mércores, 21 de xuño de 2017

O CURRO DE MORGADÁNS

O CURRO DE MORGADÁNS

Este pasado  domingo celebrouse o curro de Morgadáns. Foi unha xornada de moito calor e na que poidemos ver como este curro vai a menos. Conseguiron meter no curro 51 exemplares adultos e 17 crías.
Este curro ten unha grande complexidade para xuntar as burras. O monte está cada día en piores condicións,  e o eucalipto vai limitando as áreas nas que as burras poden alimentarse.
Botamos en falla xente da de toda a vida. É moi importante un número de xente suficinte para facer o cordón e xuntar tódolos animais que están no monte. Despois da parada non é tarefa doada traer as burras ata o curro, é moi fácil que se escapen e que o traballo de todo o día se vexa perdido.
É necesario tentar recuperar a xente que sempre tivo burras no monte, e animar aos novos a que aprendan dos vellos para non perder a tradición.
Botamos en falla unha pía con auga, no propio curro,  para que poidan beber as burras que teñen que estar dende a mañán ata a tarde soportando altas temperaturas.
Agardamos que as condicións do monte e o ánimo da xente mellore para que o próximo ano se poida facer un curro mellor . O curro de Morgadáns sempre foi un día de festa,  que xuntaba a moita xente, e agardamos que non se perda.












Ningún comentario:

Publicar un comentario