacidades-solicitantes-concurso/425667.html http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/04/01/0003_8391806.htm http://www.vieiros.com/nova/78961/porta-aberta-aos-privilexios-para-as-empresas-dos-amigos-de-feijoo http://www.anosaterra.org/nova/43724/a-xunta-publica-un-novo-concurso-eolico-.html

xoves, 1 de abril de 2010

!O QUE NOS VEN EN RIBA ¡

NOVO DECRETO EÓLICO O Decreto no DOG http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/IndiceSumario/D9AE?OpenDocument O PLANO DA DESFEITA EN VIEIROS http://www.vieiros.com/media/91-d-planoeolico.pdf Xa chegou o novo decreto eólico. O país vai rebordar de parques eólicos por todas partes, sen respectar a nada nin a ninguén. O que mandad e o diñeiro e as mentiras. Xa teñen "licenza para matar" o que queda de país verde, de natureza viva. Agora (fíxadevos no mapa) non vai quedar un só monte, serra ou cume sen seu tarabelo de decoración, nin nengunha ladeira sen isas raias tan fermosas que fenden a paisaxe como si estiveramos a ver, en troques dun cabezo dunha serra, as rastas da cabeza dun rastafari. ¡Xa chegou! e nós, todos, tomando café, de feiras e queixándonos da chuvia que estraga o lecer dos que queren viaxar as praias. !Malpocado país que non desperta do seu soño¡ ¡Resistencia!, compañeiros. Hai que resistir e non pasar unha. Non queda outra