AVES MORTAS NA PRAIA DA MADORRA EN PANXÓN
Esta semana foi unha má semana para as aves mariñas. Non paran de chegar aos nosos areais en grandes cantidades. Son moitas as novas que apareceron esta semana nos xornais e na rede, sobre a aparición destas aves nos areais, principalmente a do arao papagaio ou loro, Fratercula arctica, tamén os araos dos cons Uria aalge e outra especies, como os mascaatos e os corvos mariños.
O sábado pasado atopamos dous araos dos cons e un corvo mariño, Phalacrocorax aristotelis , e hoxe, pasada unha semana fixemos esta desgraciada recolleita, 9 araos loro, mun arao dos cons e outro que non identificamos, o que está a esquerda do arao dos cons, de maior tamaño e semellante figura.
E o mar segue, rouco, a mandar area contra a costa ( a praia da Madorra está subindo de cota con respecto a estrada ) e criaturas que non aguantan tanto mal tempo seguido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario