PRECISAMOS AXUDA
O
venres 6 de xullo de 2012 publicabase no DOG o que se deu en chamar Decreto Equino. Decreo
142/2012, de 14 de xuño.
Este
decreto veu a supor para os garranos, as chamadas burras do monte na nosa
contorna, un golpe moi duro, que veu
provocando dende antes da súa publicación oficial, e perante todo o proceso da
súa tramitación, unha perda de
exemplares nos nosos montes, que foron vendidos para mercados exteriores ao noso país, ou sacrificados. Parella a esta baixa do
número de exemplares nos nosos montes deuse unha baixa aínda máis preocupante e de
dificil recuperación, no número de
propietarios que posuían algún exemplar
e, perante xeracións mantiveron viva a tradición de acurrar as bestas e
vixialas nos nosos montes e serras. Na Serra da Groba foi demolededor o efecto
deste Decreto Equino, provocando que en moitas parroquias onde tradicionalmente
se chegou a ter censados alomenos un exemplar por familia ou casa aberta, agora
non haxa nengún. Como medida defensiva, e por parte dalgunhas famiias e veciños,
fixeronse intentos de mercar exemplares para que non se seguise producindo esa
baixada tan grande nalgunhas zonas, quedando os marcos familiares e os
exemplares máis novos e fertiles en mans
de propietarios que xa teñen outros marcos e exemplares distribuídos en
distintos curro e zonas. Sendo este un remedio aparente( consiguese frear a
perda masiva de exemplares reprodutivos)
non o é na realidade a poucos anos vista, nen tendo en conta outros factores que son
vitais para o mantemento da supervivencia da tradición dos curros e a presenza
dos garranos dun xeito equilibrado e controlado na Groba. É facil de entender
si pomos un exemplo e logo aclaramos algunhas cuestións. Imaxinade que unha persoa
a que lle gustan os cabalos e é
aficionado ao mundo equino con moitos
posibles decide mercar burras na Groba e deixalas ceibas ( poñamos por caso un
emir de Katar ou un veciño da Coruña que se chame Amancio ou se apelide Ortega)
. Podería mercalas todas por moi pouco
diñeiro, e non lle suporía un grande
esforzo económico dado o valor material, prezo de mercado, que teñen. O
problema viría non polo número de exemplares que habería no monte, se non polo
numero de propietarios que son os que se encargan de vixiar, controlar e xuntar
as burras para facer os curros e para que non baixen as terras cutivadas,
estradas e lugares non axeitados. Chegaría a primavera, (aínda no suposto de que
estes mecenas pagasen a alguén para que
fixese de” garda das burras” perante o ano para que non baixasen aos campos) e non habería xente para facer o cordón e levar as burras aos curros; non habería
xente para sacalas do curro e marcalas ou rapalas. Aínda prescindindo de
rapalas e desparasitalas, non habería xente abondo para seguir facendo os curros.
A perda
é grande e a posible recuperación dificil. Mais non imposible. Fai falla un
novo Decreto que teña en conta a singularidade das nosas burras e a riqueza que
supón a nivel cultural, etnográfico e natural a súa existencia e persistencia
nas nosas serras. Un Decreto que valore a un animal singular ( Equus ferus atlánticus) que moi
probablemente sexa unha especie non catalogada de un equus ancestral que logrou
subsistir nas nosas serras aparentando o que non é, un cabalo, usado e tratado
como tal, e aproveitado dende tempos ben recuados para tirarlle partido cando o
mundo non sabía de motores, tractores , estradas e autopistas. Dende os romanos que
conquistaron as terras da Gallaecia ata
os curas, tratantes, médicos e mestres
que ían de parroquia en parroquia a lombo das nosas burras a predicar, ensinar,
curar ou facer negocios. Ou aqueles que os puxeron tirando dos carros e os arados alí onde non
chegaban os bois, por non ter cartos ou facenda para mantelos.
Si se
pode correxir o devalo das burras do monte da Groba. Si se pode ordear axeitadamente
o seu ciclo vital para que poidan seguir aí, como ata o de agora, sen producir
danos nen perxuizos, coidando e prestando atención aos incidentes que se poidan
dar, cun regulamento que poña en valor este patrimonio único que temos en
Galicia, coas súas singularidades . Os problemas teñen solución cando se
encaran de fronte e con diálogo, e con gañas de resolvelos. Partindo da idea de
que é un valor a potenciar e non un atranco que hai que eliminar, como parece
que asemella se entende na redacción dun decreto imposibe de cumprir polos propietarios
das burras do monte ou garranos da Groba ou o Galiñeiro.
Varias
asociacións apoiamos un Recurso Contencioso
Administrativo que se puxo contra o decreto Equino. Este recurso foi desestimado pola Sección 002
da Sala do Contencioso Administrativo do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
con data 16 de abril de 2015.
Con
data 24 de abril de 2015, presentouse escrito pedindo complemento de setencia.
Agora
presentouse ante o Tribunal Supremo do reino de España outro recurso de
casación para o que se percisa o seguinte orzamento:
PRESUPOSTO RECURSO DE CASACIÓN
A) Honorarios Letrado:
- N. 76:
Preparación Rec. Casación: 300'00€
- N. 77-a)
Interposición: 2.325'00€
B) Dtos. Procurador:
- Preparación Rec.
Casación: 66,80€
- Interposición
Rec. Casación: 267,20€
C) Tasas Xudiciais:
- Importe Fixo:
1.200'00€
- Importe
Variable: 90'00€
4.249'00€
Ive (21%) s/ A) y
B) (2.959€): 621'39€
Total: 4.870'39€
Ante
esta situación e a escasa capacidade económica dos que apoiamos o recurso, e
polo que facemos un chamamento dende SOS GROBA, para que todos/as os que queirades apoiarnos nesta loita na defensa dos garranos da
Groba, o fagades aportando a cantidade que estimedes, nunha conta que se creará e que comunicaremos neste
blogue e no facebook de SOS GROBA cando
a coñezamos.
As
aportacións serán adicadas
esclusivamente a este fin e serán publicadas por SOS GROBA, sempre que o
doante asi o queira e/ou o permita,
nunha relación detallada. Os doantes poden figurar na lista só co nome, ou co
nome e a cantidade aportada, ou mantendo
o anonimato si a sí se prefire.
Chegados
a cantidade necesaria, farase unha
nota publica e pecharase a conta. SOS
GROBA vai aportar dos seus cativos fondos unha cantidade que se vai determinar
polos membros da asociación. A si mesmo individualmente faremos cada quen as
achegas que poidamos e que como calquera publicaremos individualmente.
Mentres
non se crea a conta, podedes dirixirvos
por correo a SOS GROBA grobaviva@gmail.com
para indicar a vosa vontade de aportación, para ir facendo as previsións
que temos que facer chegar aos compañeiros da Asociación Monte Acibal ,
Asociación Lobo, Propietarios de
Garranos do Monte da Groba e Curro de Sabucedo e persoas individuais que ata agora apoiaron o recurso.
Este recurso supón seguir tentando negociar
coa Xunta e con quen faga falla, para que se recoñeza que os garranos non son
gando, nen animais domésticos, e que teñen que ser tratados dun xeito singular
cun regulamento específico que faga posible a súa convivencia nos nosos montes
cos usos tradicionais do monte e os dereitos das xentes que os posuen e aproveitan dende
sempre, e a pervivencia dos curros como ben patrimonial de interese cultural e
etnográfico.
Grazas
a todas/os polo voso apoio, sexa cal for.
Ningún comentario:
Publicar un comentario