Estes días temos moitas actividades relacionadas cos garranos na Groba en particular e en Galicia en Xeral. A nosa amiga a Dr. Laura Lagos, xunto con Victro Ros, organizan o fsw galician ponis https://wildequus.org/classes-courses-.../fsw-galician-ponies/, no que van a estar na Serra do Cando estudando dende o día 4 ao 10 deste mes de xuño as bestas do monte, os garranos. Tamén se achegaran á Groba para ver os gravados nos que aparecen équidos, e os propios garranos que o domingo 5 de xuño se van a xuntar no Curro de Torroña. Si non hai mal tempo, entrarán arredor de seiscentos animais no curro máis numeroso da Groba.
Tamén este venres, convidados pola Asociacion A Jalleira, participaremos ás 20 h. nas xornadas O monte e nós, falando dos garranos da Groba, despois de ver o documental Ceibes no monte, que presentará Santi Veloso.
Moitas actividades arredor dos garranos que esperamos sexan do interese do público, e que sirvan para pór en valor este patrimonio único que temos a fortuna de posuir os galegos, e que en moitos casos é un patrimonio descoñecido ou desvalorado.
Son os extranxeiros que nos visitan, e que participan nestes actos, os que máis valoran e admiran este patrimonio senlleiro, e non acaban de entender que dende as institucións públicas non se faga máis por conservar e divulgar os garranos, burras do monte ou "cabalos salvaxes".
Botamos en falla o interese do mundo científico local, agás contadas escepcións, para estudar e aclarar as dúbidas que hai sobre as orixes dos garranos, a súa xenética, morfoloxía e a súa etoloxía singular que os afasta dos cabalos e os achega a unha nova especie de equs, que o zoólogo Felipe Bárcena ven denominando Equs ferus atlánticus.
Grazas aos amigos e amigas que se lembran das nosas burras e poñen tanto interese en que se coñezan. Cada pequeno gran de area vai facendo o seu labor e todos son necesarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario