AS VACAS NOS MONTES DE
BAÍÑA E A SUSTENTABILIDADE
Apareceu
estes días na prensa e nas redes sociais a queixa dunha gandeira que
di que ten que sacrificar as súas vacas por que a Comunidade de
montes de Baíña non lle dá permiso para telas no seu monte.
Seica
andan en litixio dende hai tempo e o que parece un paradoxo non se
explica moi ben ou coa clareza que merece. Cada quen defende os seus
intereses e fala da feira segundo lle convén.
Non
somos nós quen para mediar nin para meternos onde non nos chaman,
mais si consideramos que podemos dar unha opinión baseada en feitos
contrastados ao longo dos últimos anos.
Vaia
por diante que nós defendemos o uso multifuncional do monte, e que
nos parece que as vacas, fan e poden facer que o monte sexa máis
rendible, fixen poboación no rural e axuden a manter os nosos montes
libres de lumes e de eucaliptos. Mais todo isto ten que estar ordeado
e buscando un equilibrio que manteña os outros usos e a convivencia
de especies de flora e fauna, nun balance ecolóxico positivo.
Neste
caso, polo que sabemos, hai un abuso por parte da gandeira, ao
considerar o monte coma seu, e ter unha explotación de vacas en
extensivo en terreos da comunidade de montes sen o permiso da mesma e
, segundo a nosa opinión, non cumprindo cos criterios de
sustentabilidade, ao ser un número moi elevado de vacas nun espazo
que non está preparado para mantelas. Que nós saibamos, a gandeira
non posee as hectáreas de terra que se esixen para ter esas vacas, e
non pode dicir que todo o monte e dela , aínda que fose comuneira, (
que non o é) sería unha máis, e por esa regra de tres cada veciño
comuneiro poderia pedir o mesmo e converter todo o monte de Baíña
e os das parroquias lindantes ( as vacas non coñecen fronteiras nen
están pechadas nun cerdado ou valado que só sexa de Baíña) nun
ermo sobreexplotado. De feito só hai que ir polo monte e ver como
está ese gando e onde está en cada época do ano. Consideramos que
se está sobreexplotando o monte ao non haber pasteiros suficientes
nesa zona para tanto gando ( non só hai gando desta persoa, hai
máis gandeiros e maís vacas).
Gustarianos
que na prensa saísen novas sobre proxectos con futuro e de
convivencia pacífica entre comuneiros, gandeiros e a xente que vive
e ama o monte. Que unha persoa xove viva das vacas e queira vivir no
monte, sería unha boa nova e debería ser apoiada por todos. Mais
non por ser nova e muller, querer vivir no monte e ter vacas lle dá
dereito a facer o que queira nun monte que non é seu, e aínda que
o fora tampouco.
Gustaríanos
que os problemas se arranxaran falando , sen necesidade de ir á
xustiza e que prevalecese a racionalidade e o entendemento, que se
buscasen solucions boas para todos e que todo o mundo entendese que
non se pode abusar da natureza.
Outra
historia sería onde está esa casa e cando e como se fixo, os
permisos que tiña ou ten e cando e como lle foron dados, a
ubicación, as dimensións e os usos do solo, os verquidos, as augas
residuais, e as augas que baixan para o encoro de Baíña, sen
entrar nós en outros temas que a Comunidade de Montes denuncia e que
nos parece lexítimo que o faga se así o considera.
Reiteramos,
é unha mágoa que o monte siga a ser motivo de polémica e non se
acaden acordos que axuden a un desenrolo sostible, mais non todo cabe
argumentando só o que a un lle convén sen ver máis alá que uns
intereses particulares que nós consideramos non lexítimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario